lunes, 22 de octubre de 2018

Sonic Youth "Daydream Nation"

A semana pasada cumpríanse 30 anos do lanzamento do "Daydream Nation" dos Sonic Youth. É posible que se trate do álbum máis importante que escoitaredes na vosa vida, e se aínda non o fixéchedes tedes un serio problema.
Os Sonic Youth nunca foron unha banda de masas, pero en poucos discos conseguiron o recoñecemento de crítica e público ata convertirse no grupo máis importante e influínte dos últimos 40 anos, e "Daydream Nation" foi a peza clave nese proceso. 

SONIC YOUTH "Daydream Nation"
(Enigma Records / Blast First, 1988)


"Daydream Nation" foi o seu álbum máis ambicioso, mantendo o pulso entre o noise e o avant-rock, echagándose a formatos de rock máis convencionais e chegando a fabricar auténticos himnos xeracionais, como 'Eric's Trip', 'Hei Joni' e sobre todo o éxito de 'Teenage Riot'. Outras pezas coma 'Kissability', 'Cross the Breeze' ou 'The Sprawl' foron conformando todo o universo da música alternativa que veu despois, mesturando as melodías pop con abrasión pura, igual que os desenrolos de 'Candle', os 7 minutos de rítmica punk de 'Total Trash' ou o cañonazo de 'Silver Rocket'. Para rematar, a tremenda suite 'Trilogy: A) The Wonder, B) Hyperstation, Z) Eliminator Jr.' para deixar a todos sen folgos. 

Non todo ía ser harmonía e aperturismo, os singles escollidos foron 'Teenage Riot', a modo de ep, con outros catro temas do álbum, e o 7'' de 'Provindence', o corte maís breve do álbum que é únicamente unha experimentación sonora, en stereo na cara a, e en sonido mono na b, por se alguén atopa a diferencia, xeniais! En canto á cuberta do álbum, tamén rompe coa estética DIY anterior. Está deseñada sobre obras do pintor fotorrealista Gerhard Richter, coa peza Kerze na portada.

Este álbum convirteu para sempre aos Sonic Youth na banda de referencia dunha época, dunha xeración e dunha forma de entender o mundo. O éxito non foi inmediato, pero chegou. Paradóxicamente o selo Enigma daba en quebra ao tempo que chegaba o recoñecemento do álbum, e o éxito valeulles para firmar coa potente compañía de David Geffen, donde puideron firmar a outros artistas da época, e na que continuaron publicando os seus discos de estudio ata a disolución da banda.
Habitualmente está considerado coma o mellor álbum da década dos 80s, e un dos top da historia. Un imprescindible que cumpre 30 anos!


No hay comentarios: