viernes, 12 de octubre de 2018

Mudhoney "Digital Garbage"

Os Mudhoney acaban de cumprir 30 anos de carreira. Son unha das nosas bandas de cabeceira dende sempre, e posiblemente xunto cos Melvins os únicos que sobreviven dignamente daquela explosión de Seattle. 
Había xa cinco anos que non nos deixaban material novo de estudio, pero aquí está "Digital Garbage" recén saído a semana pasada. Nos últimos meses xa nos adiantaran os temas 'Paranoid Core' e 'Kill yourself live', dúas pezas da súa variedade estilística que xa nos deixaban intuir por onde ían desta vez. 
"Digital Garbage" son 11 novos temas co seu son habitual e o protagonismo da guitarra de Steve Turner e a peculiar voz de Mark Arm, sempre coas letras ácidas, críticas mordaces e divertidas sobre calquer asunto, pero que desta vez nos entregan o disco máis política e socialmente comprometido da súa carreira, con referencias continuas aos sucesos máis recentes nos USA e críticas a un sistema hipócrita. No musical todo recoñecible, dende os temas máis rítmicos de inspiración retro como a propia 'Kill yourself live', as contundentes 'Nerve Attack' ou 'Hey Neanderfuck', os desenrolos e cambios de ritmo de 'Night and Fog', a saltarina '21st Century Pharisees', ou pezas máis afiadas como 'Prosperity Gospel'. Non será dos álbumes cos que pasen á historia, pero está claro que nunca nos aburriremos con esta xente.

MUDHONEY "Digital Garbage"
(Sub Pop, 2018)



No hay comentarios: