viernes, 5 de octubre de 2018

The New Mastersounds "Renewable Energy"

Máis álbumes nesta semana. Imos agora con outra recomendación que nos envían dende WillWork4Funk.
The New Mastersounds son un cuarteto británico, moi habituais nas nosas sesións e unha das bandas referentes no jazz-funk. Nos seus case 20 anos de traxectoria, levan publcados xa 15 álbumes, directos incluídos, e máis de 30 singles e eps, habitualmente colaborando con outros artistas.
"Renewable Energy" é o seu décimo segundo álbum de estudio, e como seu título indica veñen coa enerxías ben renovadas.
O álbum foi gravado en dúas sesións durante o pasado, en New Orleans e Denver, nas que contaron tamén coa colaboración do percusionista Sam Bell, antigo membro da banda, e os habituais Mike Olmos e Joe Cohen dos West Coast Horns coma en anteriores entregas. Ademáis sumouse a cantante Adryon de León (actualmente en Orgone) para o único tema vogal do álbum: 'Gonna be just me'.
Un dos seus mellores traballos, sen dúbida o máis centrado, e coas variantes precisas para ser un álbum ben completo.
'Pudding & Pie' oscila entre o modal e o groovie jazz volvendo unha e outra vez á melodía orixinal. Destacamos as evolucións de 'Living that Jazz life', ou a rítmica de 'Tantalus' e 'Groovin' on the Groomers', dúas pezas perfectas para o baile con diferentes plantexamentos, ou a potencia de 'Funk 49', cover dos James Gang que mantén as bases do rock psicodélico. Pero sen dúbida o mellor do álbum é o espectacular desenrolo de 'Stash', que nos lembran ás mellores composicións  de Herbie Hancock ou Lalo Schifrin, que continúa con esa potencia de baixo en 'Hip City'. A despedida para 'Swinging with my fishies', coas tonadas máis suaves de todo o álbum.
Por álbumes coma este son unha auténtica referencia no xénero.

THE NEW MASTERSOUNDS "Renewable Energy"
(One Note Records, 2018)



No hay comentarios: