Despois dun clasicazo coma o anterior, toca algo máis actual. Aproveitando que en moitos medios están a repasar a discografia de Kid Congo Powers xa que esta semana anda de xira pola península Ibérica, nós tamén nos deixamos levar e vos recomendamos o seu último álbum.
Se non estades moi ó día igual non vos sona de nada, pero si vos digo que foi membro dos Cramps nos primeiros 80, logo formou The Gun Club e máis tarde enrolouse nos Bad Seeds de Nick Cave, a cousa xa vos parece moito máis seria non? Tamén tivo tempo de participar en outros cantos álbumes de xente tan variada como Barry Adamson ou Mark Eitzel, e a comezos dos 2000 comezou a súa carreira en solitario, para rematar formando xunto co guitarrista Jack Martin varios proxectos que foron confluíndo ata crear Kid Congo and The Monkey Birds cos que xa levan publicados catro álbumes de garage suxo, repletos de fuzz e moita fusión, melodías soul e ritmos de cerimonias de vudú. A min segue a deixarme alucinado aquel "Dracula Boots" do 2009, pero imos a recomendarvos o seu último traballo, do ano pasado "Haunted Head".
KID CONGO AND THE MONKEY BIRDS "Haunted Head"
(In the Red, 2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario