E logo de dúas recomendacións actuais, para o clásico da semana escollemos un álbum para ir introducindo a sesión de mañán das Black Grooves.
Neste blog temos falado moito de Curtis Mayfield e en todos estes anos xa vos recomendamos algúns dos seus imprescindibles coma "Curtis", "Roots" ou "Superfly", pero nunca vos recomendamos nada da súa banda anterior The Impressions. Formánronse en 1957, e no 58 xa lanzaron o seu primeiro single editado coma Jerry Butler & The Impressions 'For your precious love', aínda orientados cara o gospel, pero co comezo da década dos 60s incorporan as orquestacións puramente soul, lanzaron o seu primeiro LP en 1963 e ano tras ano foron convertíndose nuns dos maiores expoñentes do Chicago Soul, ó ritmo que Curtis Mayfield destaca como principal compositor da banda, productor e demáis, incorporando nas súas letras o orgullo da raza negra e moitas das súas señas de identidade posteriores, ata o seu abandono da mesma en 1970 para lanzar a súa carreira en solitario. A banda continuou pero o seu éxito sen Mayfield decaeu rápidamente.
Con Curtis Mayfield nas súas filas gravaron once álbumes entre o 63 e o 69, e precisamente ese último é o que vos recomendamos hoxe "The Young Mods' Forgotten Story" producido por Curtis Mayfield e o segundo lanzado co seu propio selo (Curtom Records), e no que a súa figura é omnipresente, dende as letras, música, rítmica e unha timida transición cara o funktan persoal que logo desenrolaría en solitario. Sen dúbida o seu álbum máis famoso da man de 'Choice of Color' e da fantástica 'Seven Years' que foron os seus temas de máis éxito.
THE IMPRESSIONS "The Young Mods' Forgotten Story"
(Curtom Recs., 1969)
No hay comentarios:
Publicar un comentario