jueves, 22 de septiembre de 2016

Endless Boogie "Nothing for the Water"

Outro álbum que vos recomendamos esta semana.
O novo lanzamento dos Endless Boogie, un álbum de inéditos e rarezas, que xa é unha rareza en sí mesmo, dende a súa tirada mínima, ata a súa portada con dous delincuentes dos s.XIX.
Endless Boogie son unha banda de New York, que xa vos temos presentado neste blog, a medio camiño entre o blues e o southern rock dos ZZ Top ou Canned Heat, e o garage punk dos MC5 e The Stooges, con oito álbumes na súa carreira, tan capaces de de hipnotizar con temas fantásticos como de aburrir con algúns ladrillos terribles.
Este "Nothing for the Water" é unha selección de material inédito dos últimos doce anos, e sae cunha tirada limitadísima realizada para a súa xira europea, pero que podedes atopar na edición dixital.
Inclúe temas de estudio inéditos de diversas sesións do 2004 e 2005, coma 'Acknowledgements' que serve de presentación do álbum, 'Hispanic Minority' coa colaboración nas guitarras de Stephen Malkmus dos Pavement, ou 'Reconstruction' con Mike Fellows (dos Rites of Spring e Silver Jews), temas regrabados de novo no 2009, e varias pezas en directo de comezos deste ano coma o 'Rollin' & Tumblin' alongada ata os 15 minutos, e outros directos.
Moi recomendables desta vez.

ENDLESS BOOGIE "Nothing for the Water"
(Endless Water, 2016)



No hay comentarios: