jueves, 26 de mayo de 2016

King Khan "The Invaders soundtrack"

Máis recomendacións esta semana: a serie de 7'' de King Khan para a banda sonora do documental The Invaders.
O ano pasado xa vos recomendamos o fascinante documental The Invaders, de Prichard Thomas Smith e JB Horrell sobre o grupo de Memphis, un dos máis controvertidos na loita polos dereitos civís nos USA durante os anos 60s.
Un dos adiantos do documental foi o sete pulgadas "Hurtin' Class" cos dous temas de King Khan en colaboración con Ian Svenonius como banda sonora. Pero nos últimos meses, co estreno no circuito comercial do documental, King Khan segue lanzando o soundtrack oficial por entregas, en 7'' con dous temas cada un, e tamén dispoñibles en descarga dixital. Un xeito bastante orixinal.
O primeiro foi o "Hurtin' Class", xunto con Ian Svenonius en outubro do ano pasado, os restantes chegaron nos últimos meses: "America Goddamn" (este cos deseños de Obey) e "Never Hold On" en abril, e xa temos o adianto do seguinte "Children of the World" que chegará o 3 de xuño. E non sabemos se caerá algún máis... 
O trailer do documental The Invaders aquí.

KING KHAN "The Invaders, Soundtrack series"
(Khannibalism / Ernest Jenning Record Co. 2015-16)



No hay comentarios: