jueves, 4 de febrero de 2016

Sun Kil Moon "Universal Themes"

Prometimos que pouco a pouco iríamos recomendando algún álbum máis do 2015 que se quedaron fora das nosas listas, e aquí vai outro:
O "Universal Themes" de Sun Kil Moon foi deses álbumes que te convencía de principio ou nunca máis. Para min ten partes tremendas e outras de mero recheo, como case tódo-los seus traballos, aínda que teño que recoñecer que este é de longo o mellor de todos ata o momento (iso sí, a semana pasada lanzaron álbum novo, pero aínda non nos fixemos con el, xa vos contaremos).
Sun Kil Moon foi o proxecto que montaron no 2002 Mark Kozelek e Anthony Koutsos tra-la desaparición dos Red House Painters, aínda que o segundo abandonou ó pouco tempo. No comezo foi como unha continuación lóxica dunha banda á outra, ese indie folk cheo de matices, que de vez en cando se destapaba con ramalazos guitarreiros, sobre todos naqueles temas longos e intensos, e en cada disco foi gañando esta tendencia, sofisticando o seu son e retorcendo as estructuras dos temas. Logo de moitos eloxios recibidos polo "Among the Leaves" (2012) e sobre todo por "Benji" (2014), no 2015 lanzaron este "Universal Themes", un dísco moi ambicioso, no que ían a por todas. Oito temas, cinco deles entorno ós 10 minutos, e o resto un pouco menos, todo coa base do seu característico indie-folk-rock, pero con estructuras máis arriscadas, minimalista en moitos momentos, complexo noutros, ás veces dentro dos mesmos temas, alternando as melodía de voz, con recitados a voces dobradas e cadencia cansada, ou cabreada, ou exaltada, e con momentos no que todo se xunta para parecer perfecto, e de novo coa colaboración de Steve Shelley na batería. 
Os singles que sacaron de aquí foron 'The Possum', 'Garden of Lavender' e 'Ali/Spinks 2', aínda que eu prefiro quedarme coa última 'This is my first day and I'm Indian and I work at a Gas Station' e sobre todo coa descomunal 'With a Sort of Grace I Walked to the Bathroom to Cry'. Un álbum boísimo, pero demasiado longo e con momentos demasiado irregulares, e tamén vos digo que este é dos caros...

SUN KIL MOON "Universal Themes"
(Caldo Verde Records, 2015)



No hay comentarios: