viernes, 30 de abril de 2010

Hoxe Psychedelic Munstapha.

Hoxe Venres 30 abril
PSYCHEDELIC MUNSTAPHÀ
"Fuzzy Raw & Psychedelic Artifacts"


O Clásico de Semana: "Gloria" dos Shadows of Knight.

O clásico desta semana sírvenos para ir quentando o corpo para a sesión desta noite (para os q pasedes do FdN, claro... ou para os que cheguedes logo) cunha nova entrega de Psychedelic Munstapha. Shadows of Knight foron unha desas bandas norteamericanas (Chicago) fascinadas pola revolución levada de un a outro lado do atlántico polas bandas da british invasion. Eles foron dos q conseguiron mellores resultados á hora de recrea-los sonidos q sen sabelo lles viñan de volta dende a vella europa. A súa efímera carreira (do 65 ó 69) estivo chea de éxitos, e de outros moitos singles q seguramente non tiveron a repercusión merecida, pero tamén de numerosos cambios de formación q terminaron por desvirtuar por completo o concepto de banda. Aquí tedes o seu primeiro álbum, que reparte por igual os temas propios (unha pena que plo youtube non haxa o 'Someone like me') e os covers, destacando o 'Gloria' dos Them (Van Morrison), a Chuck Berry, John Lee Hocker, e os tres cortes finales (tremendos) versionando a Willie Dixon:

SHADOWS OF KNIGHT
"Gloria"
(Dunwich, 1966)


descargádeo no blog Rockgoster:

Sesións no Soul & Sombra.

Hoxe Venres 30
"Los Blancos no saben meterla"
coas seleccións de Oscar


E o próximo Mércores 5 de Maio un nova entrega das sesións de
CACATONE + MUNSTAPHÁ
adicado ó fuzzyblues & psychotic rhythms en...
"Primitive Rhythm Stomp!!!"
Non vo-lo perdades!!!


Toda a info no blog do Soul&Sombra, e senón aquí mesmo...

miércoles, 28 de abril de 2010

O álbum da semana "The View from this Tower" de Faraquet

O álbum desta rompe todo o que levamos poñendo esta semana. Faraquet foi unha banda efímera de Washington DC, daquelas décadas douradas na que a cidade era a cabeza mundial do hardcore e dos seus subxeneros. Faraquet practicaban unha desas vertentes creadas polos míticos Shudder to Think, o q se deu en chamar math rock (rock matemático evidentemente) e que logo Slint levaron a por outras vías para cambia-lo seu significado para sempre. Faraquet son posteriores e beben de todos eles. Este é o seu único Lp q en realidade compila tódo-los seus 7'', singles i eps... Na actualidade podedes segui-lo traballo de 2 membros na banda Medications.

FARAQUET
"The View from this Tower"
(Dischord, 2000)


descargádeo no blog Rock mata Pop:

"Three Girl Rhumba" WIRE Vs. Elastica.

Hoxe sí traemos un auténtico 'VS'.
En 1977 a banda de Colin Newman, si o do pelo negro, asombraron ó mundo cun álbum extraño... cos anos non hai dúbida que WIRE publicou o mellor álbum de punk da historia "Pink Flag", alomenos no q o punk debería significar, e non no estereotipo que logo foi... entre a morea de temas q contiña hoxe rescatamos 'Three Girl Rhumba':

Nos seus seguintes álbumes seguiron asombrando ó mundo, e ata o día de hoxe sempre van varios pasos por diante. Desas ocasións de cando escoitas algo en plan '...esto é algo totalmente novo...' e só che pode vir a cabeza ...eso xa o facían Wire hai 15 anos... No seu 2º lp "Chairs Missing" de 1978 incluían 'I am The Fly':

En 1995 a banda Elastica sacou un álbum q arrasou o planeta. Era a guerra entre o fin do grunge e a nova xeración británica q tomou o relevo de Madchester, o brit pop. Eles/as estaban estilísticamente a medio camiño... somentes que o seu primeiro gran superhit 'Conection' era un plaxio demasiado evidente do 'Three Girl Rhumba' de Wire:

O éxito do single, do álbum e da banda foi imparable, pero evidentemente o escándalo estaba nos despachos. Os seus seguidores non tiñan idade para coñecer a Wire, pero os máis veteranos si... ademáis estaban os acordes de 'Stutter' q resultaron se-los de 'I am the Fly' acelerados, o asunto rematou con Elastica no dique seco moitos anos...

Tedes un resume de todo o asunto na primeira entrega de 'De Ventrílocuos Impostores' en LdN, o artigo "De Colin Newman, el del pelo negro".

martes, 27 de abril de 2010

Guru Guru "Der Elektrolurch"

E aquí tedes o meu disco favorito da banda de Neumaier...

GURU GURU
"Der Elektrolurch"
(Brain Recs, 1974)


descargádeo en Mind Fucker:

Guru Guru "UFO"

Agora con GURU GURU, o proxecto psiquico de Mani Neumeier. E aquí tedes o seu debut.

GURU GURU
"U.F.O."
(OHR, 1970)


Descargádeo en Pomelo Rocker:

Amon Düül II "Yeti"

E aquí chegamos a "Yeti" un dos mellores e máis completos álbumes da historia, e por suposto unha das pezas imprescindibles no rompecabezas da Kraut / Kosmische Musik xermana dos 70. No artigo da semana pasada tedes unha boa e ampla reseña do mesmo.

AMON DÜÜL II
"Yeti"
(Liberty/Repertoire, 1970)


descargádeo no blog Book about UFOs:

e aquí os tedes hai un par de anos, para q vexades q ben se conservan 40 anos despois:

Amon Düül II "Phallus Dei"


AMON DÜÜL II
"Phallus Dei"
(Repertoire, 1969)


descargádeo no blog The Caucasian Walk:

Amon Düül "Paradieswärts Düül"

Aquí tedes o 3º álbum de Amon Düül (ADI) a primeira fuxida do folk...

AMON DÜÜL
"Paradieswärts Düül"
(OHR, 1970)


descargádeo no blog Lazy Production:

Toda a historia no artigo de Libro de Notas

lunes, 26 de abril de 2010

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre en directo en Maio.

E o próximo Venres 21 de Maio teremos en directo a...
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
presentando no Rif-Rock o seu novo 7''

Xa vos seguiremos informando.

Este Venres Psychedelic Munstaphà!!!

Unha vez cancelada a sesión de Psychedelic Munstaphà na Sala Krooner de Santiago polo peche temporal do local, ofrecerémola na casa... Así q xa estades avisados...

Venres 30 abril
PSYCHEDELIC MUNSTAPHÀ
"Fuzzy Raw & Psychedelic Artifacts"

sábado, 24 de abril de 2010

Hoxe en LdN a 2ª entrega de KrautRock, con Amon Düül II e Guru Guru.

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna 'De Ventrílocuos Impostores'. Aproveitando a edición do pedagóxico Deutsche Elektronische Musik por SoulJazz Records, aproveitamos para retoma-la pista xermana, e volver ó polvorin que foi a RFA dende finais dos 60 para asombrar ó mundo coa nova música que estaban a crear para a nova sociedade que estaba por chegar.


Nesta segunda entrega adicada ó Kraut Rock ou mellor dito á Kosmische Musik, quedámonos en Munich, cos fantánsticos e polémicos Amon Düül II, e ós grandes ausentes do recopilatorio, Guru Guru e ás súas teorías psiquicas... dúas bandas que chegan ata os nosos días.

Dos años después de nuestra primera entrega retomamos la pista alemana de la mano de Soul Jazz Records, que acaba de publicar Deutsche Elektronische Music, un volumen doble que compila a modo pedagógico muchas de las posibilidades de una escena realmente infinita. [...] La República Federal Alemana de finales de los 60 era un auténtico polvorín de ideas. La revolución cultural y social de finales de la década provocaba en cada sociedad un efecto distinto. Los jóvenes alemanes comenzaron por rechazar el sentimiento de culpabilidad colectiva que atenazaba a la generación anterior, se sacuden todos sus complejos, rechazan la tutela internacional (sobre todo estadounidense) y todo lo antiguo, y en consecuencia se trabaja en la construcción de una nueva sociedad alemana. Evidentemente todo esto se tiñe de política extrema y actuaciones radicales (desde la Kommune 1 berlinesa a la Fracción del Ejército Rojo); pero lo que nos interesa es la música: a una nueva sociedad, una nueva música, el Kosmische Rock.

E visitade a diario Libro de Notas!!!

viernes, 23 de abril de 2010

O Clásico da semana: NEU!

O clásico desta semana é unha das xoias eternas do kraut rock alemán, ou mellor dito do kosmische rock que asombrou ó mundo dende finais dos 60. Rother e Dinger abandonan Kraftwerk na súa primeira etapa por diferencias co resto dos membros. Para dar renda solta ós seus propios delirios forman unha banda e graban un álbum espectacular... pero sen nome. Á hora de sacar o vinilo sinxelamente puxeron o nome de NEU! como reclamo publicitario dos productos habituais de consumo. Así de sinxelo é a historia e o grafismo desta banda, q mantiveron ata o final. A súa música xa é outra cousa máis complexa, aplicando as teorías de Stockhausen de escalas átonas e demais. Metrónomo a piñon fixo e todo tipo de artilxios sonoros para crear robotmusik.
Aquí tedes unha xoia desa nova música, para a nova sociedade q naquel momento se estaba a deseñar nas comunas de Düsseldorff:

NEU!
"Neu!"
(Brain Records/EMI, 1972)


Descargádeo no blog Viaje al Fin de la Noche:


Dia do Libro.


martes, 20 de abril de 2010

Isi Vaamonde "Rains"

Everybody Was in the French Resistance...Now! "Fixing the Charts Vol.1"

O álbum desta semana é unha desas obra q vai a dar moito q falar, tanto q igual logo nos aburrimos deles, pero q é realmente bó... este dúo anglo-americano son Eddie Argos (vocalista dos pretenciosos ruidistas Art Brut) e a teclista Dyan Valdés (dos The Blood Arms), chamados Everybody Was in the Frech Resistance... Now!, (o nome xa é para premio... canta razón!!!) e o seu álbum de debut "Fixing The Charts Vol.1" componse de 12 temas nos que sinxelamente se adican a falar doutras cancións dun xeito moi especial...

EVERYBODY WAS IN THE
FRENCH RESISTANCE... NOW!
"Fixing the Charts Vol. 1"
(Cooking Vinyl, 2010)


facédevos con él en Ninja DL:


Isi Vaamonde "Tell her you Saw me"

Outro video subido do pasado sábado por flakkkkko, "Tell her you saw me"

lunes, 19 de abril de 2010

Psychedelic Munstapha na Sala Krooner

Será o 28 de abril, así q xa vos seguirei avisando, jeje...
Psychedelic Munstapha
"Fuzzy Raw & Psychedelic Artifacts"
Mércores 28 abril

Isi Vaamonde. Videos

Aquí tedes uns cantos videos do concerto de Isi Vaamonde e a súa banda o pasado sábado 17 no Auditorio de A Xuventude, tomados da web CambadosWeb, donde tamén podedes atopar unha crónica do concerto...

viernes, 16 de abril de 2010

Isi Vaamonde en concerto

Mañan sábado 17, dende as 22:30h. no Auditorio de A Xuventude, por fin o concerto aprazado pola cicloxénese...

ISI VAAMONDE
Valentín Iturat..batería
Edu Pulpillo..bajo y voces
Gonzalo Peñalosa..piano & teclados
Jesús Parra...guitarra, mandolina & acordeón
Jaime Caro...guitarra
Isi Vaamonde..voz & guitarra

*foto de La Voz de Galicia.

"Time Has Come Today" The Chamber Brothers Vs Ramones.

Aquí tedes a versión orixinal de 'Time Has come Today' dos Chamber Brothers, do álbum do mesmo título de 1967:

E aquí a versión dos Ramones, do álbum "Subterranean Jungle" de 1983, co clip máis evanxelizador e apocalíptico q fixeron xamáis... como diría algún q eu me sei os tempos son chegados!!!

miércoles, 14 de abril de 2010

Hoxe!!! "Mongolid Nigger Session" con Cacatone e Munstaphà

Hoxe!!!!!
"MONGOLOID NIGGER SESSION"
Cacatone + Munstapha
[rhythm'n'blues - deepfunk - afrobeat]
Mércores 14 (dende as 21:00h.)
SOUL & SOMBRA
R/Frei Rosendo Salvado, 30
Santiago de Compostela


+info no blog do Soul&Sombra i en facebook.

O Clásico da semana "Curtis" de Curtis Mayfield

Esta semana, o noso clásico non podía ser outro.
O mellor álbum de música negra da historia, e punto...

CURTIS MAYFIELD
"Curtis"
(Rhino, 1970)


descárgao no blog PukeSkyWalker:


martes, 13 de abril de 2010

O álbum da Semana "Ultraglide in Black" dos Dirtbombs

Logo de disolver The Gories, Mick Collins tiña entre mans varios proxectos serios: Blacktop, Voltaire Brothers, e sobre todo The Screws, pero este tipo inquedo sempre precisa novos divertimentos, e así naceron The Dirtbombs, orixinalmente unha banda de versións de clásicos da música negra e o boogaloo. Finalmente aquela banda de diversión rematou por se-la súa banda principal, e aquela broma de debut convertiuse no mellor álbum de versións do que vai de século, por non tirar hacia atrás... Así q preparádevos para a festaza de mañan.
Hoxe polo momento aquí tedes un pouco de revival!!!

THE DIRTBOMBS
"Ultraglide in Black"
(In the Red 2001)


descargádeo no blog Botox Populi:


Xa está aquí!!!

RifRocKerZ.DjSet do 2 de Abril

Aquí tedes unha selección das sesións dos
RIFROCKERZ.DjSet
dos días 2 e 3 de abril
seleccionadas por Munstapha



viernes, 9 de abril de 2010

O clásico da semana: THE ACTION

O clásico desta semana recopila a unha das grandes bandas mod británicas, sempre á estela dos Small Faces ou The Who, pero sen embargo nunca tiveron suficiente recoñecemento, nin polos seus bos temas propios, nin pola renovación q fixeron do purismo do r'n'b e o soul en medio da revolución mod. Aquí tedes este "The Ultimate Action" no que atoparedes tóda-las súas grabacións entre 1964 e o 67, e algún tema posterior de menor importancia.

THE ACTION
"The Ultimate Action"
(Esdel Recs, comp 1981)


Descargádeo no blog Nice and Easy Music: