viernes, 30 de septiembre de 2016
jueves, 29 de septiembre de 2016
programación Outubro2016
Imos recuperando o ritmo.
Ahí van as datas que temos para este fin de semana e todo o mes de outubro:
· Ven.30set: Trash!
· Sáb.1out: Kurco SoundSystem
· Sáb.8out: NORTHERN LIGHTS en directo 23:45h.
· Ven.21out: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
· Sáb.29out: LOS WAVY GRAVIES en directo 23:45h.
Non vo-lo perdades!!
Ahí van as datas que temos para este fin de semana e todo o mes de outubro:
· Ven.30set: Trash!
· Sáb.1out: Kurco SoundSystem
· Sáb.8out: NORTHERN LIGHTS en directo 23:45h.
· Ven.21out: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
· Sáb.29out: LOS WAVY GRAVIES en directo 23:45h.
Non vo-lo perdades!!
Jack White "Acoustic Recordings 1998-2016"
Un dos álbumes que máis está dando que falar nestas últimas semanas é o novo lanzamento de Jack White: "Acoustic Recordings 1998-2016" recolle gravacións de todo ese período, incluíndo temas dos White Stripes, The Raconteurs, e da súa carreira en solitario. Todo en pequeno formato, guitarra acústica e demáis trebellos ao seu alcance. Son 26 temas en formato dobre que ofrecen pouca cousa nova, ou ningunha, pero resulta moi reconfortante escoitar moitos dos temas míticos da súa carreira doutro xeito, e sobre todo contemplar como temas menores ou secundarios de todos estes anos aínda ganan canto máis sinxelos son. De gancho un tema inédito, 'City Lights', que presenta co videoclip realizado por Michel Gondry.
JACK WHITE "Acoustic Recordings 1998-2016"
(Third Man Records, 2016)
miércoles, 28 de septiembre de 2016
Kings of The Beach "Bat Pussy EP"
Novo traballo dos vigueses Kings of the Beach.
O ano pasado xa vos recomendamos a súa demo "Badass EP", e ademáis do tema que lanzaron en novembro ('Jazz Stick Drama'), a comezos deste ano lanzaron este "Bat Pussy EP". Outra colección de catro temas, máis homoxéneos que na entrega anterior, pero tamén moito máis evolucionados. Garage de baixa fidelidade con esas guitarras surfeiras. Abren con 'About a Night', un auténtico temazo, a rabiosa 'Nasti Beach', a divertida 'Sunset', e os xogos de 'Jumanji' para rematar.
Un traballo estupendo, seguimoslles a pista. Todo no seu bandcamp.
Recomendadísimo por Ulomanía Coop.!!
KINGS OF THE BEACH "Bat Pussy EP"
(Kings of the Beach, 2016)
martes, 27 de septiembre de 2016
DEAD WOOD estrean bandcamp
Grandes novas!!
Os Dead Wood acaban de estrear bandcamp!!
Polo momento con dous temas: 'Baddest Man' e 'Jimmy the Coward & Percy the Brave', como primeiros adiantos do seu próximo traballo. Os dous temas foron gravados no KSF Studio da Illa de Arousa, con Victor Karallada aos mandos en marzo deste ano.
Podedes escoitalos directamente ahí, descargalos de balde e tamén contribuir ás finanzas da banda coa cantidade que consideredes.
E dentro de moi pouco, máis novas da banda... Compartide!!
lunes, 26 de septiembre de 2016
esgotado recopilatorio do 17º Aniversario do Rif-Rock!
Esgotada toda a tirada do recopilatorio do 17º Aniversario do RIF-ROCK!!
Nos próximos días xa o subiremos para compartila con todos, por que xa voaron todos nesta fin de semana. Nunca chegan para todos...
Nos próximos días xa o subiremos para compartila con todos, por que xa voaron todos nesta fin de semana. Nunca chegan para todos...
o próximo fin de semana: Trash & Kurco
Sesións para o próximo fin de semana:
O Venres Trash! e o sábado volve Kurco SoundSystem á nosa cabina.
Non vo-lo perdades!
O Venres Trash! e o sábado volve Kurco SoundSystem á nosa cabina.
Non vo-lo perdades!
domingo, 25 de septiembre de 2016
sábado, 24 de septiembre de 2016
viernes, 23 de septiembre de 2016
Festa de PANTERA E IRIBARNE na Nave1839
Apuntade esta recomendación para mañán (sábado 24) se ides a estar pola Coruña. Festa de presentación do novo lanzamento de Pantera e Iribarne: o 7'' dos míticos Radio Océano. Será na Nave 1839 dende as 20h.
En directo con Sr.Anido e Lamprea Explosiva, e uns convidados de luxo que seguro que xa vos imaxinaredes... Recomendadísimo!!
Outono Festival 2016
Xa queda menos para o a nova edición do OUTONO FESTIVAL en Santiago de Compostela, o mellor festival de música negra do país, e coma tódo-los anos o Rif-Rock colabora cun dos micropatrocinios.
Nesta sexta edición o festival amplia datas e espacios, dende o 7 de outubro ata o 12 de novembro, con 6 citas ben interesantes.
Apurade a facervos co voso abono que voan.
jueves, 22 de septiembre de 2016
Endless Boogie "Nothing for the Water"
Outro álbum que vos recomendamos esta semana.
O novo lanzamento dos Endless Boogie, un álbum de inéditos e rarezas, que xa é unha rareza en sí mesmo, dende a súa tirada mínima, ata a súa portada con dous delincuentes dos s.XIX.
Endless Boogie son unha banda de New York, que xa vos temos presentado neste blog, a medio camiño entre o blues e o southern rock dos ZZ Top ou Canned Heat, e o garage punk dos MC5 e The Stooges, con oito álbumes na súa carreira, tan capaces de de hipnotizar con temas fantásticos como de aburrir con algúns ladrillos terribles.
Este "Nothing for the Water" é unha selección de material inédito dos últimos doce anos, e sae cunha tirada limitadísima realizada para a súa xira europea, pero que podedes atopar na edición dixital.
Inclúe temas de estudio inéditos de diversas sesións do 2004 e 2005, coma 'Acknowledgements' que serve de presentación do álbum, 'Hispanic Minority' coa colaboración nas guitarras de Stephen Malkmus dos Pavement, ou 'Reconstruction' con Mike Fellows (dos Rites of Spring e Silver Jews), temas regrabados de novo no 2009, e varias pezas en directo de comezos deste ano coma o 'Rollin' & Tumblin' alongada ata os 15 minutos, e outros directos.
Moi recomendables desta vez.
ENDLESS BOOGIE "Nothing for the Water"
(Endless Water, 2016)
miércoles, 21 de septiembre de 2016
The Out Crowd "Then I Saw the Holy City"
A recomendación de hoxe
Imos cun álbum, e unha banda, que pasou bastante desapercibida no seu momento, e cos anos, e tra-la súa disolución foi gañando recoñecemento.
The Out Crowd foi unha banda de rock e folk psychodélico montado por Matt Hollywood, máis coñecido por se-lo baixista dos Brian Jonestown Massacre, agás no período que abandonou a banda para formar esta historia.
Pubicaron un EP e dous álbumes: "Go On, Give me a Damn" (Elephant Stone Records, 2003) e este "Then I Saw the Holy City" (Kora Records, 2004). Durante eses anos xiraron coma teloneiros dos BJM e dos Dandy Warhols, que produxeron os seus traballos, asunto que acrecentou a lenda da rivalidade entre as dúas bandas.
O seu son remite directamente ós traballos dos BJM, acústica, melodías e capas e capas de cordas. Este álbum foi un álbum moi ambicioso, con catorce temas, e algún interludio instrumental lento que alongaba demasiado o consunto, pero tamén con algunha concesión máis pop como 'Your Highness' ou 'Gets in the Way' que funcionaron de marabilla.
Agora reedítase este álbum da man de Scotch Recordings, en doble vinilo (crema e chocolate), aínda que un pouco caro de momento.
Unha xoia recuperada, recomendado.
THE OUT CROWD "Then I Saw the Holy City"
(The Kora Records, 2004 / Scotch Recordings, 2016)
martes, 20 de septiembre de 2016
INCOMODO! [Revival 2008]
Hoxe toca outra de REVIVAL RIF-ROCK!!
Se a semana pasada lembrábamos aquel concerto de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con Paco Charlín, desta vez volvemos fixarnos naquel programa do noso 9º Aniversario.
Volvemos ao 2008: a segunda data en directo daquel aniversario foi o 20 de setembro. Os protagonistas: INCOMODO, Isidro Dozo e Manolo Serantes, en acústico, enchufados, con bases programadas... moitos temas propios dos seus diversos proxectos daquela época e unhas cantas versións.
Atoparedes todo en varias entradas:
Xa pasaron 8 anos de todo esto!!
Aquí vos recomendamos un tema de cada parte: 'My Hat' e 'Gloria':
domingo, 18 de septiembre de 2016
HENDRIX!! 18 Set.
Máis Hendrix polo 18 de setembro.
Aquí tedes a The Jimi Hendrix Experience en directo no programa Beat Beat Beat da Tv pública xermana en 1967, dende Offenbach (Hesse).
Soan 'Stone Free', 'Purple Haze' e 'Hey Joe'.
Aquí tedes a The Jimi Hendrix Experience en directo no programa Beat Beat Beat da Tv pública xermana en 1967, dende Offenbach (Hesse).
Soan 'Stone Free', 'Purple Haze' e 'Hey Joe'.
sábado, 17 de septiembre de 2016
viernes, 16 de septiembre de 2016
AVISO: esta noite descansamos
AVISO!!!
Por uns problemas de axenda, NON abriremos esta noite do venres 16 de setembro.
Pero mañan xa estaremos de volta co horario habitual, e con ganas...
Desculpade as molestias.
Partiallnite!!
Por uns problemas de axenda, NON abriremos esta noite do venres 16 de setembro.
Pero mañan xa estaremos de volta co horario habitual, e con ganas...
Desculpade as molestias.
Partiallnite!!
jueves, 15 de septiembre de 2016
Sab.24: sesión Stoner (Ptooff! Vs X-Falcon)
A próxima semana:
Sesión Stoner, con Ptooff! e X-Falcon
Man a man na nosa cabina, tema a tema, de un en un.
Sábado 24 de setembro.
Combate total!!
Sesión Stoner, con Ptooff! e X-Falcon
Man a man na nosa cabina, tema a tema, de un en un.
Sábado 24 de setembro.
Combate total!!
Sr. Anido & Sra. Alvarez "18"
Discazo que vos recomendamos hoxe!!
Xa hai varias semanas que comezou a distribución, pero hoxe é o día do lanzamento oficial do novo proxecto de Rafa Anido, desta vez acompañado por Javi Álvarez (do Dúo Cobra e Fluzo entre outros). Xuntos son Sr. Anido e Sra. Álvarez e o seu álbum "18" son 9 temas de punk, garage, electrónica e plasti-pop, todo xunto ou por separado. E ademáis cun envoltorio de luxo, carpeta gatefold, con insert completo coas letras, ilustracións e comentarios.
Un auténtico discazo de Galician Bizarre. Todo no seu bandcamp.
SR. ANIDO & SRA. ÁLVAREZ "18"
(DiscosPorno/Prenom/Grabaciones de Impacto/Bajoelvolcán, 2016)
Xa podedes escoitalo e facervos con el no bandcamp de Grabaciones de Impacto, e o presentan así:
18 es un disco único, improbable. De la colaboración de cuatro años entre las personalidades irrepetibles de Sr. Anido y Sra. Álvarez ha salido una obra emocionantísima, pero con un rango de emociones mucho más amplio de lo habitual. A lo largo de los nueve temas hay momentos dramáticos que ponen los pelos como escarpias, momentos de diversión desde el humor absurdo, excitación bailonga, reflexión mística y lúcidos comentarios sociales. Todo encuadrado en una música que celebra la imaginación sin ningún complejo estilístico: lo mismo recoge la influencia de spacemen 3 que adelanta por la izquierda a Radiohead en el uso de texturas electrónicas o pone música a una película de Akira Kurosawa.
La impresión al escuchar el disco y observar en tus manos el diseño es asistir a la creación de un universo propio. Flota en el ambiente una preocupación por el lado perverso de la sociedad. Las canciones están llenas de personajes que sufren (el extraterrestre de “It came from outer space”, expulsado por los humanos que no toleran la diferencia; el boxeador de “Marciano Balboa”) y amenazas ineludibles (“Buraco negro”). La voz de Sr. Anido sufre con ellos, adoptando mil registros diferentes, pero es también capaz de transmitir belleza, humor y luminosidad como para compensar el dolor. No hay cinismo ni distancia irónica delante de lo que se relata, como fue siempre habitual en las grabaciones anteriores de Anido. Pero los recursos inagotables de los dos músicos (la lista de aparatos que utiliza Sra. Álvarez ocupa tres líneas) permiten aquí que todas esas sensaciones sean traducidas en un sonido tremendamente original. Está cerca de muchas cosas (el surf, Suicide, cualquier forma de mantra) y lejos de todas. Por la variedad conceptual, por la originalidad de la instrumentación y por la lucidez absoluta que transmite, 18 es, efectivamente, un disco improbable. Y por eso mismo es un disco necesario.
miércoles, 14 de septiembre de 2016
Novedades Carminha 'Ritmo en la Sangre'
Sen dúbida, a noticia do día é o lanzamento do video porno de Novedades Carminha, para o tema 'Ritmo en la Sangre' do seu "Campeones del Mundo".
Non sabemos se realmente é o primeiro video-clip porno da historia da música, pero nesta época é un pelotazo total. Os protagonistas, os actores Amarna Miller e Sylvan, e o video o atoparedes na web de Interviú en exclusiva.
Nick Cave & The Bad Seeds "Skeleton Tree"
O novo traballo de Nick Cave xunto cos Bad Seeds seguramente sexa o álbum sobre o que máis se ten escrito en menos dunha semana dende a súa saída. Un álbum rodeado de traxedia e o resultado é estremecedor. Oito cortes grabados dende o 2014 ata comezos do 2016, en tres sesións diferentes, a primeira aínda antes da morte do seu fillo, e na última na que se realizou o documental 'One more time with feeling' que xa vos recomendamos a semana pasada. Nunca saberemos como tería sido o novo álbum que Nick Cave comezou a grabar, pero este "Skeleton Tree" é desgarrador. para escoitar unha e outra vez con moita calma.
NICK CAVE & THE BAD SEEDS "Skeleton Tree"
(Bad Seed Ltd., 2016)
Kim Gordon 'Murdered Out'
Kim Gordon lanza o audio de 'Murdered Out' a través das plataformas de Matador Records, o tema de adianto do que será o seu primeiro traballo en solitario.
martes, 13 de septiembre de 2016
Los Hijos Bastardos de Peter Lorre & Paco Charlín [Revival 2008]
Máis Revival de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE, que ben o merecen...
Se a comezos de mes lembrábamos o seu primeiro concerto no Rif-Rock polo noso 8º Aniversario, o seguinte ano repetiron tamén no programa de aniversario.
Cumpríamos 9 anos, e de novo deixamos as celebracións para setembro. A primeira data foi o 13 de setembro, una día coma hoxe. Os protagonistas, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, que naquela ocasión estiveron acompañados polo xigante Paco Charlín ao contrabaixo, e Samy Snake aos coros.
Un concerto espectacular que foi subindo de intensidade e acabou co baixo de Charlín polo chan, pero afortunadamente enteiro...
Hoxe cúmprense oito anos daquela noite. Foi no 2008. E desta ocasión sí que hai videos, coa calidade da época e un tanto desorganizados no blog, pero os atoparedes nas seguintes entradas: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5 - pt6.
Aquí vos deixamos unha pequena selección daquela noite, con 'Topless a Go-Gó!!', 'Los Canibales' e 'Wooly Bully':
cervexa Judas!
Dende a semana pasada incorporamos á nosa oferta de cervexas algo máis potente: a cervexa belga Judas, unha das mellores rubias Ale do mercado, e tamén das máis fortes, cunha gradación de 8.5% en volume.
Xa sabedes, con moderación...
lunes, 12 de septiembre de 2016
AVISO PARA ESTA SEMANA
AVISO!!!
Por uns problemas de axenda, NON abriremos a noite do venres 16 de setembro.
Pero o día seguinte (sábado 17) xa estaremos de volta co horario habitual.
Desculpade as molestias. Xa vo-lo recordaremos máis veces nos próximos días.
Partiallnite!!
Por uns problemas de axenda, NON abriremos a noite do venres 16 de setembro.
Pero o día seguinte (sábado 17) xa estaremos de volta co horario habitual.
Desculpade as molestias. Xa vo-lo recordaremos máis veces nos próximos días.
Partiallnite!!
domingo, 11 de septiembre de 2016
sábado, 10 de septiembre de 2016
25 anos do 'Smells like teen spirit'
Hoxe cúmprense 25 anos do lanzamento do single 'Smells Like Teen Spirit' de Nirvana. Lanzouse o 10 de setembro do 91, como single de adianto do seu segundo lp, o "Nevermind" que se publicaría o 24 de setembro daquel ano, e todo o arrase que veu despois. ¿E na cara b? Pois na cara b estaba 'Even in his youth', que aínda me gustaba máis... ¿¿Quén non se acorda disto???
NIRVANA "Smells like teen spirit"
(DGC, 1991)
viernes, 9 de septiembre de 2016
Festa de PANTERA E IRIBARNE na Nave1839
Apuntade esta recomendación se ides a estar pola Coruña o 24 de setembro.
Festa de presentación do novo lanzamento de Pantera e Iribarne!! o 7'' dos míticos Radio Océano. Será na Nave 1839 dende as 20h. a un precio de risa.
En directo con Sr.Anido e Lamprea Explosiva, e uns convidados de luxo que seguro que xa vos imaxinaredes... Recomendadísimo!!
jueves, 8 de septiembre de 2016
Allah-Las "Calico Review"
Outro álbum máis antes da fin de semana.
O terceiro lp dos Allah-Las, que veñen máis ambiciosos ca nunca. "Calico Review" son doce novos temas que amplían rexistros, ou posibilidades, sen saírse do seu canon sixtie. Todo gravado nos estudios Valentine Recording Studio do norte de Hollywood, e suponse que coa mesma consola que empregaron os Beach Boys para o "Pet Sounds" do 66 tras moitos anos de abandono. Mañán sae a venta pero xa o podedes escoitar dende hai un par de semanas en diversas plataformas. Nesta ocasión as voces e as melodias impóñense de longo sobre a instrumentación, e aínda que de entrada os pes se irán són co pop de 'Could be you' ou '200 South La Brea', o resto do álbum segue che de matices, e pistas e os movementos impecables de 'High and Dry' ou os xiros de 'Roadside Memorial'. O resto, como antes, que xa é moito.
ALLAH-LAS "Calico Review"
(Mexican Summer, 2016)
Kula Shaker "K2.0"
Imos cun par de recomendacións antes da fin de semana.
De primeiro este álbum que levamos deixando atrás dende hai moito tempo. Había anos que perdéramos a pista ós Kula Shaker, pero co lanzamento do seu novo traballo en febreiro volvimos darlles unha oportunidade, pero aínda así custou volver a retomalo. Este "K2.0" é unha reivindicación de sí mesmos fronte a toda a ola de nova psychodelia destes anos, aínda que sempre me pareceron unha banda capaces de facturar auténticos temazos, pero sen embargo o formato LP se lle viña demasiado longo. Ahí está a súa historia de cinco álbumes en 20 anos, e todos máis ou menos regulares.
O novo álbum son once temas coa mesma pauta de sempre, psychodelia, guitarras resultonas, e boas melodías, que algunhas veces funcionan á perfección. Nesta ocasión 'Infinite Sun', 'Holy Flame', 'Let Love B', 'Oh Mary', ou 'Get Right Get Ready' son unha boa sucesión de temas que resumen ben todo o anterior.
Sempre se lles saca algo de proveito.
KULA SHAKER "K2.0"
(Strange F.O.L.K., 2016)
miércoles, 7 de septiembre de 2016
AVISO para o venres 16 set.
AVISO!!!
Por uns problemas de axenda, NON abriremos a noite do venres 16 de setembro.
Por uns problemas de axenda, NON abriremos a noite do venres 16 de setembro.
martes, 6 de septiembre de 2016
Ven.30: Trash!
E a seguinte semana voltaremos coa nosa serie Trash!!
Será o venres 30, para rematar o mes con cousas raras, ou menos habituais...
Sab.24: sesión Stoner (Ptooff! Vs X-Falcon)
Imos adiantando máis datas da nosa programación deste mes:
O Sábado 24 de setembro teremos sesión de Stoner, con Ptooff! e X-Falcon man a man na nosa cabina, tema a tema, de un en un. Combate total!!
lunes, 5 de septiembre de 2016
domingo, 4 de septiembre de 2016
The Gories "The Shaw Tapes: Live in Detroit 5/27/88"
Esta semana non vos recomendamos ningún álbum, así que ahí vai unha xoia a golpe de domingo. Sobre The Gories e o universo de Mick Collins xa temos escrito ducias de entradas neste blog e noutros medios nos que colaboramos. Pero sempre falta algo máis. Nesta fin de semana estivemos falando deste directo que recuperou Jack White a través do seu selo Third Man Records hai un par de anos. The Gories deixaron tres lps fantásticos, ducias de 7'' e splits e algunhas grabacións de estudio, pero faltaban rexistros do seu crú directo.
"The Shaw Tapes" son unhas grabacións realizadas por Jim Shaw en maio de 1988, antes de que os Gories se estrearan discográficamente co mítico "Houserockin".
Foron recollidas dun concerto nos baixos dun vello edificio abandoado, e o son, evidentemente responde ás circunstacias, pero sona de marabilla. Son catorce temas, con moitas versións dos 60s, The Stoics, The Nautiloids, do trío Holland-Dozier-Holland, e ata tres covers de Iggy Pop e The Stooges. Mick Collins, Dan Kroha e Peggy O’Neill en estado puro. Os pelos de punta!!!.
Foron recollidas dun concerto nos baixos dun vello edificio abandoado, e o son, evidentemente responde ás circunstacias, pero sona de marabilla. Son catorce temas, con moitas versións dos 60s, The Stoics, The Nautiloids, do trío Holland-Dozier-Holland, e ata tres covers de Iggy Pop e The Stooges. Mick Collins, Dan Kroha e Peggy O’Neill en estado puro. Os pelos de punta!!!.
THE GORIES "The Shaw Tapes. Live in Detroit 5/27/88"
(Third Man Records, 2013)
sábado, 3 de septiembre de 2016
Black Grooves! Vol.44
Aquí tedes algo máis de unha hora e quarto da sesión de onte mesmo da entrega especial de Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Metédelle volume!.
Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 2 set.2016)
faite co volume 44 das Black Grooves!!
viernes, 2 de septiembre de 2016
jueves, 1 de septiembre de 2016
Nick Cave & The Bad Seeds, documental "One More Time with Feeling"
A próxima semana estréase en todo o mundo o documental de Nick Cave & The Bad Seeds "One More Time with Feeling", coa dirección e guión de Andrew Dominik. Trata sobre o proceso de creación do seu inminente álbum "Skeleton Tree" que se lanza o día despois. Ganazas de escoitalo todo.
Poderemos velo na Sala Númax de Compostela o xoves 8 de setembro, en medio do programa do WOS Festival, no que tamén se proxectarán "Step Across the Border", un documental de 1990 sobre Fred Firth, e "B-Movie: Lust & Sound in West-Berlin 1979-1989" sobre a escena musical no Berlín Occidental na década dos 80s.
Recomendados todos... Mentres aquí tedes o trailer de "One More Time with Feeling":
[Revival] 1 set. 2007: debut de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE no Rif-Rock!!
Un pouco de Revival!!!
Houbo uns anos, entre o 206 e o 2008, nos que por problemas de axenda tivemos que aprazar as celebracións dos correspondentes aniversarios hacia agosto e setembro
No verán do 2007 o Rif-Rock cumpría 8 anos, e a nosa selección de música en directo para celebralo foi un auténtico luxo.
A primeira entrega foi a cargo da RIFROCKERZ BLUESBAND, o 24 de agosto, con Paco Charlín no baixo, Sito Suárez na guitarra e Piti González na batería, un trío que fixo historia no local durante moito tempo coas súas improvisacións de blues e funk.
A segunda data foi para unha nova banda que comezaba a súa andaina: LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE!! o 1 de setembro do 2007 foi o seu primeiro concerto no Rif-Rock (o seu segundo show en directo, tras estrearse a semana anterior na súa vila), e sería o primeiro de moitísimos máis.
E como sabíamos da importancia daquel concerto, encargámonos de editalles a súa primeira maqueta que regalamos a tódo-los asistentes daquela noite.
Un día para lembrar, que foi o comezo dunha enorme historia.
Un día para lembrar, que foi o comezo dunha enorme historia.
Non hai videos, pero aquí tedes a foto oficial daquela noite, hai xa nove anos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)