miércoles, 21 de septiembre de 2016

The Out Crowd "Then I Saw the Holy City"

A recomendación de hoxe 
Imos cun álbum, e unha banda, que pasou bastante desapercibida no seu momento, e cos anos, e tra-la súa disolución foi gañando recoñecemento. 
The Out Crowd foi unha banda de rock e folk psychodélico montado por Matt Hollywood, máis coñecido por se-lo baixista dos Brian Jonestown Massacre, agás no período que abandonou a banda para formar esta historia. 
Pubicaron un EP e dous álbumes: "Go On, Give me a Damn" (Elephant Stone Records, 2003) e este "Then I Saw the Holy City" (Kora Records, 2004). Durante eses anos xiraron coma teloneiros dos BJM e dos Dandy Warhols, que produxeron os seus traballos, asunto que acrecentou a lenda da rivalidade entre as dúas bandas.
O seu son remite directamente ós traballos dos BJM, acústica, melodías e capas e capas de cordas. Este álbum foi un álbum moi ambicioso, con catorce temas, e algún interludio instrumental lento que alongaba demasiado o consunto, pero tamén con algunha concesión máis pop como 'Your Highness' ou 'Gets in the Way' que funcionaron de marabilla. 
Agora reedítase este álbum da man de Scotch Recordings, en doble vinilo (crema e chocolate), aínda que un pouco caro de momento.
Unha xoia recuperada, recomendado.

THE OUT CROWD "Then I Saw the Holy City"
(The Kora Records, 2004 / Scotch Recordings, 2016)




No hay comentarios: