jueves, 18 de agosto de 2016

The Mystery Lights "The Mystery Lights"

E máis álbumes antes da fin de semana.
Hai pouco máis de un mes que os The Mystery Lights lanzaron o seu álbum de debut, e xa se convertiron nunha das sensacións da tempada. Son un quinteto de New York, e lanzan este álbum a través de Wick Records, subselo de Daptone. A súa única referencia anterior é un 7'' de finais do ano pasado con 'Too Many Girls' e 'Too tought to Bear', que se inclúen agora no álbum, e sirven á perfección de referencia. Garage psychodélico, moi melódico, moi lo-fi, e moi cheo de matices por todas partes. Desta vez con 'Follow me Home' como single de presentación, atacan por case tódo-los paus, con 'Without Me', 'Melt' ou '21 and Counting' ata pechar coa fantástica 'What Happens When You Turn The Devil Down'. Recomendadísimo!!

THE MYSTERY LIGHTS "The Mystery Lights"
(Wick Records / Daptone, 2016)



No hay comentarios: