miércoles, 17 de agosto de 2016

Jimi Hendrix, Band of Gypsys "Machine Gun"

Máis material de Hendrix que sae á luz.
Band of Gypsys foi o power trio montado por Hendrix a finais de 1969 tra-la disolución da Hendrix Experience. No baixo Billy Cox, e na batería o xigante Buddy Miles. 
O seu mítíco álbum en directo publicado en 1970 recolle unha selección dos seus concertos nos festexos de fin de ano do Fillmore East de New York entre o 31 de decembro do 69 e o 1 de xaneiro do 70, con dous pases por día.
No álbum definitivo somente se incluíron temas dos pases do segundo día, e aínda que en sucesivas compilacións de material inédito de Hendrix se incluíron algúns temas do primeiro día, aqueles concertos permanecían inéditos.
O próximo mes publicarase "Machine Gun: Jimi Hendrix The Fillmore East first show 12/31/1969", que recolle por enteiro o primeiro dos pases do 31 de decembro.

Aquí tedes o tracklist:
1 Power of Soul 
2 Lover Man
3 Hear My Train A Comin'
4 Changes
5 Izabella
6 Machine Gun
7 Stop
8 Ezy Ryder
9 Bleeding Heart
10 Earth Blues
11 Burning Desire

Jimi Hendrix with Band Of Gypsys 
"Machine Gun: Jimi Hendrix The Fillmore East first show 12/31/1969"
(Legacy Recordings, 2016)



No hay comentarios: