E depois de varias novidades discográficas xa ía tocando recomendar un clasicazo, que xa hai tempo que non o facemos.
A Curtis Knight seguro que o coñecedes de ler reseñas de Jimi Hendrix, foi o primeiro que lle deu unha oportunidade ó incorporalo á súa banda The Squires en 1964, e ademáis é autor da unha das primeiras biografías importantes de Hendrix, e despois xa en Europa tamén foi un dos mentores dos primeiros Motörhead... e aquí xa vos pica a curiosidade, pero seguro que nunca vos molestáchedes en rebuscar entre a discografía de Curtis Knight. Un precursor do son característico do seu pupilo con esa mestura de blues, soul, e rhyth'n'blues e que logo se retroalimentou coa psychodelia da Jimi Hendreix Experience.
De tódo-los seus álbumes recoméndovos comezar por este "Down in the Village" de 1970. Outro xenio con maiúsculas que deberiades ter na vosa colección.
CURTIS KNIGHT "Down in the Village"
(Paramount Recs., 1970)
No hay comentarios:
Publicar un comentario