lunes, 30 de junio de 2014

descarga sesión Kurco SoundSystem

E aquí tedes tamén case unha hora da sesión do sábado de Kurco SoundSystem, que nos envía unha selección máis Breaking Bad imposible!!

Kurco SoundSystem "W.White"
(sesión Rif-Rock 28 xuño 2014)


descarga Black Grooves!!

Aquí tedes unha parte da sesión do venres da serie Black Grooves!!. 
Aquí tedes pouco máis de unha hora con 20 temas dos sons negros máis actuais. Moito revival funk, acid jazz, soul e r'nb destes últimos anos.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 27 xuño 2014)



jueves, 26 de junio de 2014

Santos y Demonios sobre la pista de baile

Hai uns cantos anos vos presentamos neste blog o "Extraordinario compendio de la Música más rara del Mundo", fanzine enciclopédico e xigantesco da serie de Libritos Jenkins (Bruno LaFoux, 2010). 
Agora chega unha nova entrega, presentado no certame Hostia un Libro (I Festival de Microedición y Lucha Libre) e feito para a ocasión. Leva por título "Santos y Demonios, sobre la pista de baile (un fanzine de música, tebeos y bofetadas)". e ademáis o acompaña cun cd que inclúe a The Southern Culture On The Skids, Botellita De Jerez, Roddy Piper, Sr. Bikini, Los Straitjackets, Lightnin' Beat-Man e moitos máis. 
Podedes botarlle un ollo no seu blog breviarioparadipsomanos
Nós xa temos encargado o noso exemplar... que ganas de que chegue!!

Frunobulax "SANTOS Y DEMONIOS sobre la pista de baile.
(un fanzine de música, tebeos y bofetadas)"
(Libritos Jenkins, 2014)


The New Christs "Incantations"

O mes pasado nos chegaba o adianto do novo álbum dos australianos The New Christs, a continuación dos míticos Radio Birdman, na súa cuarta ou quinta xuventuda que están a vivir, e dende hai un par de semanas xa está dispoñible en varias edicións distintas. E ademáis onte mesmo comezaron a súa xira por España, así que a recomendación está máis que xustificada.

THE NEW CHRISTS "Incantations"
(Impedance Records, 2014)



miércoles, 25 de junio de 2014

THE SHARKNADOOS, o concerto.

O sábado pasado volvimos coa música en directo ó Rif-Rock, e como prato forte do mes de xuño o fixemos coincidir do Día Internacional da Música, e tamén por que xa tocaba para ir collendo ritmo para o programa do noso 15º Aniversario.
Os protagonistas foron The Sharknadoos, no seu formato acústico, un trío cos xa habituais da casa David Falcón e Rubén Iglesias (baixo e guitarra), que por fin nos presentaban o seu novo proxecto xunto coa impresionante voz de Andrea Area.
Foron un total de 15 temas de soul, blues e rock, con covers de grandes como Aretha Franklin, Marlena Shaw, Nina Simone, Gloria Jones ou Janis Joplin, ata bandas como Led Zeppelin, The Doors, Canned Heat , Rolling Stones ou The Who. 

Xa tedes todo o concerto subido repartido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido aquí en lista de reproducción: 

The Sharknadoos (concerto pt.1)


The Sharknadoos (concerto pt.2)


The Sharknadoos (concerto pt.3)


martes, 24 de junio de 2014

The 13th Floor Elevators "Live Evolution Lost"

Despois de tóda-las edicións dos últimos anos, pensabamos que xa non quedaba nada máis por publicar dos texanos The 13th Floor Elevators, pois non era así. Tampouco atoparedes material novo, pero International Artists publicou a semana pasada esta caixa con un concerto no Houston Music Theatre do 18 de febreiro de 1967. A edición leva por título "Live Evolution Lost" e foi revisada por Paul Drummond e masterizada por Sonic Boom dos Spacemen 3. Dispoñible en 3 vinilos ou doble cd. E seguro que aínda no seguen sorprendendo con máis material.

THE 13th FLOOR ELEVATORS "Live Evolution Lost"
(International Artists Recs, 2014)



fanzine La Voz en Color + Los Wallas!!


este fin de semana nos chegou o noso exemplar do fanzine La Voz en Color, e o 7'' de Los Wallas ("Otro Color") para VLC Records, Regalazo!!

Pasádevos polo bandcamp de Los Wallas...



lunes, 23 de junio de 2014

Black Grooves + Kurco

Para rematar coa programación este mes de Xuño2014 temos dúas boas propostas para o próximo fin de semana:
O Venres 27 outra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
e o Sábado 28 volve KURCO SoundSystem á nosa cabina. 


The Sharknadoos!!

Fantásticos The Sharknadoos no seu directo do sábado no Rif-Rock!! 
Aquí tedes un adianto, e nos próximos días xa subiremos o concerto completo. Gracias cracks, grupazo!!


viernes, 20 de junio de 2014

Sáb.21: THE SHARKNADOOS en directo!!

Xa chega o día. Mañá Sábado (21 de xuño) volve a música en directo ó Rif-Rock! co prato forte da nosa programación deste mes.
Os protagonistas serán THE SHARKNADOOS, que despois dunha breve presentación en decembro do ano pasado volven ó Rif-Rock para ofrecernos ó fin un concerto completo coa súa particular formula de rock'n'soul, en formato acústico, con David Falcón e Rubén Iglesias ás cordas, e Andrea Area na voz.
Coma sempre con entrada libre, e dende as 23:30h. Non vo-lo perdades!!


AVISO para esta noite...

AVISO IMPORTANTE!!
Esta noite NON abrimos o Rif-Rock por uns pequenos problemas de axenda, pero mañán XA ESTAMOS DE VOLTA co horario de sempre, e con THE SHARKNADOOS en directo!!! Non vo-lo perdades!!



jueves, 19 de junio de 2014

"She-Gods of Shark Reef" de Roger Corman (1958)

Como algúns nos preguntaron sobre o debuxo do cartel dos Sharknadoos para o seu concerto deste sábado, e non podemos contestar a todos en persoa, ahí vai. 
A iustración é dunha das series de carteis promocionais do filme She Gods of Shark Reef (mal traducida aquí como La diosa Tiburón del Arrecife) do xenial Roger Corman de 1958. Para a súa grabación aproveitou as localizacións, decorados e instalacións empregadas para a súa película Naked Paradise (estreada posteriormente en 1960 como Thunder over Hawaii), que rematara tan só dúas semanas antes.

Sobra decir que non é das súas mellores películas, nin moito menos. E mala con ganas, pero Corman sempre aporta elementos particulares. 
A cousa vai de dous irmáns que fuxen dun asasinato, introdúcense como polizóns nun mercante, que naufraga en medio dunha terrible tormenta. Son os únicos supervivintes e recalan nunha illa perdida do Pacífico, habitada por un pobo recolector de perlas que as ofrece a un ídolo sumerxido e protexido por tabeiróns. Cando aparece un barco para rescatalos, tentan levarse as perlas como botín, provocando a furia dos nativos e desatando o ataque dos tabeiróns... sen esquecer a historia de amor con femosas nativas claro...

Un thriller tropical en branco e negro que despois estragaron aínda máis coas copias colereadas. Pero en calqueira caso é unha boa frikallada para unha destas tardes que xa nos meten de cheo no vrán.
Se queredes botarlle unha ollada, aquí a tedes completa [She-Gods of Shark Reef en versión orixinal], senón probade antes co trailer:

She-Gods of Shark Reef
USA, 1958 American International Pictures
dir: Roger Corman
(ver ficha en IMDB)


Syndicate of Sound "Little Girl"

E aínda vos recomendaremos un álbum máis esta semana, todo un clásico que xa lle toca. Os Syndicate of Sound foron un dos grandes triunfadores da explosión garage-psych de mediados dos 60s na area de San Francisco (de San José). Existiron entre 1965 e 1970 e de entre tóda-las bandas do xénero foron das máis comerciais, e que antes se subiron ó carro de copiar ás bandas da british invasion aínda que demasiado melódicos, despois do seu éxito co single Little Girl podemos decir que se quedaron a medias sen saber moi ben que camiño seguir. 
Este seu primeiro álbum é un bo reflexo da época e do lugar, r'n'b, garage, blues e boas melodías pop, con 12 temas cunha boa morea de covers de Chuck Berry, The Pretty Things, os The Sonics, ademáis das propias como Rumors ou a famosa Little Girl.

SYNDICATE OF SOUND "Little Girl"
(Bell Record Co., 1966 / Sundazed reeds.)



miércoles, 18 de junio de 2014

The Future Primitives "Into the Primitives"

E outra novidade que nos chega, ainda que con un pouco de retraso, pero que vai directamente ás nosas recomendacións: The Future Primitives son un power trio sudafricano de Cidade do Cabo, e aquí é donde temos que recoñecer que coñecíamos o seu primeiro álbum "This Here's The Future Primitives" pero co seu lanzamento hai menos de un ano através do selo portugúes Groovie Records nos tiña totalmente descolocados. Aquel primeiro álbum era o relanzamento para Europa do seu debut orixinal, e agora chegan co seu segundo álbum "Into the Primitive" continuando coa súa fórmula de garage, psychodelia e surf con esa envoltura lo-fi que tanto nos gusta!!! e entre os seus 13 temas covers dos Human Expression e dos Milkshakes. Trallazo de álbum!!

THE FUTURE PRIMITIVES "Into the Primitive"
(Voodoo Rhythm Records / Groovie Records, 2014)



Reigning Sound "Shattered"

Un dos álbumes que máis estabamos agardando nos últimos meses, era o novo dos Reigning Sound. "Shattered" é o sexto álbum dos de Memphis, e despois do tema de adianto, e as notas de prensa que o acompañaban, anunciándonos de que sería un disco de baladas con algo de rock... pois aquí está, e a cousa tampouco é para tanto. Eso sí, esquecédevos de calqueira reminiscencia a The Oblivians, Greg Cartwright está noutra cousa, e o feito de graba-lo álbum nos estudios de Daptone Records xa di bastante. Cun teclado omnipresente, que é o máis parecido ós anteriores álbumes de Cartwright cos Reigning Sound, polo demáis once temás que se achegan ó r'n'b, con medios tempos e moito soul. Sona moi ben pero teremos que dixerilo con calma... 
Da portada mellor nin falamos.

REIGNING SOUND "Shattered"
(Merge Records, 2014)



introducing The Sharknadoos!

Para ir facendo gañas para o concerto deste sábado, aquí tedes uns cantos videos da presentación de The Sharknadoos no Rif-Rock alá por decembro do ano pasado, cara o final do concerto de David Falcón, que aproveitaba a ocasión para adiantarnos o seu novo proxecto. 
Forón só 4 temas con covers de Nina Simone, Marlena Shaw e Janis Joplin, e vaia se triunfaron!! Agora, ó fin este Sábado (21 de xuño), os teremos ao completo co seu rock'n'soul acústico. Non vo-los perdades!! dende as 23:30h.



martes, 17 de junio de 2014

Outono Códax Festival 2014

Esta mañá presentouse o cartel do Outono Códax Festival 2014
Nesta edición contando con Sonny Knight, Ray Gelato e a gran Irma Thomas como cabezas das tres entregas desta edición.



descarga sesión KRATATZ!

Aquí tedes todo o material que nos deixou Koko Kratatz da súa sesión do 7 de xuño. Unha noite de rockabilly sen concesións, chea de sons crudos e atacando tódo-los paus posibles. Tremendo material repartido en 2 volumes!!!

KRATATZ "Rockabilly · Psychobilly · RawPunk!!"
(sesión Rif-Rock 7 xuño 2014)
faite aquí cos 2 volumes: VOL1 + VOL2



lunes, 16 de junio de 2014

15º Aniversario do RIF-ROCK!!

En xullo cumprimos 15 anos de Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa especial que vos temos preparado para celebralo.

  Venres 11 Xullo  
NORTHERN LIGHTS
en concerto dende as 23:30h.
+ sesións de KURCO & MARINOCHA!!

  Sábado 12 Xullo  
BREAKIN' BONES
en concerto dende as 23:30h.
+ sesión de MICHI CALAMBRES!!.


A comezos de xullo do 2014 o Rif-Rock cumpre 15 anos, dende aquel 1999 que abrimo-las nosas portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que vos temos preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana, o Venres 11 e o Sábado 12 de Xullo, coma sempre con varias propostas de música en directo e as súas correspondentes sesións.

15º ANIVERSARIO do RIF-ROCK!!
O Venres 11 vos presentamos en directo ós NORTHERN LIGHTS. Unha nova banda surxida da banda de surf 4 Waves, cunha nova proposta, cun formato de dúo acústico, e que se lanzan a facer os seus propios temas. Non vos perdades a súa estrea mundial.
E despois co concerto teremos ós dous máis habituais na nosa cabina: Marinocha & Kurco SoundSystem!! Non sei que máis lle podedes pedir a un venres!!

E o Sábado 12, noite por todo o alto, coa mellor banda de psychobilly do pais. Volven ós BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! Para nós é todo un luxo que unha das nosas bandas favoritas estén nesta data tan sinalada. Si xa os coñecedes repetides seguro, e se vos falaron do seu show, seguro que non vo-lo perdedes. 
Para redondear a noite o noso gurú Michi Calambres tomará os mandos da nosa cabina, para outra das súas espectaculares sesións. 
Promete ser un fin de semana bestial!!

domingo, 15 de junio de 2014

nunhas horas... o cartel do 15º Aniversario

Mañá cedo vos desvelaremos o cartel do 15º Aniversario do Rif-Rock co noso programa especial de concertos e sesións para celebralo. A ver se vos gusta...


6ª Festa do Bigote!! faltan 2 meses...

Onte, o tricampeón das nosas Festas do Bigote, lembrounos que xa quedan menos de 2 meses para a 6ª edición!! o certo é que xa nos olvidábamos de avisar, por que sabemos que algúns precisan de moito tempo... 
Tedes ata o domingo do Albariño, 3 de agosto, así que ahí vai o primeiro aviso: faltan menos de 2 meses para a 6ª Festa do Bigote!!!


sábado, 14 de junio de 2014

seguimos co programa de xuño2014

Este fin de semana non temos nada na nosa programación, pero aproveitamos para lembrarvos o que aínda nos queda por diante neste mes de xuño:

O sábado 21: THE SHARKNADOOS en concerto!! 
e a próxima semana temos doblete na nosa cabina, o venres 27 outra entrega das Fuck'U whiteys... Black Grooves con Psych.Munstphá, e o Sábado 28 teremos ó mando a Kurco SoundSystem. Non vo-lo perdades!!

E ademáis xa vos avisamos que este próximo luns vos anunciaremos todo o programa do 15º Aniversario do Rif-Rock... Atentos!!


viernes, 13 de junio de 2014

Sáb.21: THE SHARKNADOOS en concerto!!

O próximo Sábado (21 de xuño) volve a música en directo ó Rif-Rock!
Os protagonistas serán THE SHARKNADOOS, que despois dunha breve presentación en decembro do ano pasado volven ó Rif-Rock para ofrecernos ó fin un concerto completo coa súa particular formula de rock'n'soul, en formato acústico, con David Falcón e Rubén Iglesias ás cordas, e Andrea Area na voz.

Coma sempre con entrada libre, e dende as 23:30h. Non vo-lo perdades!!



jueves, 12 de junio de 2014

Kid Congo and The Monkey Birds "Haunted Head"

Despois dun clasicazo coma o anterior, toca algo máis actual. Aproveitando que en moitos medios están a repasar a discografia de Kid Congo Powers xa que esta semana anda de xira pola península Ibérica, nós tamén nos deixamos levar e vos recomendamos o seu último álbum.
Se non estades moi ó día igual non vos sona de nada, pero si vos digo que foi membro dos Cramps nos primeiros 80, logo formou The Gun Club e máis tarde enrolouse nos Bad Seeds de Nick Cave, a cousa xa vos parece moito máis seria non? Tamén tivo tempo de participar en outros cantos álbumes de xente tan variada como Barry Adamson ou Mark Eitzel, e a comezos dos 2000 comezou a súa carreira en solitario, para rematar formando xunto co guitarrista Jack Martin varios proxectos que foron confluíndo ata crear Kid Congo and The Monkey Birds cos que xa levan publicados catro álbumes de garage suxo, repletos de fuzz e moita fusión, melodías soul e ritmos de cerimonias de vudú. A min segue a deixarme alucinado aquel "Dracula Boots" do 2009, pero imos a recomendarvos o seu último traballo, do ano pasado "Haunted Head". 

KID CONGO AND THE MONKEY BIRDS "Haunted Head
(In the Red, 2013) 



Mickey Baker "Wildest Guitar"

Os que nos seguides através de outras redes xa sabedes que onte nos tivemos que cargar un disco duro con algo máis de 500Gb de música no que se atopaban algunhas copias do mellor da nosa colección. Así que para non pensar moito no tempo que nos vai levar recopilar todo ese material outra vez, imos sacarlle algo de rendimento á ocasión e imos recomendarvos o que estabamos a escoitar cando o artefacto fixo crack.
Hai un par de anos xa vos temos recomendado álbumes e recopilatorios do xenial guitarrista Mickey Baker, un deses xenios nunca suficientemente recoñecidos, pero que foi fundamental para levar un pouco máis lonxe aquelo do rhythm'n'blues da época. Tras moitos anos como músico de sesión nos estudios de Savoy, King Records ou Atlantic, en 1959 lanzou o seu primeiro traballo como frontman, o título por suposto "Wildest Guitar" un imprescindible!! 

MICKEY BAKER "Wildest Guitar"
(Atlantic, 1959)



miércoles, 11 de junio de 2014

"Who I Am" as memorias de Pete Townshend

Pete Townshend é sen dúbida un dos máis grandes do último medio século, como músico, como símbolo e como pesonaxe, todo un revolucionario da cultura popular e que agora, ó fin nos chegan as súas memorias da man de Malpaso Ediciones. 
Townshend fai en "Who I Am" un repaso pola súa vida, a carreira con The Who, as súas influencias e a súa relación con outras bandas e músicos da súa xeración, a sobre os seus traballos en solitario tanto musical como literaria e ensaísta. 
Din que comezou a escribir estas memorias a mediados da década dos 90 pero por diversos motivos foise retrasando ata culminar nestas máis de 500 páxinas que se publicaron na súa versión orixinal no 2012. 
Podedes atopar unha boa introducción na nova de onte en El País.

PETE TOWNSHEND "Who I Am. Memorias"
(Malpaso Eds., 2014)


Así no-lo presentan na web de Malpaso:
Pete Townshend, leyenda viva del rock y uno de los grandes incendiarios que, desde llamaradas como los Beatles, los Stones, Cream o Pink Floyd, encendieron una tormenta destinada a pulverizar los tedios establecidos y dar forma a una nueva manera de no ser viejo.
Pete y sus colegas fueron audaces pioneros en la trituración pública de instrumentos musicales y otros enseres igualmente valiosos, el abuso recreativo de sustancias no recomendadas por las autoridades sanitarias y el comercio carnal e indiscreto con admiradoras más o menos ingenuas. Pero Townshend es también el creador introvertido, el chico extraviado y el hombre roto que intenta comprender sus flaquezas para sobrevivir a sí mismo. De todo ello ofrece testimonio Who I Am, una de las memorias más auténticas y ambiciosas que se haya escrito nunca en el Olimpo de la música popular.


Surfing the Lerez


Romaria POP


martes, 10 de junio de 2014

"Jesus Loves the Wah-Wah" Un tributo a Los Contentos

Hai un par de meses vos recomendábamos o libro que reivindicaba a historia de Los Contentos ("Cuando Ríes, Los Contentos" de Fernando Fernández Rego e Piti Sanz) e agora chegan máis novas sobre esta mítica banda. Hoxe mesmo comezou en Verkami unha campaña de crowfunding para editar en vinilo un tributo a Los Contentos que xa leva uns cantos anos agardando no caixón, e coa participación de case 20 bandas. O proxecto chámase "Jesus Loves the Wah-Wah, un tributo a Los Contentos" e as aportacións van dende os 5€ para a descarga dixital con temas extra, e os 15€ do vinilo, ata máis ofertas por lotes que inclúen o libro que vos comentamos e que por suposto van abaratando o precio dos vinilos o aumentar as unidades. Tedes 40 días para decidirvos!!


Pasádevos polo seu proxecto de Verkami:

DESCRIPCIÓN DEL PROYECTO:
Los Contentos fueron unos pioneros del garaje rock en Galicia. A finales de los 80 grabaron sus dos únicos discos, un mini Lp (Los Contentos) y un largo (2). Dejaron grabados himnos (Cuando ríes, El secreto de mamá, La casa vacía) y, como todas las leyendas, desaparecieron demasiado pronto.
"Jesus Loves the Wah-Wah, un tributo a Los Contentos" es precisamente lo que su nombre indica: un buen puñado de bandas, reconocedoras de ese legado o influidas, de un modo u otro, por estos grandes malditos del garaje gallego.
Las bandas y solistas que forman parte del proyecto (todas las canciones que forman parte de este tributo están grabadas y masterizadas) son: Siniestro Total con Luís Tosar, Josele Santiago con Los Profesionales, Bummer,Nicolás, Guru Deva, Los Eternos, Ultracuerpos, Los Wrayajos, Megapurple Sex Toy Kit, Samesugas, Individuos, Los Casanovas, The Murrays, Piti Sanz, Jo5elito, y además hay colaboraciones especiales, a modo de extras, de Rock-a-Hulas, Foggy Mental Breakdown y Franky Baltimore and The Rhythm Section.
Curiosamente, y dado el tiempo que llevamos dedicado a este tributo (diez años ya), muchas de estas bandas ya no existen. A otras incluso les ha dado tiempo a disolverse y volver a juntarse. Por supuesto hay varios grupos que han continuado en activo todo este tiempo, pero son los menos...
Esto hace que algunas de estas canciones sean las últimas grabaciones que editarán y, en algún caso, las únicas.

A QUÉ DESTINAREMOS VUESTRAS APORTACIONES:
Todo el dinero que se recaude estará destinado a financiar la edición en vinilo del disco tributo y a pagar el resto de las recompensas y gastos de envío. 
Si el objetivo principal se superase, el sobrante irá destinado a mejorar dicha edición del modo que veamos posible.

CALENDARIO:
Todas las canciones que forman parte del tributo están ya grabadas y masterizadas, y el diseño en marcha así que el plazo de entrega dependerá del tiempo de fabricación.


lunes, 9 de junio de 2014

Rik Mayall

Rik Mayall
1958 - 2014



en xullo cumprimos 15 anos!!



A maioría xa sabedes que en xullo o Rif-Rock cumpre 15 anos!!
Xa temos case todo listo, e a comezos da próxima semana xa vos anunciaremos todo o que temos preparado... atentos!!

domingo, 8 de junio de 2014

Kratatz!

Aquí tedes a Iván Kratatz concentrado na súa sesión de onte.
Nos próximos días xa vos deixaremos algo para decargar, e o próximo mes o teredes en directo, pero sobre iso xa vos comentaremos máis adiante... 
Gracias crack!!



viernes, 6 de junio de 2014

Sáb.7: Rockabilly Night! con KRATATZ!!

Mañán Sábado (7 de xuño) Rockabilly Night!! 
Cun mestre de cerimonias de luxo: KRATATZ!!, que deixa por unha noite aparcado o contrabaixo dos Breakin' Bones para poñerse ó mandos da selección musical do Rif-Rock dende a nosa cabina. 
Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk!! Non vo-lo perdades!!


miércoles, 4 de junio de 2014

programación xuño 2014

Aquí tedes a programación de Xuño 2014:

Sáb.7: KRATATZ. Rockabilly Night!
(sounds from the Vaults: Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk)
Sáb.21: THE SHARKNADOOS en concerto!
(R'n'B Acústico. dende as 23:30h. entrada libre)
Ven.27: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
Sáb.28: KURCO SoundSystem

E ademáis xa vos adiantamos algo para Xullo. Xa temos todo listo para celebra-lo noso 15º Aniversario, pero polo momento só desvelamos as datas.


Revista Luzes nº6

A semana pasada saíu á rúa o número 6 da Revista Luzes, coa Torre de San Sadurniño na portada para ilustrar entre os seus contidos, unha serie de artigos sobre o mar, incluído 'Alma de Mariscadora' sobre a Agrupación de Mariscadoras de Cambados. Como non apuredes voan. [www.revistaluzes.com]



martes, 3 de junio de 2014

Mr. Pro Bono (Nobunny) "Vol.1 tape"

Hai un par de semanas vos recomendábamos un dos álbumes de Justin Champlin a través do seu alter ego Nobunny, coincidindo co lanzamento do seu último álbum. Polas mesmas datas nos atopábamos tamén co lanzamento desta xoia. Champlin publicou no ano 2000 este cassette como Mr. Pro Bono, titiulado sinxelamente "Vol.1" con 17 temas gravados entre 1995 e 2000 con versións dos Coasters, Jesus & Mary Chain, Tommy James, Gories, Rolling Stones, Gary Glitter, Greg Oblivion1, Bill Allen e moitos máis... Agora King Song Records no-las ofrece dixitalizadas para descarga de balde no seu bandcamp. Puro lo-fi!

MR. PRO BONO (Nobunny) "Tape Vol.1"
(King Song Records, 2000 / reed.2014)



lunes, 2 de junio de 2014

próximamente en concerto... MUERTE POR PIXEL!!

O novo enxendro de Comomepós Produccións chámase MUERTE POR PIXEL!! próximamente en concerto no Rif-Rock!! xa vos seguiremos informando...


"Pulp. A film about Life, Death & Supermarkets"


Pulp foi unha das bandas fundamentais do britpop dos 90s, aínda que a súa historia comezara moito antes, co tempo podemos decir que os seus temas foron realmente os himnos daquela época. Sen embargo a min sempre me tirou máis a Jarvis Cocker que todo o relacionado coa súa banda, incluso os seus discos en solitario me parecen moito mellores que os da banda, pero sobre todo a súa figura, as súas polémicas, as declaración saídas de tono e a súa manía persecutoria hacia Michael Jackson... pero xa teño gañas de ver este documental sobre Pulp. 

Esta mesma semana chega o documental "Pulp. A film about life, death & supermarkets" dirixido por Florian Habicht, e constrúe a historia entorno ó último concerto da banda en Sheffield no 2012. [web official do documental]