Imos cun par de recomendacións antes da fin de semana.
De primeiro este álbum que levamos deixando atrás dende hai moito tempo. Había anos que perdéramos a pista ós Kula Shaker, pero co lanzamento do seu novo traballo en febreiro volvimos darlles unha oportunidade, pero aínda así custou volver a retomalo. Este "K2.0" é unha reivindicación de sí mesmos fronte a toda a ola de nova psychodelia destes anos, aínda que sempre me pareceron unha banda capaces de facturar auténticos temazos, pero sen embargo o formato LP se lle viña demasiado longo. Ahí está a súa historia de cinco álbumes en 20 anos, e todos máis ou menos regulares.
O novo álbum son once temas coa mesma pauta de sempre, psychodelia, guitarras resultonas, e boas melodías, que algunhas veces funcionan á perfección. Nesta ocasión 'Infinite Sun', 'Holy Flame', 'Let Love B', 'Oh Mary', ou 'Get Right Get Ready' son unha boa sucesión de temas que resumen ben todo o anterior.
Sempre se lles saca algo de proveito.
KULA SHAKER "K2.0"
(Strange F.O.L.K., 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario