Non podiamos chegar á fin de semana sen recomendarvos algo de Buddy Miles. Xa que protagoniza o noso poster da entrega das Black Grooves deste mes. Supoño que nin fai falla presentalo. Un dos bateristas máis grandes da historia, e unha figura fundamental do rock, do funk, do jazz... Así que imos cun dos seu álbumes máis míticos, o "Them Changes" de 1970, que incluía uns cantos temas propios: a versión orixinal de estudio da tremenda 'Them Changes' (que pasaría á historia en directo coa Band of Gypsys de Hendrix), o soul 'Heart's Delight', e o fantástico jazz blues de 'Paul B. Allen, Omaha, Nebraska'. Logo completa con versións de Charlie Karp ('I Still Love You, Anyway'), Greg Allman ('Dreams'), Rufus Thomas ('Memphis Train'), e Neil Young ('Down by the river') e Otis Redding ('Your Feeling Is Mine'). Todo gravado en varias sesións, e que conta cunha veintena de participantes. Un impresindible!!
BUDDY MILES "Them Changes"
(Mercury, 1970)
No hay comentarios:
Publicar un comentario