Máis recomendacións que nos chegan dende WillWork4Funk.
Hoxe recomendámosvos unha referencia recén saída no selo xermano Tramp Records, o novo álbum de Lucky Brown acompañado por The SG's.
"Mesquite Suite" é o cuarto álbum deste altar ego de Joel Ricci, no que segue a súa exploración das músicas negras do mundo. Nesta ocasión co jazz e funk como bases imprescindibles sobre as que recrear os sons retro do soul jazz e o hard bop de mediados dos 60s, pero sobre todo para achegarse a composicións de influencia africana, con partes de repetición das estruturas do afrobeat de Fela Kuti, pero principalmente polas melodías do son etíope creado polo xigante Mulutu Astatke.
O álbum abre con 'Lone Heart' unha peza que nos leva a todo o anterior pero cunha base de soul jazz con acertados fraseos de blues. Os temas máis influenciados polo ethiojazz son 'Taterbug', 'Mother Corn Stalk' ou 'Justice', pero tamén na xenial 'Mesquite Beat' na que mestura a potencia rítmica do funk más enérxico a baixa velocidade. Ademáis atopamos pezas de jazz que reúnen múltiples influencias dende correntes clásicas ata as tendencias máis recentes, coma no fantástico exercicio de 'Longhorn Waltzcha', achegas ao jazz criollo en 'Saints and Beggars', ou a introducción de influencias latinas de 'Las Estrellas de la Tierra'.
Un álbum que non poderedes deixar de escoitar de corrido, unha xoia fora de lugar que nos deixou sorprendidos, no que máis aló das refencias sonoras máis evidentes, é ademáis unha proposta de psicodélia de principio a fin. Sen dúbida do máis orixinal que levamos escoitado este ano.
WillWork4Funk.
LUCKY BROWN & THE S.G.'s "Mesquite Suite"
(Tramp Tapes, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario