A iustración é dunha das series de carteis promocionais do filme She Gods of Shark Reef (mal traducida aquí como La diosa Tiburón del Arrecife) do xenial Roger Corman de 1958. Para a súa grabación aproveitou as localizacións, decorados e instalacións empregadas para a súa película Naked Paradise (estreada posteriormente en 1960 como Thunder over Hawaii), que rematara tan só dúas semanas antes.
Sobra decir que non é das súas mellores películas, nin moito menos. E mala con ganas, pero Corman sempre aporta elementos particulares.
A cousa vai de dous irmáns que fuxen dun asasinato, introdúcense como polizóns nun mercante, que naufraga en medio dunha terrible tormenta. Son os únicos supervivintes e recalan nunha illa perdida do Pacífico, habitada por un pobo recolector de perlas que as ofrece a un ídolo sumerxido e protexido por tabeiróns. Cando aparece un barco para rescatalos, tentan levarse as perlas como botín, provocando a furia dos nativos e desatando o ataque dos tabeiróns... sen esquecer a historia de amor con femosas nativas claro...
Un thriller tropical en branco e negro que despois estragaron aínda máis coas copias colereadas. Pero en calqueira caso é unha boa frikallada para unha destas tardes que xa nos meten de cheo no vrán.
Se queredes botarlle unha ollada, aquí a tedes completa [She-Gods of Shark Reef en versión orixinal], senón probade antes co trailer:
USA, 1958 American International Pictures
dir: Roger Corman
(ver ficha en IMDB)
No hay comentarios:
Publicar un comentario