jueves, 19 de junio de 2014

Syndicate of Sound "Little Girl"

E aínda vos recomendaremos un álbum máis esta semana, todo un clásico que xa lle toca. Os Syndicate of Sound foron un dos grandes triunfadores da explosión garage-psych de mediados dos 60s na area de San Francisco (de San José). Existiron entre 1965 e 1970 e de entre tóda-las bandas do xénero foron das máis comerciais, e que antes se subiron ó carro de copiar ás bandas da british invasion aínda que demasiado melódicos, despois do seu éxito co single Little Girl podemos decir que se quedaron a medias sen saber moi ben que camiño seguir. 
Este seu primeiro álbum é un bo reflexo da época e do lugar, r'n'b, garage, blues e boas melodías pop, con 12 temas cunha boa morea de covers de Chuck Berry, The Pretty Things, os The Sonics, ademáis das propias como Rumors ou a famosa Little Girl.

SYNDICATE OF SOUND "Little Girl"
(Bell Record Co., 1966 / Sundazed reeds.)



No hay comentarios: