E outra entrega máis de grabacións perdidas para hoxe.
Un concerto dos CAN, na vila xermana de Soest, durante o inverno de 1970, xa coa incorporación de Damo Suzuki como vocalista e coa formación máis estable da banda, con Czukay, Irmin Schmidt, Michael Karoli, Jaki Liebezeit e o propio Suzuki.
Foi recuperado no 2014 dos arquivos de Rockpalast da canle WDR.
O setlist do concerto: 1. Intro 2. Sense All of Mine 3. Oh Yeah 4. I Feel Allright 5. Mother Sky 6. Deadlock 7. Bring Me Coffee or Tea 8. Don't Turn the Light On, Leave Me Alone 9. Paperhouse Ahí o tedes, unha hora e media de CAN en estado puro:
Ademáis de recomendar álbumes, sexan novidades ou clasicazos, hai anos que comezamos cunha sección de grabacións perdidas, sesións de estudio nunca publicadas, ou vellos concertos que se van recuperando na rede. foi unha sección á que non lle adicamos moito empeño, e non lle aplicamos etiqueta para seguir no blog, pero dende hoxe prometemos creala, para telos ordenados e fáciles de consultar.
Algún día nos poremos a inclui-la etiqueta nesas vellas entradas perdidas...
Pero hoxe recuperamos esta idea cun traballo dunha das nosas bandas de cabeceira: The Brian Jonestown Massacre! e compartimos estas míticas "The Diane Perry Tapes", unhas grabacións de radio de 1996 que non viron a luz ata o ano 2004:
The Brian Jonestown Massacre "The Diane Perry tape"
(autoeditado, dixital 1996/2004)
Son grabacións da súa primeira etapa, de 1996, pero ahí aparecen xa moitos temas, aínda sen rematar, que irían aparecendo en moitos dos seus traballos posteriores, álbumes ou caras b de 7''. Despois da emisión, a banda os editou en formato dixital no 2004, pero nunca en formato físico.
Aquí tedes o trackslist, e o audio completo de 85 minutos:
Aquí tedes unha hora da entrega de onte mesmo das sesións Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Con moitos temas pouco habituais de clásicos do funk e unhas cantas frikalladas de moito nivel. Metédelle volume!.
Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
Máis recomendacións esta semana: a serie de 7'' de King Khan para a banda sonora do documental The Invaders.
O ano pasado xa vos recomendamos o fascinante documental The Invaders, de Prichard Thomas Smith e JB Horrell sobre o grupo de Memphis, un dos máis controvertidos na loita polos dereitos civís nos USA durante os anos 60s.
Un dos adiantos do documental foi o sete pulgadas "Hurtin' Class" cos dous temas de King Khan en colaboración con Ian Svenonius como banda sonora. Pero nos últimos meses, co estreno no circuito comercial do documental, King Khan segue lanzando o soundtrack oficial por entregas, en 7'' con dous temas cada un, e tamén dispoñibles en descarga dixital. Un xeito bastante orixinal.
O primeiro foi o "Hurtin' Class", xunto con Ian Svenonius en outubro do ano pasado, os restantes chegaron nos últimos meses: "America Goddamn" (este cos deseños de Obey) e "Never Hold On" en abril, e xa temos o adianto do seguinte "Children of the World" que chegará o 3 de xuño. E non sabemos se caerá algún máis...
As entregas en directo de James Brown no teatro Apollo de Harlem están entre os álbumes máis importas da historia da música. Entre 1963 e 1971 lanzou tres entregas, a primeira por suposto a máis importante polo efecto revolucionario, grabado en 1962. A segunda lanzouse en 1968 e a terceira no 1971. Pero houbo máis, e inexplicablemente nunca ante saíran á luz.
Quedaba pendente unha cuarta entrega, grabada en setembro de 1972, e tras moitas décadas gardadas no baúl de Polydor, este ano foi un dos grandes lanzamentos estrela polo Record Store Day: The Fabulous James Brown and His Revue: Live at The Apollo Volume IV recolle as grabacións de dúas noites de James Brown xunto cos seus JB's, con bastantes instrumentais, cede moito protagonismo a Lyn Collins e Bobby Byrd cos seus propios temas, e tamén a Fred Wesley e Danny Ray. Pura Dinamita!!!
THE JAMES BROWN REVUE "Live at The Apollo, Vol.IV (Sept.1972)"
Uns cantos álbumes máis, pensando xa na sesión de Black Grooves de mañan.
De primeiro o novo traballo de Gregory Porter. Aínda que sexa jazz creo que sobran as presentacións. "Take me to the Alley" é o seu cuarto álbum de estudio con 12 temas que seguen a mesturar jazz e soul como ninguén nestes últimos anos. Esta entrega é un pouco máis pausada que o anterior "Liquid Spirt", pero seguirá a poñervos en pé coas tremendas 'Don't Lose your Steam', 'Fan in Flames' ou a final 'French African Queen'. Recomendadísimo!!
Xa vos comentamos que a do sábado pasado foi, sen dúbida, a noite máis emocionante que fixemos nunca no Rif-Rock.
Foi o noso especial polas Letras Galegas, unha noite de música e poesía a redor do Vento Mareiro de Ramón Cabanillas.
Kevi Aragunde presentounos os temas sobre os que leva moitos anos traballando, acompañado de Karlos Abal, e cunhas cantas colaboracións moi especiais: a de Suso Gómez coa súa lectura de 'Dous Raposos', e no descanso tomaron o relevo Xoán Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira, para facer os tres temas do seu repertorio sobre pezas de Cabanillas: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega.
Tres xeracións de talento puro xuntas na mesma noite. E por suposto, un show que Kevi adicou a Luis Rei dende o comezo.
Este foi o repertorio de toda a noite:
‐ "¡Como sueño con vosotros…! (Inéditos 1910 ‐ ¿?) ‐ Mariñeira (Vento Mareiro 1921) ‐ A man segreda (Vento Mareiro 1915) ‐ "Pomba ferida # IV" (Vento Mareiro 1915)
Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira: ‐ A fouce esquecida (Vento Mareiro 1915) ‐ ¡ Terra ! (Vento Mareiro 1921) ‐ Acción Gallega . Hino (Vento Mareiro 1915)
‐ Dous raposos (Vento Mareiro 1915) con Suso Gómez ‐ Ás miñas costas, calada (Rimas, No desterro 1913) ‐ A un cacique (Vento Mareiro 1915) ‐ Lume no pazo (Vento Mareiro 1915) ‐ Meus irmáns (Vento Mareiro 1915) ‐ Fala unha laberca (Da Terra asoballada 1926) ‐ "¡Ay , taberna de Aniseto… ! “ (Inéditos 1910 ‐ ¿?) ‐ Camiño longo (L.E. Batallán / Kevi . Vento Mareiro 1915)
Gracias a todos por vir e participar!!
Kevi, eres moi grande!!! e a Karlos polo traballo extra!!
Na seguinte lista de reproducción tedes os dous temas de Kevi que editou Karlos Abal, e as tres pezas de Xoán, Blas e Anxo. Para ver o resto teredes que agardar un pouco máis, que están preparando algo especial.
Polo momento aquí tedes esta pequena parte. A desfrutar!!
Aquí tedes dous vídeos que nos manda Karlos Abal do sábado pasado. Do noso especial polas Letras Galegas no que Kevi Aragunde nos presentou xunto con Karlos Abal, os seus temas sobre o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, e algunha peza máis de outras obras.
Aquí tedes dous temas de dúas obras distintas: 'Dous Raposos', do Vento Mareiro de 1915, coa colaboración de Suso Gómez e a súa tremenda lectura do poema, e 'Ás miñas costas, caldada' (No Desterro, 1913).
O pasado fin de semana, os de CTK lanzaron á rede unha nova entrega do seu CTKast conducido por Óscar e Carlos, xa cunha hora de duración, e moita música surf!.
Este novo eposido leva por título "Aquí non hai praia" e reflexionan sobre o estado do turismo na nosa vila, a necesidade, ou non, dunha praia en Cambados e outras potencialidades a explotar. Interveñen un propietario hoteleiro, unha representante de Guimatur e o concelleiro de enoturismo.
Ademáis na sección de Cambadeses no exterior entrevistan a Blas Charlin, adestrador en Angola.
A próxima cita coa música en directo será o 11 de xuño.
Os protagonistas, LOST SONGS, o novo proxecto formado por Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, co que recuperan vellas cancións e descartes de outras épocas cun formato sinxelo, voces, teclados e guitarra.
O primeiro álbum que vos recomendamos esta semana é o último traballo publicado por Tim Holehouse, un split compartido co finés Slack Bird. Como explican no insert, a idea nace uns días antes do Nadal do 2014, cando Slack Bird e Tim Holehouse coinciden de copas nun bar dun punto indeterminado en Finlandia... rapidamente deciden tocar xuntos, e tras unha boa chea de concertos deciden lanzar un split conxunto. A condición que un tema sexa propio e outra versión dunha banda de hardcore.
Na cara A o turno de Slack Bird, co seu tema 'Jouni' e unha versión do 'Bikeage' dos Decendents. Na cara B, Tim Holehouse inclúe o seu tema 'Bold', e un cover do 'New Noise' dos Refused. Slack Bird grabando os seus temas en Luakaa e Holehouse en Rayleigh con John Hannon. O resultado este precioso split vermello transparente a 33 rpm, que non podo deixar de escoitar!!
Mañán mércores, no Encontro de Barrantes terán en directo a GIPSY RUFINA, un trobador italiano de western blues que contactamos a través do amigo Tim Holehouse hai un par de semanas. Unha oportunidade única de velo.
A noite do sábado dou para moito. Unha das maiores sorpresas foi cando Kevi e Karlos tomaron un descanso para dar a paso a Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira, que nunca noite adicada a Cabanillas, non quixeron perder a ocasión de face-los seus clasicazos do poeta: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega.
Todo un luxo. Fantástico! Moitísimas gracias ós tres!!
Outra das sorpresas do sábado: unha década despois, tivemos un par de horas de sesión de Xaco Domin dende a cabina. A última vez que se encargou da cabina fora en decembro do 2006. Un revival tremendo!! Gracias compañeiro!!
O de onte foi con toda seguridade a cousa máis bonita e emocionante que fixemos nunca no Rif-Rock. Sábado noite, e recital de poesía, cos grandes Kevi Aragunde e Karlos Abal. Ó fin vimos en directo os temas de Kevi sobre pezas do 'Vento Mareiro' de Cabanillas, tamén algún de 'No Desterro', e 'Da Terra Asoballada', que leva moitos anos dándolle forma e facéndoos medrar ata o que vimos onte, e por suposto con adicatoria moi especial a Luis Rei.
Gracias Kevi por compartilos con nós, a Karlos Abal por apuntarse sempre a todo no Rif-Rock, e darlle ese pequeno empurrón que precisaba; a colaboración de Suso Gómez con esa lectura tremenda de Dous Raposos; e no descanso o auténtico luxo de ter a Juan Silva e Blas facendo os seus clasicazos de Cabanillas xunto con Anxo Xesteira. Tres xeracións de talento puro xuntas!!
E despois da música en directo, a sesión sorpresa de Xaco Domin dende a cabina!! Noite máis completa imposible!!
Este sábado teremos o noso especial das Letras Galegas.
Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público, ademáis de algún convidado sorpresa máis.
Para o poster empregamos a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921.
Aquí tedes o concerto completo de TIM HOLEHOUSE do domingo 15 de maio no Continental, na presentación ó mundo de Ulomanía Coop. Unha hora e media de show, na que Tim se meteu no peto a todo o público que abarrotaba o local. Unha noite espectacular. Xa o podedes repasar na canle de youtube de Ulomanía Coop.:
Imos ata Rusia, máis alá dos Urales, en Ekaterinburgo atopamos a esta banda fantástica: The Karovas Milkshake.
Despois de un par de referencias no 2013, un 7'' e un EP, o ano pasado publicaron o seu debut en LP: "The Shade of Purple Sun" son 12 temas que te levan ó freakbeat máis divertidos dos 60s, ás banda de pop psychodélico británicas, ó Swinging London, como 'Easy for you', a divertida 'Apple Pie', ou a descomunal 'Purple sun of Glastonbury', pero tamén ó primeiro Jacques Dutronc, con uns cantos temas en francés, como 'Cryptique' e 'Zombie Walk'; ou o power blues de 'Hangman'.
Os coñecimos gracias a El Sótano de Radio 3, e por fin a semana pasada nos fixemos co seu álbum. Recomendadísimo!!
THE KAROVAS MILKSHAKE "In the Shade of Purple Sun"
O mes pasado xa vos comentamos algo deste álbum, cando vos recomendamos o filme sobre Miles Davis Miles Ahead. Ademáis da banda sonora, Robert Glasper, propúxose lanzar un novo álbum para conmemorar o 90 aniversario de Davis.
Este "Everything's Beautiful", é a reinterpretación de 11 temas de Miles Davis, empregando algúns masters orixinais editados de xeito diferente, e algún descarte. E para elo conta ademáis coas colaboracións de Erykah Badu, Stevie Wonder, KING, Laura Mvula, Phonte, Illa J. ou Georgia Anne Muldrow. Dispoñible dende a próxima semana.
MILS DAVIS & ROBERT GLASPER "Everything's Beautiful"
Material ben frescco que nos chegou dende Londres a semana pasada. Todo tipo de jazz de momentos distintos, libro, vinilos, cds, flyers... así da gusto!!
Foi moito antes do que tiñamos pensado, pero foi un arrase total!! así da gusto arrancar con novos proxectos!
E tampouco vai a ser hoxe cando vos contemos de qué vai a ir todo isto, e pode que nunca o fagamos, porque sinxelamente deixaremos que as cousas sucedan en Ulomanía Coop., pero haberá máis... aínda que non sei se poderá ser mellor, porque superar o do domingo vai a ser moi difícil!!
Os agradecementos: Gracias ó Continental por deixarnos facelo; a Bosco dos Family Folks por conseguirnos a este super crack que é Tim Holehouse; a dous dos nosos integrantes Jorge e Sandra que se encargaron de todo durante o domingo (e tamén o luns); e a todos por vir, abarrotar o local, e participar da tremenda festaza que se montou; e claro, a Tim por ser un tipo tan xenial, que se meteu a todo o público no peto dende o primeiro tema. Espectáculo puro!!!
Aquí tedes o final do concerto. Nos próximos días o subiremos completo...
Neste día das Letras Galegas, aproveitamos para compartir convosco tamén a lámina orixinal do poster que fixemos para o espectáculo do próximo sábado.
Kevi Aragunde interpretará con Karlos Abal a súa adaptación do Vento Mareiro de Cabanillas que leva moito tempo preparando
O poemario Vento Mareiro foi publicado por primeira vez na Habana o 1 de marzo de 1915, un poemario impactante, tanto no literario coma no social, e que da comezo á literatura galega contemporánea. Por suposto vos recomendamos o libro de Luis Rei "Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades" (Ed.Galaxia, 2009), pero tamén podedes atopar algo máis rápido neste artigo escrito polo propio Luis para o Faro de Vigo no centenario da publicación.
Pero nesta ocasión centrámonos na segunda edición de Vento Mareiro, publicada en Madrid pola Editorial Galatea en 1921, na que se engadían ilustracións de Álvaro Cebreiro no interior, e a cuberta cunha obra de Castelao realizada para a ocasión. Esta foi a ilustración que empregamos para o poster do sábado por suxerencia de Kevi.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Vento mareiro, ca. 1921. Aguada, Tinta, Papel. 23,5 cm x 33 cm. Museo de Pontevedra.
Trátase dun debuxo a plumilla e tinta china, de clara influencia da estampa xaponesa, e como o seu título indica Vento Mareiro, o protagonista, non son o paisano, nin os piñeiros nen as ondas do mar, senón o vento que condiciona todo o que vemos. Esta lámina foi unha das once que depositou o propio Castelao no Museo de Pontevedra en 1929. Evidentemente, tedes toda a info da obra na web do Museo de Pontevedra.
Debaixo a cuberta definitiva daquela 2ª edición do Vento Mareiro de 1921.
O sábado faremos o noso especial das Letras Galegas. Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público, ademáis de algún convidado sorpresa máis. Para o poster empregamos a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921. Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h. Non vo-lo perdades!!
Será o domingo 15 de maio no Café CONTINENTAL, 21:30h.
Único concerto en España. Entrada Libre.
Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum "Found dead on the shoreline", tomando dende entón unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son os splits compartidos con Tim Loud, e os fineses Slack Bird e Juhana Iivonen, todos do 2015.
No suplemento de hoxe Viernes Arousa de La Voz de Galicia fanse eco do concerto de TIM HOLEHOUSE deste domingo.
Comentario acertadísimo no musical, e sobre todo no encabezado: a quén se lle ía ocurrir traer a Tim Holehouse a Cambados para o seu único concerto en España? ós de ULOMANÍA COOP., por suposto; e a conexión gracias ó Sheriff Lorre!
Novo single de The Limboos!! Con dous novos temas: 'I need your lovin´' e 'I'm a Fool' na cara B, outras dúas marabillas de rythm'n'blues limbootico!! Xa podedes escoitalo no seu bandcamp, e mercalo na web de Penniman. Que gañas do seu próximo LP, pero mentres facédevos con este 7''.
Esta semana teremos ó británico TIM HOLEHOUSE en directo en Cambados. Chega de man de ULOMANÍA COOP., será o domingo 15, no Café Continental, no seu único concerto en España, dende as 21:30h, e con entrada libre. Por se algún aínda non ten decidido asistir, aquí vos deixamos unha mostra dos seus temas, un par de videoclps e un bo puñado de actuacións a pelo... Recomendadísimo!! Non vo-lo perdades!!
Xa vos podemos anunciar a cita coa música en directo do próximo mes: LOST SONGS, un novo proxecto formado por Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, que se estrean no Rif-Rock. Voces, guitarra e teclados. Apuntade a data, será o Sábado 11 de xuño ás 23:45h. E ademáis coa colaboración de Cobesa e Super Bock!!
O sábado pasado volvían THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo ó Rif-Rock.
Non veñen tanto como cando eran a nosa banda residente, pero dende o seu retorno tras cinco anos de parón, cada vez que nos visitan sempre converten esas noites en algo moi especial.
O seu repertorio, coma sempre, cheo de temas dos últimos 25 anos que son xa auténticos clasicazos. Máis de 20 temas para case dúas horas e media de show, e coma sempre, con algunha sorpresa. Desta vez, foi a voz de Iria Viqueira, que cantou tres temas que nos deixaron a todos alucinados.
Desta vez só subimos uns cantos temas dos concerto, non vai completo porque para iso xa había xente máis profesional grabando, así que teredes que agardar un pouco polo resultado final, pero seguro que é moitísimo mellor que o habitual que nos compartimos. Xa vos avisaremos.
E coma sempre, despois de máis de dúas horas quedamos con gañas de máis, e iso que tiñan corda para rato... a próxima máis!! Gracias Victor e Manolo por estas noites de revival!! A Iria por acompañados desta vez, e a todos por vir!
Os nove temas que subimos xa os tedes nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2) ou todo seguido en lista de reprodución:
Neste blog xa vos temos recomendado anteriores traballos de Kid Congo & Pink Monkey Birds, o proxecto actual de Kid Congo Powers, un mito que xa pasou por The Cramps, The Gun Club, os Bad Seeds de Nick Cave...
Cos Pink Monkey Birds ofrece unha fusión de garage suxo, surf blues, música negra, ritmita latina e africana coros soul... unha auténtica bomba!!
Neste novo "La Araña es la Vida" continúa coa mesma fórmula, dende a inicial 'Pshychic Future', 'Coyote Conundrum', 'Karate Monkey'. 'La Araña', ata o medley final máis relaxado. E todo coa fantástica guitarra de Kind Congo Powers noutro álbum divertidísimo que se pasa voando. Recomendado.
KID CONGO & PINK MONKEY BIRDS "La Araña es la Vida"
Este fin de semana lanzouse o novo álbum de Radiohead, con outra desas xogadas de marketing repentino para que poidades escoitalo por todas partes.
"A Moon Shaped Pool" son 11 temas, seis deles novos coma 'Identikit' ou o adianto 'Daydreaming', e cinco xa coñecidos, algúns das sesións de grabación do anterior "The King of Limbs" do 2011 ou do "Kid A" do 2000, coma 'True Love Waits' que pechaba o directo "I Might be Wrong" do 2001, ou o single de presentación 'Burn the Witch'.
Ainda temos que darlle moitas voltas, pero seguro que xa sabedes de antemán se vos gustará ou non. Polo momento só en formato dixital, para as diferentes edicións teremos que agardar ata xuño.
Ademáis do concerto, o sábado pasado tivemos a última sesión de COMOMEPÓS! Foi The Ultimate Mix! a súa despedida por todo o alto, logo de ser un habitual da nosa cabina dende o 2008. Non haberá máis. A próxima vez que Carlos tome os mandos xa será con outro nome, outra historia... Do sábado pasado non hai fotos, nen haberá descargas, estivérades ali!! Gracias Comomepós!!
Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum "Found dead on the shoreline", tomando dende entón unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son os splits compartidos con Tim Loud, e os fineses Slack Bird e Juhana Iivonen, todos do 2015.