Xa hai moitos anos que The Black Keys deixaron de ser aquel dúo underground de blues suxo e garageiro que tanto nos gustaba. Logo nos gustaron de outra maneira, ampliaron as súas fronteiras cara o pop e remataron por dar o pelotazo comercial. Agora tras meses lendo e volvendo a ler sobre a chegada do seu novo álbum, temos este "Turn Blue" nas mans, e xa me diredes que vos parece a vós, por que non teño moi claro se vai a ser outro éxito comercial, que igual sí, pero eu creo que agás un par de temas salvables aquí non hai moito que sacar...
Asi que en realidade non volo vou recomendar.
THE BLACK KEYS "Turn Blue"
(Nonesuch, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario