miércoles, 7 de mayo de 2014

Sebadoh "Soul and Fire EP

Hoxe vos recomendamos unha desas xoias que marcou a nosa adolescencia. Naqueles primeiros 90s entre outros moitos discos e cassettes, un par de eps de Sebadoh estaban todo o día sonando na nosa casa. Eran este "Soul and Fire EP" de 1993, pero tamén o "4 Song CD" do 94. 
Hoxe centrámonos no priemiro, que correspondía ó álbum"Bubble and Scrape" do mesmo ano, o noso favorito dos Sebadoh. A edición orixinal norteamericana era un 7'' que incluía só 4 temas con dúas versións diferentes ás do álbum, pero logo publicaron para UK e Europa unha nova versión en 12'' e CD, con 6 temas que incluían por suposto o 'Soul and Fire', unha mestura diferente de 'Fantastic Disaster', o cover de Necros do 'Reject' e dúas versións do 'Emma Get Wild' e de 'Flood' das que se incluían no álbum, reproducindo parte das pistas ó reves, etc, e ademáis o fantástico desvarío de 11 minutos do 'Showtape '91'. 
Que recordos... todo o día por ahí berrando SEBADOOOOOH!!

SEBADOH "Soul and Fire EP"
(Sub Pop/Domino, 1993)





No hay comentarios: