Se a semana pasado vos recomendabamos un álbum de pyschodelia bastante accesible, melódica e moi pop (ver Axxa/Abraxas), esta toca un pouco máis de brasa non? Pois ahí vai outro álbum recén saído que nos acaba de chegar.
A novidade é dos Pontiak, unha banda de Washington DC, agora afincados en Virginia formada por tres irmáns (os Carney) etiquetados xenéricamente nesta onda de neo-psych, pero con moitos pasaxes de hardcore e sobre todo stoner, e outros moito máis pausados case ambient, aínda que sempre din que os seus referentes son MC5 e The Stooges, ó que eu vos aputnaría tamén ós Slint. Acaban de publicar este "Innocence" que xa é o seu séptimo LP de estudio, ademáis de un puñado de EPs. Coma en anteriores entregas, para o meu gusto, deberían secuancialo todo de outro xeito, pero teñen temazos moito máis centrados que nos álbumes anteriores... recomendado!
PONTIAK "Innocence"
(Thill Jockey Records, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario