O sábado tivemos un dos concertos que máis agardábamos estes últimos meses, o retorno dos DEAD WOOD!!, cinco meses despois do seu último show, e recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo no Karallada Sound Factory con Victor Karallada.
Ademáis tamén foi unha noite moi especial porque servía de despedida temporal do Sr Pistola, Breo Gun non poderá está sempre cos Dead Wood por motivos laborais, e de paso xa incorporaron a Miguel Moldes (guitarras, mandolina, harmónica, voces e todo o que se lle poña por diante) e Michi Calambres (baixo, harmónica, voces e cadenas) como membros a tempo completo da banda. Unha formación de escándalo!!
No seu repertorio unhas cantas versións, tódo-los seus temas propios, e un par de novidades coma 'Ballad for Beelzebub'. E ademáis unhas cantas colaboracións: abriron a seu show co gran Brais Ramos na batería marcándelles o tempo!! todo un espectáculo! por suposto tiña que aparecer Victor Karallada no escenario, para meter outra guitarra en 'Lose Control', e para rematar un pequeno homenaxe a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre 'Ella (Huele mal)' con Rocío nos coros.
Unha noite espectacular!! Gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes grupazo por ternos como o seu local de referencia. Gracias cracks!!
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reprodución:
No hay comentarios:
Publicar un comentario