Que gañas tiñamos de ter ós BREAKIN' BONES de novo no Rif-Rock! e o sábado pasado ben que nos desquitamos.
Era a quinta vez que visitaban o Rif-Rock, a última fora en xullo do 2014 no noso 15º Aniversario, e desta vez chegaban con nova formación, polo cambio de batería, incorporando a Dani Alonso da banda The Loopholes.
Ofrecéronnos un show espectacular, coma sempre!
Hora e media de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende temas dos 50s, himnos mod, trallazos punk e clasicazos dos 80.
Un pracer volver a telos en Cambados, e unha vez máis agradecerlles a Santi e Koko, e agora tamén a Dani, que fixesen un oco na súa axenda para achegarse outra vez ó Rif-Rock. Gracias Cracks, un honor!! E gracias tamén a Jorge 'Sheriff Lorre' pola horas de sesión dende a cabina despois do concerto.
Unha noite fantástica. Gracias a todos por vir!
Xa tedes case todo o concerto subido, con algúns problemas de luz (máis dos habituais), metade en b/n e metade en cor, tamén con algún que outro desenfoque que non foi cousa nosa, e outros temas que directamente tivemos que deixar fora, estivérades alí. Atoparedes todo na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario