miércoles, 24 de agosto de 2016

Los Bengala "Incluso Festivos"

Seguramente foi dos mellores álbumes españois do 2015, e apenas tivo repercusión nesas listas desastrosas do mellor do ano da maioría dos medios.
No noso caso, temos que recoñecer que tras moitos meses tras este disco, ó fin nos fixemos con el, tivo que ser ChisPum (como non!!) a que me regalou o vinilo a semana pasada, e como vos imaxinades non puiden deixar de escoitalo dende entón.
Los Bengala son un dúo de Zaragoza, e este "Incluso Festivos" é o seu debut en lp, guitarra, batería e voces para facer un garage hipervitaminado, enérxico coma poucos, bruto, melódico e divertidísimo que vos enganchará dende o primeiro corte, e o mellor de todo é que recollen perfectamente a enerxía dos seus directos tamén nestes cortes de estudio. Son 11 temas que pasan voando, dende a intro 'La Caza', o hit 'No hay amor sin dolor', 'Jodidamente Loco', a desgarradora '65 días' ou a espectacular versión de 'Máquina Infernal' dos Lone Star. Todo en 28 minutos, se te despistas tes que volver a empezar. Discazo recomendadísimo!!

LOS BENGALA "Incluso festivos"
(Wild Lion/Dirty Water, 2016)




No hay comentarios: