lunes, 29 de febrero de 2016

Tributo a Bowie

A finais de marzo RifRocKerZ from Mars!!
O tributo a Bowie xa está en marcha, supergrupazo que se está montando para a ocasión, e desta vez admíten peticións, así que comentade, nesta entrada ou no noso facebook, qué temas queres que sonen esa noite!! Despois non vos queixedes de que non soou o voso tema favorito. Veña a comentar.
Non próximos días máis info.


domingo, 28 de febrero de 2016

sesión do 16º Aniversario do Rif-Rock!

Aquí tedes a sesión máis agardada de cada ano: 
Sesión do 16º Aniversario do Rif-Rock!!
Aínda que desta vez chega con moito retraso... estaba lista dende o pasado agosto, e por diferentes cuestións quedou ahí esquecida ata este mes. Fixemos dúas pequenas tiradas con diferentes deseños das galletas, e para os que quedáchedes sen a vosa copia, aquí a tedes. Metédelle volumen e a desfrutala!!

descarga o recopilatorio do 16º Aniversario do Rif-Rock aquí!!
*[o rar inclúe a sesión nunha pista de 59 mins a 320 Kbps + galleta do disco e portada co tracklist]


Où Sont les Femmes?


sábado, 27 de febrero de 2016

Black Grooves! Vol.40

Aquí tedes unha ampla selección da sesión de onte mesmo da entrega mensual da serie Black Grooves!! Funk, rhythm'n'blues, soul, e moito Buddy Miles, que xa lle tocaba!! Metédelle volume!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 26 febreiro 2016)


jueves, 25 de febrero de 2016

Buddy Miles "Them Changes"

Non podiamos chegar á fin de semana sen recomendarvos algo de Buddy Miles. Xa que protagoniza o noso poster da entrega das Black Grooves deste mes. Supoño que nin fai falla presentalo. Un dos bateristas máis grandes da historia, e unha figura fundamental do rock, do funk, do jazz... Así que imos cun dos seu álbumes máis míticos, o "Them Changes" de 1970, que incluía uns cantos temas propios: a versión orixinal de estudio da tremenda 'Them Changes' (que pasaría á historia en directo coa Band of Gypsys de Hendrix), o soul 'Heart's Delight', e o fantástico jazz blues de 'Paul B. Allen, Omaha, Nebraska'. Logo completa con versións de Charlie Karp ('I Still Love You, Anyway'), Greg Allman ('Dreams'), Rufus Thomas ('Memphis Train'), e Neil Young ('Down by the river') e Otis Redding ('Your Feeling Is Mine'). Todo gravado en varias sesións, e que conta cunha veintena de participantes. Un impresindible!!

BUDDY MILES "Them Changes"
(Mercury, 1970)



The Heavy "Great Vengeance And Furious Fire"

E un pouco máis de Black Grooves!!
The Heavy son unha banda de funk, encasillados nesa onda de neo-soul británico que serve para case todo, e realmente para nada. The Heavy (nome dos malos eh???) son unha banda alternativa de funk rock, que fan o que lles peta, de feito en moitos dos seus temas non atoparedes nin rastro de funk, pero apesta a funk polos catro costados. 
O próximo mes lanzan o seu novo álbum "Hurt & The Merciless" e xa vos adianto que vai a ser un dos pelotazos do ano. Pero hoxe vos recomendamos o seu primeiro lp: "Great Vengeance And Furious Fire", co título inspirado nesa parrafada mítica de Samuel L. Jackson en Pulp Fiction. Nos seus dez temas xa deixaban claras as súas intencións, mesturar tódo-los xéneros posibles e facer o que lles petara: funk, soul, rock e electrónica, e o resultado é espectacular. Dende a apisonadora inicial de 'That Kind of Man', a impresionante 'Colleen', o soul suxo de 'Set me Free' ou 'Who needs the Sunshine', momentos hip hop e ata folk, e o blues pesado de 'You don't Know'. Grupazo! atentos ó seguinte...

THE HEAVY "Great Vengeance And Furious Fire"
(Counter Records, 2007)


Logan Richardson "Shift"

Un pouco de jazz antes do fin de semana.
Hoxe recomendámosvos o novo traballo de Logan Richardson, un tipo  de Kansas estupendo, afincado en New York que seguro moitos coñeceredes polas súas estancias en Cambados da man de Paco Charlín. 
"Shift" é o seu terceiro traballo como frontman, e o seu primeiro álbum para a mítica Blue Note Records, así que xa son palabras maiores. Acompañado nas gravacións polo mítico Pat Metheny na guitarra, o piano de Jason Moran, Harish Raghavan ó baixo, e Nasheet Waits na batería, e por suposto, o saxo a cargo de Logan. Son trece temas, dez compostos por Richardson, e tres covers, de Ari Levine, Philip Lawrence e ata de Bruno Mars. Podedes botarlle un ollo ó trailer do álbum aquí.
Recomendación obrigatoria!!

LOGAN RICHARDSON "Shift"
(Blue Note, 2016)



miércoles, 24 de febrero de 2016

The Fall "Wise Ol'Man EP"

Novo traballo de The Fall, unha das miñas grandes debilidades. Mark E. Smith presente este "Wise Ol'Man", un Ep que presenta dous novos temas, con outras do seu álbum anterior "Sub-Lingual Tablet" do 2015. 'Wise ol'Man', que da título ó ep se presenta na súa versión editada e instrumental, e 'All Leave Cancelled', tamén presentada na súa versión extendida, e nunha despedida en plan reprise. Logo completan ata sete cortes con temas do álbum anterior ou novas versións. Ahí están o remix de 'Dedication', 'Venice with Girls' e 'Facebook Troll/No Chirstmas for John Quay' ensambladas coma se non pasara nada... Outro para a colección!

THE FALL "Wise Ol'Man EP"
(Cherry Red Recs, 2016)



Triángulo de Amor Bizarro "Salve Discordia"

Imos coa recomendación duns cantos álbumes esta semana.
De primeiro, o novo traballo de Triángulo de Amor Bizarro. Non sei se merece ese 10 sobre 10 que lle dan en moitos medios, pero "Salve Discordia" é unha auténtica animalada. Condensa en once temas case tóda-las súas influencias que lles levamos escoitando durante anos, noise e shoegaze en tóda-las súas variantes, e con moitas concesións ás melodías, e para o meu gusto mellor secuenciados no disco que noutras ocasións. A parte dos pelotazos seguros que serán 'Baila Sumeria' e 'Gallo Negro se levanta', eu quédome co tramo final: 'Nuestro siglo Fnord', 'Euromaquia', 'Luz del Alba' e 'O Salve Eris'. Discazo!.

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO "Salve Discordia"
(Mushroom Pillow, 2016)



en marzo... tributo a Bowie!

E máis adiantos para marzo...
RifRocKerZ from Mars!! un tributo a Bowie!!
seguide atentos...


esgotado recopilatorio do 16º Aniversario do Rif-Rock

Aínda faltaba algo importante do noso último aniversario...
O recopilatorio do 16º Aniversario do RIF-ROCK!! Saíu con meses de retraso, pero saíu. E por suposto, xa están máis que esgotadas as dúas pequenas tiradas que fixemos. Voaron enteiras nestes dous últimos fins de semana.
Levaban mesturados e editados dende agosto, pero entre unha e outra cousa, ahí foron quedando, e ata este mes sen sacalo. Noraboa ós enchufados que levaron un, e para os que non o tedes, nos próximos días xa o subiremos ó blog para todos.


martes, 23 de febrero de 2016

sesión de Comomepós

Aquí tedes unha selección de Comomepós da súa sesión do sábado pasado. Garage, Psych, Power Pop, Surf, e todo o que lle petou, como sempre... 
Ahí tedes 50 minutos sen pausa. Metédelle volume!.

Comomepós "Garage Monster"
(sesión Rif-Rock 20 febreiro 2016)
faite coa sesión de Comomepos G-Monster!!


en marzo: Où Sont les Femmes?

En marzo voltaremos a xuntar a algunhas das nosas mellores amigas para que se fagan cargo da nosa cabina durante todo o mes. Xa temos case todo listo, nuns días o programa completo!!


lunes, 22 de febrero de 2016

Isi Vaamonde & The New School, o concerto

O sábado tivemos nova cita coa música en directo, volvía todo un clásico da nosa vila: ISI VAAMONDE, desta vez acompañado pola súa nova banda THE NEW SCHOOL, con outros catro habituais do local: Rubén Iglesias ó baixo, David Falcón coas guitarras e coros, Bruno Barreiro ó piano e Jesús Caramés na batería.
Un concerto organizado dun xeito un tanto exprés pola inminente gravación de un par de temas a próxima semana: 'You're Smiling There' e 'Unstable Killer'.
Foi unha noite de repaso dos seus últimos álbumes "Unsportsmanlike World" do 2009 e do "Live in Heartland" do 2012, unhas cantas versións de Inmaculate Fools, Neil Young, e o 'Personal Jesus' Depeche Mode, vía Johnny Cash que sempre vai retorcendo un pouco maís en cada show, e claro, de Bowie, tiña que ser. Pero sobre todo para presentarnos os seus novos temas do que será o seu próximo álbum.

No Rif-Rock quedamos encantados de volver a telo en directo no local,  e sobre todo coas gañas que tiñamos de presentalos coa nova banda. Moitas gracias ós cinco polo show!! e moita sorte coa gravación! E por suposto a todos por vir, e claro, tamén a Comomepós por compartir a noite que tiña reservada para el solo, e polas horas de sesión que se marcou despois dende a cabina.
Non subimos o concerto completo, pero sí vos deixamos o final, estupendo!!


unhas fotos de Isi Vaamonde & The New School

domingo, 21 de febrero de 2016

Isi Vaamonde & The New School

Fantástico o show de Isi Vaamonde & The New School de onte! Xa tiñamos gañas de telo no Rif-Rock con esta nova formación, agora moita sorte con esas gravacións a próxima semana! e gracias de novo!! e a Comomepós pola sesión tremenda que se marcou o resto da noite!! e a todos por vir... e ós que chegaron tarde tamén!


viernes, 19 de febrero de 2016

Sábado: ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL en directo + sesión Comomepós!

Este sábado, máis música en directo no Rif-Rock!
Teremos a ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL en concerto, logo da súa presentación no Continental o mes pasado coa nova banda, acompañado por Rubén Iglesias, David Falcón, Jesús Caramés e Bruno Barreiro, e ó fin se presentan como The New School no Rif-Rock.
E despois do concerto, a sesión de garage de Comomepós que xa tiñamos programada. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!!


Comomepós! Garage Monster

Este é o cartel da sesión de Comomepós para o sábado... 
E todo segue igual, será despois do concerto: Garage Monster!


jueves, 18 de febrero de 2016

Jack Oblivian & The Sheiks "The Lone Ranger of Love"

Outro dos nosos heroes está de volta con novo disco neste 2016.
Jack Oblivian lanza este "The Lone Ranger of Love" acompañado pola banda de Memphis The Sheiks, cos que xa publicara o seu anterior álbum "Live!" no 2014. Toda unha lección de garage renovado, como sempre nos presenta, coa etiqueta made in Memphis por diante, trallazos lo-fi por veces como a iniciais 'Boy in a Bubble' e 'Hey Killer', ou en 'Downtown', pero engadindo moitos matices segundo avanza o álbum, con máis melodías, e estructuras máis comlexas como en 'Fast Freinds' (si, está mal escrito na contraportada), 'Lone Ranger of Love' ou 'Home in my Hand', a psychodelia de 'Ride Like the Wind', a potencia rítmica das dúas partes de 'La Charra', e a despedida máis tradiconal de 'Runnin' from the Law'. Aínda que moitos dos temas son novas grabacións de vellos descantes que precisamente lanzara no cassette "Dream Killer" do 2015, agora lanzados como se merecen. Discazo!!

JACK OBLIVIAN & THE SHEIKS "The Lone Ranger of Love"
(Mony Records, 2016)



The James Hunter Six "Hold On!"

Máis recomendacións.
De entre os álbumes que mellores críticas está a recibir nas últimas semanas está o novo traballo de James Hunter, un dos culpables do revival soul nas illas británicas, con máis de 30 anos de carreira, aínda que a min sempre me parece que lle falta algo de nervio, ou de forza, con cada novo disco sempre me quedo impresionado coa súa factura impecable, e ó final nunca lle boto nada en falta. 
Volve a publicar como The James Hunter Six, e este novo álbum titúlase "Hold On!" lanzado por Daptone Records. Soul e moito rhythm'n'blues, que te levantarán aínda que non queiras, 'If that don't Tell you' e algún standard de jazz clásico e swing como a propia '(Baby) Hold On!' ou 'Satchelfoot' que non te poderás quitar da cabeza. Recomendado.

THE JAMES HUNTER SIX "Hold On"
(Daptone Records, 2016)



Boo Boo Davis "One Chord Blues"

Imos con uns cantos álbumes recomendados antes do fin de semana.
De primeiro, o novo de Boo Boo Davis. Nos últimos anos estase a converter no meu bluesman favorito, xa vos comentamos noutras ocasións pinceladas da súa vida e carreira, pero ahí segue, con 72 anos e publicando un álbum tras doutro desde o mesmo delta do MississippiO seu novo traballo é "One Chord Blues", que inclúe material novo e outras pezas xa coñecidas a modo de pequena revisión de temas dos seus últimos anos, algúns deles están incluídos tal cual estaban recollidos en álbumes anteriores, outros grabados de novo, e algunha peza que non fora publicada, e todo grabado en directo de estudio para recoller toda a forza da súa harmónica e a voz rasgada, só acompañado John Gerritse na batería e Ene Mittendorp coa guitarra. Son 16 cortes, alternado temas novos e vellos, revisando pezas propias e tradicionais, todo pasado polo seu particular blues eléctrico, pero sinxelo, directo e contundente. 
Perfecto para quen queira comezar con Boo Boo Davis. Eu podería escoitalo hipnotizado durante horas.

BOO BOO DAVIS "One Chord Blues"
(Black and Tan Records, 2016)



miércoles, 17 de febrero de 2016

Breakin' Bones, o concerto completo


Que gañas tiñamos de ter ós BREAKIN' BONES de novo no Rif-Rock! e o sábado pasado ben que nos desquitamos.
Era a quinta vez que visitaban o Rif-Rock, a última fora en xullo do 2014 no noso 15º Aniversario, e desta vez chegaban con nova formación, polo cambio de batería, incorporando a Dani Alonso da banda The Loopholes.

Ofrecéronnos un show espectacular, coma sempre!
Hora e media de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende temas dos 50s, himnos mod, trallazos punk e clasicazos dos 80.
Un pracer volver a telos en Cambados, e unha vez máis agradecerlles a Santi e Koko, e agora tamén a Dani, que fixesen un oco na súa axenda para achegarse outra vez ó Rif-Rock. Gracias Cracks, un honor!! E gracias tamén a Jorge 'Sheriff Lorre' pola horas de sesión dende a cabina despois do concerto.
Unha noite fantástica. Gracias a todos por vir!

Xa tedes case todo o concerto subido, con algúns problemas de luz (máis dos habituais), metade en b/n e metade en cor, tamén con algún que outro desenfoque que non foi cousa nosa, e outros temas que directamente tivemos que deixar fora, estivérades alí. Atoparedes todo na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:




Breakin'Bones (concerto pt.1)


Breakin'Bones (concerto pt.2)


Breakin'Bones (concerto pt.3)


Breakin'Bones (concerto pt.4)


Breakin'Bones (concerto pt.5)

Set List dos Breakin' Bones


martes, 16 de febrero de 2016

programación Febreiro2016 actualizada

O que falta de febreiro2016 na nosa programación, cos cambios de última hora


Sáb.20: ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL en directo + sesión Comomepós

*ÚLTIMA HORA: ampliamos programación!!
Este sábado tereremos a ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL en directo no Rif-Rock! Logo da súa presentación no Continental o mes pasado coa nova banda, acompañado por Rubén Iglesias, David Falcón, Jesús Caramés e Bruno Barreiro, ó fin se presentan como The New School no Rif-Rock.
E despois do concerto, a sesión de garage de Comomepós que xa tiñamos programada. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!!


este sábado: Comomepós!

Este sábado, volve Comomepós á nosa cabina!!
Pero hai máis novidades para esa noite, atentos...


domingo, 14 de febrero de 2016

Breakin'Bones!!

Impresionante o show dos Breakin' Bones de onte!!
Con formato distinto ó habitual de anteriores visitas e nova formación, pero o seu espectáculo segue a ser insuperable!! Gracias BB!! e a Jorge Sheriff Lorre polas tres horas de sesión que se marcou despois do concerto dende a cabina (e ó mercadeo que vinilos que montamos jejejee...). E por suposto a todos por vir! 
Outra noite fantástica!!


viernes, 12 de febrero de 2016

BREAKIN' BONES en directo + sesión Sheriff Lorre

Non vos perdades o que temos preparado para o este sábado (13 de febreiro), volven os BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! con nova formación, novos temas e o seu show habitual. O mellor espectáculo de psychobilly do pais. E ademáis despois do concerto, sesión a cargo do SHERIFF LORRE dende a cabina. 
Espectáculo asegurado!!


febreiro2016...


jueves, 11 de febrero de 2016

The Quakes "The Quakes"

E outra recomendación para hoxe. Xa que vos recomendamos moi pouco psychobilly, ésta é unha semana perfecta.
Así que tiro de algo fácil, un dos meus favoritos do xénero. O primeiro álbum dos pioneiros The Quakes, de 1988, na portada imitando ós Straycats, pero por dentro o psychobilly ruidoso e agresivo dos seus inicios. Dos cañonazos 'You're Dead', 'Psycho Attack' ou 'You are the Scene', e 'Psychobilly Jeckyll and Mr.Hyde' de pura risa... 
Un imprescindible!!

THE QUAKES "The Quakes"
(Nervous Records, 1988)



Jim Jones and the Righteous Mind "Boil Yer Blood EP"

Jim Jones está de volta! levábamos meses con este ep apuntado, pendentes de facernos con el, e por fin chegou!
Tra-la liquidación da Jim Jones Revue no 2014, agora preséntase como Jim Jones and the Righteous Mindcon nova banda, pero coas mesmas formas. Este "Boil Yer Blood EP" son só tres temas, a animalda que da título o artefacto, a pausa macabra de '1000 Miles from the Sure' e o swing tribal 'Hold Up' presentados nun 10" e con ilustracións de Jean-Luc Navette.
Só un aperitivo do álbum...

JIM JONES and The RIGHTEOUS MIND "Boil Yer Blood EP"
(Raygun Records, 2015)



miércoles, 10 de febrero de 2016

anteriores visitas dos Breakin' Bones...

Un puco de repaso, tamén a modo de revival... 
Hai que prepararse para o sábado, e nada mellor que repasar os videos das catro visitas anteriores dos BREAKIN' BONES ó Rif-Rock.


O 19 de maio do 2012:


O 9 de marzo do 2013:


O 9 de novembro do 2013:


O 12 de xullo do 2014, no noso 15º Aniversario:


Dr. Lonnie Smith "Evolution"

E un pouco máis de jazz. Agora cun álbum recomendadísimo.
Trátase dunha das primeiras referencias novas que lanza a mítica Blue Note este ano, o novo traballo do organicista Dr. Lonnie Smith, que volve a lanzar un disco con Blue Note máis de 40 anos despois (coa excepción dun vello directo recuperado nos anos 90). O seu novo álbum titúlase "Evolution", e recolle temas de varios momentos da súa traxectoria, todos grabados de novo coa intervención de Robert Glasper e Joe Lovano. Presenta tres temas novos 'For Heaven’s Sake', 'African Suite' e 'Talk About This', dúas revisións de clásicos propios: 'Play it Back' e 'Afrodesia'; e dúas versións máis, tamén habituais no seu repertorio: o 'Straight No Chaser' de Thelonious Monk, e 'My Favorite Things' de Coltrane'. Todo con esa factura entre acid-jazz, funk e rock. Auténtico groove!!

DR. LONNIE SMITH "Evolution"
(Blue Note, 2016)



martes, 9 de febrero de 2016

[Revival Rif-Rock] Juanma Barroso Jazz Conception


Un pouco de Revival.
Despois do concerto do pasado mes de xaneiro, houbo quén nos preguntou canto tempo había que non facíamos no local un concerto no mes de xaneiro... e claro, tivemos que buscalo.

Temos que remontarnos ao 2010, seis anos cara atrás, e vaia se foi unha noite especial!!
Os protagonistas foron o trío de jazz formado por Paco Charlín ó contrabaixo, Juanma Barroso na batería e Rosolino Marinello ao saxo, que se presentaron como THE JUANMA BARROSO JAZZ CONCEPTION e que naquel momento preparaban (se non me equivoco) novos temas para as sesións de grabación do que sería o  álbum "Nairi" de Barroso. Foi o 23 de xaneiro do 2010. Todo un luxo de concerto!
Aquí tedes un tema daquela noite:



Carl Wilson "Música de Mierda"

De entre os libros que se veñen anunciando últimamente para o seu lanzamento inminente, hai un que nos parece que é o que máis promete de todos. 
Trátase de "Música de Mierda. Un ensayo romántico sobre el buen gusto, el clasismo y los prejuicios en el pop" (Blackie Books, 2016) do crítico Carl Wilson (non confundir, claro, co dos Beach Boys) que é a adaptación do seu famoso "Let's Talk About Love: Why Other People Have Such Bad Taste" do 2014, que xa era unha ampliación do anterior "Celine Dion's Let's talk about Love" do 2007 para a colección 33 1/3 da editorial Bloomsbury Academic. 
A modo de ensaio reflexiona sobre o mal gusto na música, a ñoñería e o éxito comercial, sobre todo entorno á contradicción de por qué todo esto é o que máis vende. E o mellor de todo é que promete remover conciencias. Xa veremos...

Carl Wilson "Música de Mierda. Un ensayo romántico sobre el buen gusto, 
el clasismo y los prejuicios en el pop"
(Blackie Books, 2016)