miércoles, 31 de agosto de 2016

sesión de Marinocha

Aquí tedes unha parte da sesión de Marinocha do venres pasado (26 agosto), media hora desa noite coa que arrancamos a nova tempada. Metédelle volume!.

MARINOCHA ÜBER ALLES (sesión 26 agosto 2016)



lunes, 29 de agosto de 2016

Pantera e Iribarne presentan... RADIO OCEANO!

Xa temos a nova edición de Pantera e Iribarne!!
A súa terceira referencia é o 7'' da mítica banda coruñesa RADIO OCÉANO!! 
Coma sempre con dúas edicións diferentes nunha tirada limitadísima. Inclúe o seu himno 'Narcisismo', sobre as letras de Lois Pereiro, que nunca antes fora publicada en vinilo, e na súa gravación orixinal de estudio de 1984, e dous temas en directo na cara b: 'Volverá' e 'Reconversión' recollidos en directo no Barco de Valdeorras en agosto de 1987. Unha tirada en vinilo branco e coa foto de portada en vermello, e outra coa portada en branco e negro, vinilo negro e parche de tela co logo da banda, e as dúas co insert dos créditos e a reproducción dun flyer orixinal da banda.
Dende este fin de semana xa os tedes dispoñibles no Rif-Rock, ou no mail de Pantera e Iribarne Producións (panteraeiribarne@gmail.com). 
Xa voaron case a metade, así que apurade porque quedades sen este documento histórico. Un luxo que non deberiades deixar pasar!!



Aquí vos deixamos a reseña que lle adican na web La Fonoteca:

Pantera e Iribarne continúan sacando joyas en pequeño formato de bandas gallegas de ahora y de antes. Tras los lanzamientos de Telephones Rouges -"Telephones Rouges" (Pantera e Iribarne, 2015)- y Metralletas Lecheras -"Metralletas Lecheras" (Pantera e Iribarne, 2015)-, le toca el turno a una banda de culto como Radio Océano.
Con un diseño cuidado hasta el más mínimo detalle lanzan este single en vinilo 7" en dos ediciones limitadas. Una con la foto de portada sobre color rojo y vinilo de color blanco, y otra con la foto en blanco y negro y vinilo de color negro (250 copias). Las primeras copias incluyen un parche de tela con el logo de la banda. La foto es obra de Xurxo Lobato, los logos de Xosé Manuel Pereiro y el diseño de Rubén Suárez.
Con este lanzamiento queda saldada una deuda histórica, la de que un himno como "Narcisismo" conozca el formato vinilo. El corte había sido grabado para su segunda maqueta, en los estudios Rádio Triunfo de Lisboa en 1984, pero no había sido incluido en su único larga duración: "Nin Falta que Fai" (RNE, 1986). Se trata de un poema del poeta Lois Pereiro, hermano de Xosé Manuel, que destila vida y muerte a través de una garra agresiva que marca el camino... "Sigo os pasos do sangue no meu corpo / e coa unlla do meu dedo máis firme / abro un sulco vermello en media lúa na vea que me acolle tan azul". Post punk eterno.
En la grabación participan Xosé Manuel Pereiro aka Johnny Rotring (voz), Pablo Iglesias aka Renata 414 (guitarra), Santiago Romero aka Ross Mero (bajo) y Sito Evangelista aka Sit Down (batería).
En la cara B nos encontramos con "Volverá" y "Reconversión", dos cortes grabados en directo, al aire libre, en O Barco de Valdeorras (Ourense) en el año 87 con la formación compuesta por Pereiro (voz), Jorge Fernández (guitarra), Santi Pazos (bajo) y Dani Punta (Viuda Gómez e Hijos / batería).
Fieles a su espíritu underground, el disco sólo puede conseguirse pidiéndolo a su mail, panteraeiribarne@gmail.com, no estará disponible en tiendas o plataformas de internet. Su presentación tendrá lugar en la Nave 1839 (A Coruña) el 24 de septiembre con las actuacuaciones de Lamprea Explosiva, Sr. Anido (Travesti Afgano) y la presencia de todos los miembros originales de la banda. No se descarta que suban al escenario a tocar unas cuantas canciones.




jueves, 25 de agosto de 2016

The Fleshtones: Sawyer Sessions

Os míticos The Fleshtones están a piques de cumprir 40 anos como a banda máis divertida do planeta. Para celebralo xa teñen preparado un novo álbum "The Band Drinks For Free" que sairá con Yep Roc a mediados de setembro. Polo momento, como adianto nos deixan a súa aparición nas Sawyer Sessións (ver web). Son cinco temas: 'I Surrender' de Bonnie St. Claire, 'Suburban Roulette', 'The Gasser', 'Love my Lover', e a versión en castelán do 'Love like a man' dos Ten Years After, convertida na divertida 'Ama como un hombre'. Xa están de volta, preparados??


White Owl "In League With The Devil"

Máis recomendacións. White Owl son unha banda de Bristol, e tras catro eps nos últimos anos, lanzan o seu primeiro largo, aínda que todavía non está editado físicamente, e non sabemos se teñen intención de facelo. 
Este "In League With The Devil" son 13 temas de psychodelia lo-fi, saturada, con moita influencia do noise, do garage 60s e do folk máis alucinado, con esas melodías perzosas que tanto nos gustan, e toda esa tormenta instrumental detrás chea de pistas e máis pistas. Moi interesantes, para seguirlles a pista.
Polo momento só en edición dixital. Visitade o seu bandcamp.

WHITE OWL "In League With The Devil"
(White Owl, 2016)



miércoles, 24 de agosto de 2016

Los Bengala "Incluso Festivos"

Seguramente foi dos mellores álbumes españois do 2015, e apenas tivo repercusión nesas listas desastrosas do mellor do ano da maioría dos medios.
No noso caso, temos que recoñecer que tras moitos meses tras este disco, ó fin nos fixemos con el, tivo que ser ChisPum (como non!!) a que me regalou o vinilo a semana pasada, e como vos imaxinades non puiden deixar de escoitalo dende entón.
Los Bengala son un dúo de Zaragoza, e este "Incluso Festivos" é o seu debut en lp, guitarra, batería e voces para facer un garage hipervitaminado, enérxico coma poucos, bruto, melódico e divertidísimo que vos enganchará dende o primeiro corte, e o mellor de todo é que recollen perfectamente a enerxía dos seus directos tamén nestes cortes de estudio. Son 11 temas que pasan voando, dende a intro 'La Caza', o hit 'No hay amor sin dolor', 'Jodidamente Loco', a desgarradora '65 días' ou a espectacular versión de 'Máquina Infernal' dos Lone Star. Todo en 28 minutos, se te despistas tes que volver a empezar. Discazo recomendadísimo!!

LOS BENGALA "Incluso festivos"
(Wild Lion/Dirty Water, 2016)




Esta semana: Marinocha + Chief Bromden

Este fin de semana despedimos o verán e arrancamos coa nova tempada retomando a nosa programación. Os protagonistas, dous habituais da cabina:
- Venres 26: MARINOCHA ÜBER ALLES
- Sábado 27: CHIEF BROMDEN

Non vo-lo perdades!!


martes, 23 de agosto de 2016

RifRocKerZ Partiallnite!


Trailer do documental "Miss Sharon Jones"


Aquí tedes o trailer do documental "Miss Sharon Jones", que relata a súa historia e sobre todo centrado nos últimos anos. Está dirixido por Barbara Kopple, e xa leva dúas semanas polas carteleiras dos USA. A ver se este outono xa o temos por aquí, e por suposto, a cousa vai acompañada de banda sonora. 
Impacientes por velo...


viernes, 19 de agosto de 2016

2 set: Black Grooves!!

E a seguinte semana volvemos coa serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves, aínda que non sexa fin de mes, xa temos ganas doutra entrega de música negra.


Ven.26: Marinocha Über Alles

A próxima comezamos nova tempada e retomamos a nosa programación. 
Para comezar un clasicazo da nosa cabina: Marinocha Über Alles!!


jueves, 18 de agosto de 2016

The Mystery Lights "The Mystery Lights"

E máis álbumes antes da fin de semana.
Hai pouco máis de un mes que os The Mystery Lights lanzaron o seu álbum de debut, e xa se convertiron nunha das sensacións da tempada. Son un quinteto de New York, e lanzan este álbum a través de Wick Records, subselo de Daptone. A súa única referencia anterior é un 7'' de finais do ano pasado con 'Too Many Girls' e 'Too tought to Bear', que se inclúen agora no álbum, e sirven á perfección de referencia. Garage psychodélico, moi melódico, moi lo-fi, e moi cheo de matices por todas partes. Desta vez con 'Follow me Home' como single de presentación, atacan por case tódo-los paus, con 'Without Me', 'Melt' ou '21 and Counting' ata pechar coa fantástica 'What Happens When You Turn The Devil Down'. Recomendadísimo!!

THE MYSTERY LIGHTS "The Mystery Lights"
(Wick Records / Daptone, 2016)



miércoles, 17 de agosto de 2016

Jimi Hendrix, Band of Gypsys "Machine Gun"

Máis material de Hendrix que sae á luz.
Band of Gypsys foi o power trio montado por Hendrix a finais de 1969 tra-la disolución da Hendrix Experience. No baixo Billy Cox, e na batería o xigante Buddy Miles. 
O seu mítíco álbum en directo publicado en 1970 recolle unha selección dos seus concertos nos festexos de fin de ano do Fillmore East de New York entre o 31 de decembro do 69 e o 1 de xaneiro do 70, con dous pases por día.
No álbum definitivo somente se incluíron temas dos pases do segundo día, e aínda que en sucesivas compilacións de material inédito de Hendrix se incluíron algúns temas do primeiro día, aqueles concertos permanecían inéditos.
O próximo mes publicarase "Machine Gun: Jimi Hendrix The Fillmore East first show 12/31/1969", que recolle por enteiro o primeiro dos pases do 31 de decembro.

Aquí tedes o tracklist:
1 Power of Soul 
2 Lover Man
3 Hear My Train A Comin'
4 Changes
5 Izabella
6 Machine Gun
7 Stop
8 Ezy Ryder
9 Bleeding Heart
10 Earth Blues
11 Burning Desire

Jimi Hendrix with Band Of Gypsys 
"Machine Gun: Jimi Hendrix The Fillmore East first show 12/31/1969"
(Legacy Recordings, 2016)



pechando, con José Estévez

Máis fotos de José Estévez no Rif-Rock... #by_Bigarito!!



viernes, 12 de agosto de 2016

The Monarchs "Make yer own Fun"

E imos cunha das xoias da nosa colección: o único álbum dos australianos The Monarchs!!. Foron unha banda efímera, outro dos moitos proxectos paralelos surxidos ao redor dos Hoodoo Gurus, seguramente o máis destacado xunto cos Persian Rugs. Neste caso, The Monarchs, estaban reunidos entorno a Brad Shepherd, xunto co seu irmán Murray (dos Screaming Tribesmen) ademáis de Andy Kelly e Greg Hitchcock (membros dos You Am I, New Christs ou The Kryptonics entre outros). Somentes lanzaron un single no ano 2000, o 7 pulgadas "2001" (do que só hai dúas edicións, a orixinal australiana, e a lanzada polos barceloneses Penniman Records), e este único álbum no ano 2001.
"Make Yer Own Fun" son 13 temas sen pausa, garage, hard rock, power pop e algun toque beat. '2001', '69 Monaro', 'Loud', 'Give it Up for the Band'... un temazo detrás de outro para un dos mellores álbumes do seu xénero. Un imprescindible!!

THE MONARCHS "Make Yer Own Fun"
(Shock Records / Sony / ATV Music, 2001)




jueves, 11 de agosto de 2016

Thee Oh Sees "A Weird Exits"

Antes da fin de semana un par de álbumes...
Un dos álbumes que máis agardábamos nestes meses era o novo traballo dos Thee Oh Sees, primeiro chegou o aperitivo do "Live in San Francisco", e agora aquí está "A Weird Exits". Este novo álbum son oito novos temas do seu peculiar psych rock. Dende o arranque con 'Dead Man's Gun', 'Ticklish Warrior' ou 'Plastic Plant', cada vez máis centrado nesa rítmica explosiva marca da casa, e cada vez menos interesado nas melodías garage-psych de antes, e pouco a pouco metendo elementos do proxecto persoal de John Dwyer, Damaged Bug, nas pistas de TOS (incluído o detalle viscoso da portada), reducindo revolucións e integrando novos elementos. 
O resultado, un álbum bipolar total, con momentos brillantes, e outros ós que teremos que darlle máis tempo para ver como encaixan.
Sae á venta mañán mesmo, pero xa o podedes escoitar a través das plataformas habituais de Castle Face Records. 
E o próximo mes, estarán en directo en Santiago no WOS Inc.!!

THEE OH SEES "A Weird Exits"
(Castle Face Records, 2016)




miércoles, 10 de agosto de 2016

THE SILK TONES o concerto

E despois desta semana de festas imos recuperando o ritmo tamén no blog, así que imos con máis material que tiñamos pendente de compartir.

O último vernes de xullo tivemos a estrea de THE SILK TONES, que unha semana despois tocarían en Fefiñáns o venres do Albariño antes dos Inmaculate Fools.

The Silk Tones son Rubén Iglesias, David Falcón, Miguel Moldes, Jesús Caramés e Deva Sanmartín. No seu concerto ofrecéronnos 15 covers cos que se meteron a todo o público no peto dende o primeiro momento, como ensaio xeral do que sería a súa actuación da semana seguinte.
Moitas gracias ós cinco, unha noite estupenda! 
E moita sorte con todo o que veña...

Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:


The Silk Tones, concerto pt.1


The Silk Tones, concerto pt.2


The Silk Tones, concerto pt.3


martes, 9 de agosto de 2016

8ª Festa do Bigote! o resumo...

Aquí vai o resumo da 8ª FESTA DO BIGOTE!!

Festaza espectacular coma sempre, risas aseguradas!! Moitas gracias a todos por participar un ano máis, sabendo que o domingo do Albariño sempre se fai moi longo, despois de toda a semana de carallada, e aínda máis co día abafante que tivemos, tamén pola noite. 

Coma tódo-los anos insistimos nos poucos aspirantes serios a mellor bigote, pero desta vez, podemos asegurar que as tres categorías tiveron un nivel estupendo!! co enorme postizo feito a man de Olalla, o disfraz insuperable de Domin, e o enorme mostacho ganador de Juan.

Os premiados de onte na 8ª FESTA DO BIGOTE!!
- Bigote Postizo: OLALLA NOVAS
- Mellor Disfraz: ALBERTO DOMINGUEZ
- Mellor Bigote: JUAN ARTILES
Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!


Tódo-los nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, o mellor padriño posible desta festa, pola súa implicación, e polos seus espectaculares lotes de productos. A Jacobo Aragunde Soutullo por facer de novo de mestre de cerimonias, e a Marina Martínez por poñer un pouco de orden en todo esto... por suposto e a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir pansándoo ben!! 
Atoparedes un amplo álbum no noso facebook, e seguro que iremos engadindo máis fotos nos próximos días.

Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.
O próximo ano máis, e lembrade... xa falta menos para a 9ª edición...


lunes, 8 de agosto de 2016

8ª Festa do Bigote: os premiados!

Os premiados de onte na 8ª FESTA DO BIGOTE!!
- Bigote Postizo: Olalla Novas Padin.
- Mellor Disfraz: Alberto Dominguez Pedreira.
- Mellor Bigote: Juan Miguel Artiles Gil.

Noraboa ós premiados!! E aplausos de novo!!
E moitas gracias a Edu de PC Barbería, o mellor padriño posible desta festa e os seus espectaculares lotes de productos, a Jacobo Aragunde Soutullo por facer de novo de mestre de cerimonias, e a Marina Martínez por poñer un pouco de orden en todo esto... e por suposto, a todos por vir!!
Nos próximos días xa iremos subindo moito máis material, as fotos, a entrega de premios e demáis...


jueves, 4 de agosto de 2016

8ª FESTA DO BIGOTE!!

Domingo 7 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á enorme FESTA DO BIGOTE!!
Nesta 8ª edición oficial, o padriño será de novo PC Barbería!! 
Consultade as bases do concurso aquí.
Non faltedes!!


miércoles, 3 de agosto de 2016

PC BARBERÍA, o padriño da 8ª Festa do Bigote

Este ano non tivemos que escoller padriño para a Festa do Bigote, nesta 8ª edición, directamente repetimos con Edu de PC Barbería. Estaba claro non??
Podedes seguilo no seu facebook, pero será moito mellor que vos pasedes por ali en persoa, na Praza de Compostela, de Cambados.


LXIV FESTA DO ALBARIÑO


martes, 2 de agosto de 2016

Esta noite comezamos co Albariño 2016...

Nós xa arrancamos esta noite o Albariño 2016!!
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Coma sempre, teremos corte de cinta oficioso, e seguramente sesión sorpresa.
Unha noite para @s máis valentes! Non faltedes!!


lunes, 1 de agosto de 2016

The Silk Tones 'Riptide'

Aquí tedes un momento do show que nos ofreceron The Silk Tones o venres pasado. O tema 'Riptide', para o resto teredes que agardar uns cantos días...