miércoles, 31 de octubre de 2018

Death Valley Girls "Darkness Rains"

As Death Valley Girls están de volta con máis enerxía.
"Darkness Rains" é xa o seu terceiro álbum, e seguen coa súa fórmula de rock contundente, xogos psicodélicos, rítmica post-punk e boas melodías cos seus xogos de voces habituais. De mostra 'More dead', o cañonazo de 'Before I die' (igual demasiado pub rock para estes tempos), 'Disaster' (co seu videoclip que protagoniza Iggy Pop), e sobre todo a estupenda 'Wear Black'.

DEATH VALLEY GIRLS "Darkness Rains"
(Suicide Squeeze, 2018)



Chiquita y Chatarra 'Bajo el Sol'

Tremendo clip que veñen de presentar as Chiquita y Chatarra, co tema 'Bajo el Sol' que abre o seu último álbum "Ojos de Mirada" (Flexidiscos, 2018). 
A realización a cargo de Soviet, e baixo a dirección de Ander Manero.
Un tema fantástico que serve para denunciar o maltrato animal cun dos exemplos máis extremos. De visión obligada.



martes, 30 de octubre de 2018

Cured

Máis libros.
Esta semana ven de publicarse a edición en castelán do libro "Cured", de Laurence Tolhurst, fundador dos Cure xunto con Robert Smith, a modo de memoria da banda. Foi lanzado orixinalmente no 2016 co precioso subtítulo The Tale of Two Imaginary Boys, e agora chega da man de Malpaso Ediciones.
Atoparedes un entretido artigo de presentación na web de El Mundo.
Nós seguro que nos facemos con el.

LAURENCE 'LOL' TOLHURST "Cured"
(Malpaso Ediciones, 2018)


Así o presentan na web de Malpaso:
Siendo como fueron dos de los primeros punks en la muy inglesa y provinciana ciudad de Crawley, Lol Tolhurst y Robert Smith no lo tuvieron fácil. Por su condición de forasteros, la suya fue una amistad basada inicialmente en la proximidad y en su compartida pasión por la música, pero concretamente por el punk que hervía en Londres y por otras iniciativas artísticas que entroncaban con ese movimiento rupturista. Atendiendo al principio al nombre de The Easy Cure, comenzaron a tocar en pubs y pronto desarrollaron un estilo y enfoque propios para componer canciones, que cristalizarían, con el tiempo, en temas atemporales que despertaron un profundo sentido de identificación y empatía en los oyentes.

Ty Segall "Fudge Sandwich"

Xa está na rúa o novo traballo de Ty Segall, e xa van catro este ano con diferentes marcas. Como vos nos adiantaban en setembro, "Fudge Sandwich" trátase dun álbum de versións. Son 11 temas nos que versiona tódo-los xeneros posibles: funk, folk ou kraut rock. Ahí tedes temas de Neil Young, Funkadelic, Spencer Davis Group, Grateful Dead ou Amon Düül II.
Nada novo, pero sempre interesante.

TY SEGALL "Fudge Sandwich"
(In the Red Recordings, 2018)



lunes, 29 de octubre de 2018

este sábado: The Gypsy Souls en directo

THE GYPSY SOULS
Sábado 3 novembro
en directo 23:30h.

Esta semana voltamos coa música en directo.
Xa tiñamos gañas de ter no local ó novo proxecto de Andrea Area e David Falcón. Puro talento e a mellor voz negra da comarca: funk, soul e rhytyhm’n’blues. The Gypsy Souls, non vo-lo perdades!

Funtastic Dracula Carnival 2018

Unha recomendación que vos facemos tódo-los anos, aínda que coma sempre, a estas alturas xa non hai entradas: a XIII edición do Funtastic Dracula Carnival.
Nesta edición con Peter 'Count' Zaremba acompañado polos chalados de Munjitas del Fuzz, os xeniais Archie & The Bunkers, as Red Aunts, e de cabeza de cartel King Khan cos Shrines, e os insuperables Radio Birdman.


viernes, 26 de octubre de 2018

Richard King "Freak Scene"

Nestes días a editorial Contra lanza en castelán o recoñecido ensaio de Richard King sobre a música independente británica, publicado orixinalmente coma "How soon is now?. The Madmen and Mavericks who made Independent Music, 1975-2005" (Faber & Faber, 2012). Na vez do tema dos Smiths, aquí leva por cabeceira un dos Dinosaur Jr, pero iso xa responde a cuestións legais: "Freak Scene. Los chalados e inconformistas que crearon la música independiente, 1975-2005".
Richard King fundou a comezos dos 90s o selo Planet Records, adicado a lanzar ás bandas máis alternativas de post hardcore e post rock do entorno de Bristol, e pouco despois comezou a traballar para Domino Records. Anos despois decideu comezar a redactar a historia dos principais selos independentes de UK que dende finais dos 70s reinventaron a música, con énfase nas persoaxes que estaban á súa fronte. 
Unha perspectiva ben orixinal....

Richard King "Freak Scene. Los chalados e inconformistas 
que crearon la música independiente, 1975-2005"
(Editorial Contra, 2018)



Así o presentan na web da Editorial Contra:
Tras un proceso de documentación de dos años y entrevistas con los principales actores de la escena, Richard King ha compuesto uno de los ensayos de la literatura musical más vibrantes de los últimos tiempos. Freak Scene documenta la fascinante historia de los sellos independientes de la música pop y rock británica, desde 1975 a 2005.Tras el advenimiento del punk y su consigna del «do it yourself» como reacción a la práctica habitual en la industria musical, donde el acceso a los medios de producción estaba reservado a la élite, una generación de jóvenes británicos se imbuyó de este espíritu iconoclasta y radical, y sin apenas conocimientos de economía o de marketing, y sin ningún sentido empresarial, se embarcó en la creación de algunos de los sellos que marcarían el rumbo creativo de la música pop. Fundados en dormitorios, garajes o buhardillas, surgieron proyectos como Factory, Rough Trade, Mute, Postcard, Beggars Banquet, 4AD, Creation, Blast First, Warp o Domino, que reinventaron el panorama musical. Nacía así la música«indie» o «alternativa», con bandas como Orange Juice, New Order, Depeche Mode, The Smiths, Cocteau Twins, Happy Mondays, Sonic Youth, Primal Scream, My Bloody Valentine, Teenage Fanclub, The White Stripes, Franz Ferdinand o Arctic Monkeys, entre otras muchas.Freak Scene cuenta la historia de estos sellos independientes y sus exaltados promotores, que, partiendo del amateurismo más apasionado, generaron, sin buscarlo, una de las experiencias más fértiles y exitosas de la industria cultural de la segunda mitad del siglo xx. Es también el relato de su fracaso comercial, pues casi todas estas discográficas acabaron muriendo de éxito, o sucumbiendo a la atracción del abismo del rock and roll y sus excesos.

jueves, 25 de octubre de 2018

Lamprea Explosiva "Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"

Novo traballo dos Lamprea Explosiva.
"Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando" é un cassette editado por Caracol Negro con dez novos trallazos hardcore punk en oito minutos e medio que pasan voando. 
En tan pouco tampo teñen tempo a deixarnos melodías, ritmo e unhas letras descacharrantes, e coma sempre, cheas de verdades coma puños.
Dende o punk clásico de 'Fento' (a única que pasa do minuto) ou 'Vellos podridos', pezas melódicas e tan completas coma 'Xente Bonita', unha mostra de todo o que poden facer ne 43 segundos, a rítmica de 'Caracol', os cambios continuos de 'NBP', ou todo o que colle en 'Polo dereito á autodeterminación de toda a xente do planeta terra e contra o imperialismo e a globalización que exterminan a cultura e a identidade propia de milleiros de persoas', máis longo de ler que todo o que dura o cassette.
Polo momento dispoñible no seu bandcamp, e moi pronto en formato físico nos seus concertos.

LAMPREA EXPLOSIVA 
"Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"
(Caracol Negro, 2018)




miércoles, 24 de octubre de 2018

3 nov: THE GYPSY SOULS en directo

Lembramos a próxima data coa música en directo.
Sábado 3 de novembro: The Gypsy Souls en concerto. 
Outra ocasión para desfrutar do novo proxecto de Andrea Area e David Falcón.
Non vo-lo perdades.
*A fotaza do poster de María Carrera.

martes, 23 de octubre de 2018

GFFF#01

Este fin de semana celébrase unha nova edición do GFFF de Vigo, o Galician Freaky Film Festival de Vigo, promovido polo colectivo Reencanto Produccións para reivindicar o freakismo e visibilizar a cultura galega cinematográfica máis undeground dende os anos 80.
Unha nova edición (a do ano pasado foi a #0) que contará coa proxección de filmes, concertos e performances en diferentes espacios, entre 25 e 27 deste mes.
Tedes toda a info na páxina do GFFF.


lunes, 22 de octubre de 2018

Sonic Youth "Daydream Nation"

A semana pasada cumpríanse 30 anos do lanzamento do "Daydream Nation" dos Sonic Youth. É posible que se trate do álbum máis importante que escoitaredes na vosa vida, e se aínda non o fixéchedes tedes un serio problema.
Os Sonic Youth nunca foron unha banda de masas, pero en poucos discos conseguiron o recoñecemento de crítica e público ata convertirse no grupo máis importante e influínte dos últimos 40 anos, e "Daydream Nation" foi a peza clave nese proceso. 

SONIC YOUTH "Daydream Nation"
(Enigma Records / Blast First, 1988)


"Daydream Nation" foi o seu álbum máis ambicioso, mantendo o pulso entre o noise e o avant-rock, echagándose a formatos de rock máis convencionais e chegando a fabricar auténticos himnos xeracionais, como 'Eric's Trip', 'Hei Joni' e sobre todo o éxito de 'Teenage Riot'. Outras pezas coma 'Kissability', 'Cross the Breeze' ou 'The Sprawl' foron conformando todo o universo da música alternativa que veu despois, mesturando as melodías pop con abrasión pura, igual que os desenrolos de 'Candle', os 7 minutos de rítmica punk de 'Total Trash' ou o cañonazo de 'Silver Rocket'. Para rematar, a tremenda suite 'Trilogy: A) The Wonder, B) Hyperstation, Z) Eliminator Jr.' para deixar a todos sen folgos. 

Non todo ía ser harmonía e aperturismo, os singles escollidos foron 'Teenage Riot', a modo de ep, con outros catro temas do álbum, e o 7'' de 'Provindence', o corte maís breve do álbum que é únicamente unha experimentación sonora, en stereo na cara a, e en sonido mono na b, por se alguén atopa a diferencia, xeniais! En canto á cuberta do álbum, tamén rompe coa estética DIY anterior. Está deseñada sobre obras do pintor fotorrealista Gerhard Richter, coa peza Kerze na portada.

Este álbum convirteu para sempre aos Sonic Youth na banda de referencia dunha época, dunha xeración e dunha forma de entender o mundo. O éxito non foi inmediato, pero chegou. Paradóxicamente o selo Enigma daba en quebra ao tempo que chegaba o recoñecemento do álbum, e o éxito valeulles para firmar coa potente compañía de David Geffen, donde puideron firmar a outros artistas da época, e na que continuaron publicando os seus discos de estudio ata a disolución da banda.
Habitualmente está considerado coma o mellor álbum da década dos 80s, e un dos top da historia. Un imprescindible que cumpre 30 anos!


domingo, 21 de octubre de 2018

Arctic Monkeys, curta "Warp Speed ​​Chic"

Os Arctic Monkeys lanzaron esta semana pasada novo material audiovisual. 
Trátase de "Warp Speed Chic", unha curta documental realizada por Ben Chappell. O material foi recollido a finais do ano pasado, durante as sesións de gravación do seu último álbum "Tranquility Base Hotel & Casino" (Domino Recordings, 2018) e varias datas en directo en Francia. 
Ademáis sirve como promo de adianto do seu novo 7'', que inclúe o tema que da título ao álbum e 'Anyways' na cara b. 
O álbum aínda non o acabamos de dixerir logo de tantos meses, pero esta peza é bastante interesante.



viernes, 19 de octubre de 2018

The Fadeawyas "Transworld 60´s Punk Nuggets"

Imos con un pouco de tralla antes do fin de semana.
Os xaponeses The Fadeaways levan anos sendo unha das bandas máis salvaxes de garage punk trash do planeta. Tras varios álbumes con material propio (imprescindible o "Teenage Hitsville!!!" do 2016) , desta vez presentan un álbum coas versións dos seus temas favoritos que habitualmente tocan nos seus directos: "Transworld 60's Punk Nuggets". Ahí están os Pretty Things, The Chob, The Easybeats, The Mops ou The Bunnys.
Temazos de sempre descontrolados ao máximo volume.


THE FADEAWYAS "Transworld 60´s Punk Nuggets"
(Soundflat Records, 2018)




jueves, 18 de octubre de 2018

Kamasi Washington 'Hub-Tones'

Novo clip de Kamasi Washington. 'Hub-Tones' pertence ao seu xigantesco álbum "Heaven and Earth" (Young Turks Recordings, 2018). 
Videoclip hipnótico dirixido por Jenn Nkiru.



The Tibbs 'Wild Way'

O debut dos holandeses The Tibbs xa nos deixou abraiados no 2016, daquela xa vos recomendamos o seu "Takin' Over" entre os mellores álbumes do ano (ver entrada). Unha banda máis que solvente de soul e rhythm'n'blues ao servicio da espectacular voz de Elsa Bekman. Mentres agardamos pola seguinte entrega, ao fin temos a oportunidade de velos en directo, mañan mesmo no Outono.
Aquí vos deixamos o video de 'Wild Way' en directo no Exotique Festival do 2016.



Outono Codax Festival: The Tibbs + Rad Trads

Este venres (19 out) comeza unha nova edición do Outono Codax Festival cunha xornada ben completa. 
Arranca en sesión matinal co surf dos The Manueles no patio do Porta Faxeira, e dende as 20:30h. na Sala Capitol con The Rad Trads e os fantásticos The TIBBS coa tremenda Elsa Bekman como vocalista. 
Xa non quedan abonos a precio reducido (estabades avisados), pero aínda os podedes conseguir a un precio de escándalo para os catro concertos desta edición.
Programación completa aquí.
Toda a info na web do Outono.


miércoles, 17 de octubre de 2018

Prenom Arquivo

Hoxe recomendámosvos unha interesante iniciativa que están a desenrolar dende a productora Prenom. Ademáis da súa actividade editora e a produción de video clips, nos últimos meses crearon o PRENOM Arquivo, unha canle de youtube na que recuperan rexistros audiovisuais de todo tipo relacionado coa escea galega. Polo momento subiron 8 pezas, entre as que podedes atopar fragmentos do primeiro concerto dos Telephones Rouges no 2007, ou pezas máis recentens dos Zara, Esposa e Oh Ayatolah, ou a Rafa Anido estreando un farfisa recuperado nun vella tenda. Material máis que interesante.
Deixámosvos co rexistro dos Telephones Rouges:



martes, 16 de octubre de 2018

The Sure Fire Soul Ensemble "Jeannie's Get Down..."

Máis 7''. Hoxe con un pouco de ritmo.
The Sure Fire Soul Ensemble é unha formación de San Diego, California, e a súa proposta abarca case tódo-los paus da música negra en clave instrumental, soul funk, acid jazz e influencias de xigantes africanos. Este single é un auténtico cañonazo do 2016, na cara A a explosiva 'Jennie's Getdown' tema que aparecía no seu segundo álbum "Out on the Coast" do 2016, e na cara B a versión dun clasicazo dos míticos The Meters, 'A Message from the Meters', orixinal dos de New Orleans de 1974. Single máis que recomendable.

THE SURE FIRE SOUL ENSEMBLE 
"Jeannie's Get Down b/w A Message From The Meters"
(Colemine Records, 2016)



lunes, 15 de octubre de 2018

documental "In the Middle of Norway"

Hai moitos anos que lles perdimos a pista a La Habitación Roja, pero o documental sobre a vida menos coñecida do seu cantante Jorge Martí, está a ser unha das pezas audiovisuais máis recomendadas da tempada. "In the Middel of Norway", narra a súa historia sempre a cabalo de España e Noruega, con dúas vidas moi diferentes. 
Teaser e presentación na web do festival In-Edit.

"In the Middel of Norway".
Esp, Bungard Film, 2018.
dir: Mia P. Salazar.



viernes, 12 de octubre de 2018

Mudhoney "Digital Garbage"

Os Mudhoney acaban de cumprir 30 anos de carreira. Son unha das nosas bandas de cabeceira dende sempre, e posiblemente xunto cos Melvins os únicos que sobreviven dignamente daquela explosión de Seattle. 
Había xa cinco anos que non nos deixaban material novo de estudio, pero aquí está "Digital Garbage" recén saído a semana pasada. Nos últimos meses xa nos adiantaran os temas 'Paranoid Core' e 'Kill yourself live', dúas pezas da súa variedade estilística que xa nos deixaban intuir por onde ían desta vez. 
"Digital Garbage" son 11 novos temas co seu son habitual e o protagonismo da guitarra de Steve Turner e a peculiar voz de Mark Arm, sempre coas letras ácidas, críticas mordaces e divertidas sobre calquer asunto, pero que desta vez nos entregan o disco máis política e socialmente comprometido da súa carreira, con referencias continuas aos sucesos máis recentes nos USA e críticas a un sistema hipócrita. No musical todo recoñecible, dende os temas máis rítmicos de inspiración retro como a propia 'Kill yourself live', as contundentes 'Nerve Attack' ou 'Hey Neanderfuck', os desenrolos e cambios de ritmo de 'Night and Fog', a saltarina '21st Century Pharisees', ou pezas máis afiadas como 'Prosperity Gospel'. Non será dos álbumes cos que pasen á historia, pero está claro que nunca nos aburriremos con esta xente.

MUDHONEY "Digital Garbage"
(Sub Pop, 2018)



próximas datas

Imos recuperando a actividade pouco a pouco.
Aquí tedes ás próximas datas:
. Sábado 13 out: Trash!
· Sábado 20 out: ESCALENUX.
· Sábado 3 nov: THE GYPSY SOULS en directo



jueves, 11 de octubre de 2018

3 nov: THE GYPSY SOULS en directo

Xa temos data para a próxima cita coa música en directo, será o 3 de novembro, con The Gypsy Souls en concerto. Outra ocasión para desfrutar do novo proxecto de Andrea Area e David Falcón  Non vo-lo perdades.


Sáb.20: Escalenux


miércoles, 10 de octubre de 2018

Sáb.13: Trash


Los Wavy Gravies en Madrid

Recomendación para os que vaiades a estar de ponte festiva en Madrid.
O sábado 13 de outubro están Los Wavy Gravies en directo na sala Fun House presentando o seu álbum "Kings of the Underground", e acompañados polos Braindrops. O cartelazo é obra do amigo Rubén Suárez.
Se o tedes a man , non vo-lo perdades!



"25 anos despois", documental de Teatro Caracol

Este venres estréase o documental "25 anos despois", que recolle a traxectoria de Teatro Caracol. Este venres (12 out.) no Auditorio de A Xuventude, ás 20h.
Botádelle un ollo á entrevista en La Voz de Galicia/Arousa do sábado pasado.


martes, 9 de octubre de 2018

"Galcian Bizarre 3", quedan 13 días de campaña

Segue en marcha a campaña de crowdfunding para a edición de recopilatorio "Galician Bizarre 3". Quedan 13 días e o obxectivo está preto, pero aínda faltan máis aportacións. 
Tedes moitos xeitos de colaborar con esta iniciativa, reservando a vosa copia por adiantado ou participando de outras moitas recompensas para os mecenas, calquer achega é importante.

Campaña de GB en Verkami.


Lucky Brown & The SG's "Mesquite Suite"

Máis recomendacións que nos chegan dende WillWork4Funk.
Hoxe recomendámosvos unha referencia recén saída no selo xermano Tramp Records, o novo álbum de Lucky Brown acompañado por The SG's.
"Mesquite Suite" é o cuarto álbum deste altar ego de Joel Ricci, no que segue a súa exploración das músicas negras do mundo. Nesta ocasión co jazz e funk como bases imprescindibles sobre as que recrear os sons retro do soul jazz e o hard bop de mediados dos 60s, pero sobre todo para achegarse a composicións de influencia africana, con partes de repetición das estruturas do afrobeat de Fela Kuti, pero principalmente polas melodías do son etíope creado polo xigante Mulutu Astatke.
O álbum abre con 'Lone Heart' unha peza que nos leva a todo o anterior pero cunha base de soul jazz con acertados fraseos de blues. Os temas máis influenciados polo ethiojazz son 'Taterbug', 'Mother Corn Stalk' ou 'Justice', pero tamén na xenial 'Mesquite Beat' na que mestura a potencia rítmica do funk más enérxico a baixa velocidade. Ademáis atopamos pezas de jazz que reúnen múltiples influencias dende correntes clásicas ata as tendencias máis recentes, coma no fantástico exercicio de 'Longhorn Waltzcha', achegas ao jazz criollo en 'Saints and Beggars', ou a introducción de influencias latinas de 'Las Estrellas de la Tierra'.
Un álbum que non poderedes deixar de escoitar de corrido, unha xoia fora de lugar que nos deixou sorprendidos, no que máis aló das refencias sonoras máis evidentes, é ademáis unha proposta de psicodélia de principio a fin. Sen dúbida do máis orixinal que levamos escoitado este ano.

Mesquite Suite no bandcamp.
WillWork4Funk.

LUCKY BROWN & THE S.G.'s "Mesquite Suite"
(Tramp Tapes, 2018)



lunes, 8 de octubre de 2018

Documental "The Lonesome Crowded West"

Onte tivemos uns deses flashes de revival ao atoparnos na canle de Pitchfork TV a recuperación do documental que fixeran en torno ao álbum "The Lonesome Crowded West" dos Modest Mouse.
O documental foi realizado no 2013 por RJ Bentler, e reúne material dos anos 1996 e 1997, das sesións de gravación e da xira de presentación do álbum, entrevistas e contextualización na época final daquela época do rock alternativo. 
Unha maravilla de hai 20 anos. 

Ver en Pitchfork TV.


domingo, 7 de octubre de 2018

Novo clip de Basanta

Os vigueses Basanta lanzaron novo videoclip a semana pasada.
O tema é 'Gris', un dos mellores temas do seu álbum "Colorama", e o clip é outra peza fantástica dirixida por Xaime Miranda, no que percorren moitos dos lugares máxicos da tradición galega.


viernes, 5 de octubre de 2018

The New Mastersounds "Renewable Energy"

Máis álbumes nesta semana. Imos agora con outra recomendación que nos envían dende WillWork4Funk.
The New Mastersounds son un cuarteto británico, moi habituais nas nosas sesións e unha das bandas referentes no jazz-funk. Nos seus case 20 anos de traxectoria, levan publcados xa 15 álbumes, directos incluídos, e máis de 30 singles e eps, habitualmente colaborando con outros artistas.
"Renewable Energy" é o seu décimo segundo álbum de estudio, e como seu título indica veñen coa enerxías ben renovadas.
O álbum foi gravado en dúas sesións durante o pasado, en New Orleans e Denver, nas que contaron tamén coa colaboración do percusionista Sam Bell, antigo membro da banda, e os habituais Mike Olmos e Joe Cohen dos West Coast Horns coma en anteriores entregas. Ademáis sumouse a cantante Adryon de León (actualmente en Orgone) para o único tema vogal do álbum: 'Gonna be just me'.
Un dos seus mellores traballos, sen dúbida o máis centrado, e coas variantes precisas para ser un álbum ben completo.
'Pudding & Pie' oscila entre o modal e o groovie jazz volvendo unha e outra vez á melodía orixinal. Destacamos as evolucións de 'Living that Jazz life', ou a rítmica de 'Tantalus' e 'Groovin' on the Groomers', dúas pezas perfectas para o baile con diferentes plantexamentos, ou a potencia de 'Funk 49', cover dos James Gang que mantén as bases do rock psicodélico. Pero sen dúbida o mellor do álbum é o espectacular desenrolo de 'Stash', que nos lembran ás mellores composicións  de Herbie Hancock ou Lalo Schifrin, que continúa con esa potencia de baixo en 'Hip City'. A despedida para 'Swinging with my fishies', coas tonadas máis suaves de todo o álbum.
Por álbumes coma este son unha auténtica referencia no xénero.

THE NEW MASTERSOUNDS "Renewable Energy"
(One Note Records, 2018)



jueves, 4 de octubre de 2018

J Mascis 'See you at the movies'

Adianto de J Mascis, que volver aparcar aos Dinosaur Jr por unha tempada para retoma-lo seu proxecto en solitario. 'See you at the movies' é o primeiro tema que nos amosa do seu seguinte álbum, "Elastic Days", con saída prevista para comezos de novembro da man de Sub Pop.


miércoles, 3 de octubre de 2018

Black Joe Lewis "The difference between me and you"

Outra entrega de Black Joe Lewis, tan ecléctico coma sempre, e ta o momento sempre acertado.
"The Difference Between Me And You" é o cuarto álbum xunto cos The Honeybears, e segue a mesma fórmula de sempre: rock afiado, blues enérxico e melodías soul, ás veces todo mesturado pero habitualmente por separado e ben secuenciados.
Proba delo nesta entrega vos recomendamos as melodías de 'Culture Vulture', o blues 'Nothing but a cliché', a potencia de 'Some Conversations You Just Don't Need to Have', ou a fantástica 'Do yourself in' na onda de Curtis Harding.
Ata o momento nunca falla.

Black Joe Lewis & The Honeybears "The Difference Between Me And You"
(Black Joe Lewis LLC, 2018)



martes, 2 de octubre de 2018

Ebbot Lundberg "The Immaculate Concept Album"

Nestas semanas nos fixemos cun dos álbumes que levábamos buscando nos últimos anos. Falamos do "The Immaculate Concept Album" de Ebbot Lundberg, o que fora contante dos Union Carbide Productions e The Soundtrack of Our Lives. Dende a disolución dos últimos comezou un proxecto en solitario, acompañado por The Indigo Children, ademáis de retormar a actividade cos UCP nos últimos tempos. En 2015 o selo vasco Bang! Records publicou este álbum dobre, no que se recollen os primeiros singles tra-la disolución dos TSOOL, e un segundo vinilo coas demos, a maioría en versión acústica de temas dos últimos tempos, tanto dos seus últimos traballos coma dos últimos lanzamentos cos Soundtrack of Our Lives. unha marvavilla que xa podemos tachar da lista...

EBBOT LUNDBERG "The Immaculate Concept Album"
(Bang! Records, 2015)