Unha data que teredes que apuntar ben é a do sábado 21.
Como cada ano faremos un especial polas Letras Galegas.
Este ano o deixaremos para o seguinte fin de semana, pero vai a ser moi especial. Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público.
Para o poster empregamos a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921.
Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario