martes, 31 de mayo de 2016

Brian Jonestown Massacre "The Diane Perry tape"

Ademáis de recomendar álbumes, sexan novidades ou clasicazos, hai anos que comezamos cunha sección de grabacións perdidas, sesións de estudio nunca publicadas, ou vellos concertos que se van recuperando na rede. foi unha sección á que non lle adicamos moito empeño, e non lle aplicamos etiqueta para seguir no blog, pero dende hoxe prometemos creala, para telos ordenados e fáciles de consultar. 
Algún día nos poremos a inclui-la etiqueta nesas vellas entradas perdidas...

Pero hoxe recuperamos esta idea cun traballo dunha das nosas bandas de cabeceira: The Brian Jonestown Massacre! e compartimos estas míticas "The Diane Perry Tapes", unhas grabacións de radio de 1996 que non viron a luz ata o ano 2004:

The Brian Jonestown Massacre "The Diane Perry tape"
(autoeditado, dixital 1996/2004)


Son grabacións da súa primeira etapa, de 1996, pero ahí aparecen xa moitos temas, aínda sen rematar, que irían aparecendo en moitos dos seus traballos posteriores, álbumes ou caras b de 7''. Despois da emisión, a banda os editou en formato dixital no 2004, pero nunca en formato físico.

Aquí tedes o trackslist, e o audio completo de 85 minutos:

01. Hide And Seek 
02. The Be Song
03. That Girl Suicide
04. Methodrone
05. Straight Up And Down
06. The Freak Out
07. Radio Schizophrenio
08. When I Was Yesterday
09. Thoughts Of You
10. She Made Me
11. Telegram
12. Shortwave
13. You're Fucking Mad
14. Evergreen
15. The Opium Den
16. Carousel
17. Swallowtail
18. Opium
19. The Devil May Care
20. That Girl Suicide
21. Tangles
22. Convertible


No hay comentarios: