martes, 9 de agosto de 2016

8ª Festa do Bigote! o resumo...

Aquí vai o resumo da 8ª FESTA DO BIGOTE!!

Festaza espectacular coma sempre, risas aseguradas!! Moitas gracias a todos por participar un ano máis, sabendo que o domingo do Albariño sempre se fai moi longo, despois de toda a semana de carallada, e aínda máis co día abafante que tivemos, tamén pola noite. 

Coma tódo-los anos insistimos nos poucos aspirantes serios a mellor bigote, pero desta vez, podemos asegurar que as tres categorías tiveron un nivel estupendo!! co enorme postizo feito a man de Olalla, o disfraz insuperable de Domin, e o enorme mostacho ganador de Juan.

Os premiados de onte na 8ª FESTA DO BIGOTE!!
- Bigote Postizo: OLALLA NOVAS
- Mellor Disfraz: ALBERTO DOMINGUEZ
- Mellor Bigote: JUAN ARTILES
Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!


Tódo-los nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, o mellor padriño posible desta festa, pola súa implicación, e polos seus espectaculares lotes de productos. A Jacobo Aragunde Soutullo por facer de novo de mestre de cerimonias, e a Marina Martínez por poñer un pouco de orden en todo esto... por suposto e a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir pansándoo ben!! 
Atoparedes un amplo álbum no noso facebook, e seguro que iremos engadindo máis fotos nos próximos días.

Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.
O próximo ano máis, e lembrade... xa falta menos para a 9ª edición...


No hay comentarios: