Os que nos seguides através de outras redes xa sabedes que onte nos tivemos que cargar un disco duro con algo máis de 500Gb de música no que se atopaban algunhas copias do mellor da nosa colección. Así que para non pensar moito no tempo que nos vai levar recopilar todo ese material outra vez, imos sacarlle algo de rendimento á ocasión e imos recomendarvos o que estabamos a escoitar cando o artefacto fixo crack.
Hai un par de anos xa vos temos recomendado álbumes e recopilatorios do xenial guitarrista Mickey Baker, un deses xenios nunca suficientemente recoñecidos, pero que foi fundamental para levar un pouco máis lonxe aquelo do rhythm'n'blues da época. Tras moitos anos como músico de sesión nos estudios de Savoy, King Records ou Atlantic, en 1959 lanzou o seu primeiro traballo como frontman, o título por suposto "Wildest Guitar" un imprescindible!!
MICKEY BAKER "Wildest Guitar"
(Atlantic, 1959)
No hay comentarios:
Publicar un comentario