domingo, 4 de septiembre de 2016

The Gories "The Shaw Tapes: Live in Detroit 5/27/88"

Esta semana non vos recomendamos ningún álbum, así que ahí vai unha xoia a golpe de domingo. Sobre The Gories e o universo de Mick Collins xa temos escrito ducias de entradas neste blog e noutros medios nos que colaboramos. Pero sempre falta algo máis. Nesta fin de semana estivemos falando deste directo que recuperou Jack White a través do seu selo Third Man Records hai un par de anos. The Gories deixaron tres lps fantásticos, ducias de 7'' e splits e algunhas grabacións de estudio, pero faltaban rexistros do seu crú directo.
"The Shaw Tapes" son unhas grabacións realizadas por Jim Shaw en maio de 1988, antes de que os Gories se estrearan discográficamente co mítico "Houserockin". 
Foron recollidas dun concerto nos baixos dun vello edificio abandoado, e o son, evidentemente responde ás circunstacias, pero sona de marabilla. Son catorce temas, con moitas versións dos 60s, The Stoics, The Nautiloids, do trío Holland-Dozier-Holland, e ata tres covers de Iggy Pop e The Stooges. Mick Collins, Dan Kroha e Peggy O’Neill en estado puro. Os pelos de punta!!!.

THE GORIES "The Shaw Tapes. Live in Detroit 5/27/88"
(Third Man Records, 2013)



No hay comentarios: