miércoles, 30 de abril de 2014

Wayne Shorter Quartet "Without a Net"

Se como clásico vos recomendábamos a Coltrane, para recomendarvos algo moito máis recente imos con un dos seus herdeiros máis directos, o saxofonista Wayne Shorter, que con 80 anos xa cumpridos segue a ser un dos máis activos e inquedos creadores. Despois de colaborar con Miles Davis e de formar parte dos Jazz Messengers de Art Blakey, comezou como compositor e lider da súa propia banda en 1959, sempre vinculado ó hard-bop e ó jazz modal, destacando polas súas melodías complexas e extensas, e nas últimas décadas destacou pola súas incursións no funk. 

Con este cuarteto estable dende finais dos 90, con Danilo Pérez ó piano, John Patitucci no baixo, e Brian Blade de baterista, destacaron polas súas colaboracións con orquestas de cámara, pero o seu último traballo é este "Without a Net" publicado o ano pasado, volvendo ó jazz sen rede, con longas atmósferas e cambios explosivos. Recolle directos da súa xira europea do 2011 coa maioría de pezas compostas por Shorter, e destacando as atmósferas de 'Pegasus' co acompañamento de quinteto de vento The Imani Winds, ou a frenética 'Myrrh' que vos porá os pelos de punta. Un discazo doutra lenda do jazz.

WAYNE SHORTER QUARTET "Without a Net"
(Blue Note Recs., 2013)



John Coltrane "A Love Supreme"

Hoxe toca recomendarvos un par de álbumes de jazz. un clasicazo e un recente, así que empezamos co clásico.

Non sei se o "A Love Supreme" de John Coltrane precisa de moitas presentacións pero buscando polo blog atopei que nunca o recomendáramos. Non é só un dos álbumes imprescindibles para comprender o jazz moderno, senón que estamos ante un dos principais álbumes da historia da música. 
Tra-la revolución do be-bop anos antes, Coltrane lanzouse como lider en 1957 despois de acompañar a Thelonius Monk, Dizzy Guillespie ou Miles Davis, e metidos na década de 1960 todo debía cambiar de novo. Coltrane lanzouse á experimentación e adicou os últimos anos da súa vida a ir sempre un paso máis alá. Antes da súa morte en 1967, con só 40 anos, adicou os seus últimos anos a exploración da vangarda, ó free jazz e ó hard bop, e ás improbisacións do jazz modal. Sen embargo con "A Love Supreme" centrouse moito máis na composición, deixa as pretensións vangardistas nun segundo plano para transmitir unha fonda mensaxe espiritual máis alá das relixións. De improvisacións calculadas e influencias de todo tipo, é o resultado de anos de estudio. 
O disco é unha suite en catro partes: 'Acknowledgement' (que conten o mantra de a love supreme), 'Resolution', 'Pursuance' e 'Psalm' (que se corresponde coa letra do poema piadoso que inclúe a carpeta do álbum) coma unha peza clásica, pero absolutamente rupturista, nos que está máis centrado nas estructuras e na secuenciación que nos virtuosismos habituais de traballos anteriores. Sen dúbida a gran obra mestra dun dos máis grandes. Un imprescindible!!

JOHN COLTRANE "A Love Supreme"
(Impulse Records, 1965)



Día Internacional do JAZZ!

30 de Abril, Dia Internacional do Jazz.

Pola tarde vos recomendaremos un par de discos, pero esta día nos serve ademáis para recuperar algunhas das últimas ocasións que tivemos jazz en directo no Rif-Rock, escollemos dúas:

Unha con figuras xa máis que consagradas, coma Paco Charlín e Juanma Barroso, que no 23 de xaneiro do 2010 se acompañaron polo italiano Rosolino Marinello para forma-la JUANMA BARROSO JAZZ CONCEPTION e probar novos temas do que sería o novo álbum do baterista madrileño, aquí tedes unha das pezas:


E por suposto, a outra ten que ser cos novos valores da nosa comarca: Rubén Iglesias e Manu Méndez, de TRIO PHILL JAZZ GROUP, que aquela noite contaron con Noli Torres á batería. Foi o 17 de decembro do 2011:


descarga Black Grooves!!

Aquí tedes unha hora da sesión do venres da serie Black Grooves!! pero desta vez non busquedes temas de Betty Davis... Fuck'U Whiteys!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!" (NSFSeries Vol.20)
(sesión Rif-Rock 25 abr.2014)



martes, 29 de abril de 2014

descarga sesión de JALEO!!

Dende a semana pasada estaba dispoñible vía mixcloud unha hora da sesión de JALEO do 19 de abril, e agora xa a tedes en descarga directa. A darlle volume!!

Dj JALEO 
(sesión Rif-Rock 19 abr.2014)


lunes, 28 de abril de 2014

"It's All Over Now"

Xa había tempo que non sonaba en directo o 'It's All over now' no Rif-Rock, e tiña que ser a RifRocKerZ Experience no seu concerto do 12 de abril, nese ó homenaxe a Brian Jones como escusa para repasar a primeira época dos Rollíng Stones. Foi o último tema do seu set antes do bis, e quedoulles así de ben:


O tema en realidade é de Bobby Womack que a escribiu para o selo SAR Records (de Sam Cooke) e alí adxudicáronlla ó grupo The Valentinos [audio da súa versión], que a publicaron en xuño de 1964, momento no que os Rolling Stones estaban de xira polos USA, a escoitaron e decidiron grabala unhas semanas despois a pesar da negativa de Womack. O seu 'It's All Over Now' foi incluído no seu segundo álbum publicado en USA "12x5" en outubro dese mesmo ano, e logo convertido en single para o mercado británico, donde se convirteu no primeiro número un da banda. Logo Womack lles dixo que podían coller tóda-las súas cancións que quixeran.

Pero este tema xa ten sonado en directo no Rif-Rock numerosas veces da man dos espectaculares Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Aquí o tedes nun dos seus últimos concertos polo entroido do 2009:


sábado, 26 de abril de 2014

LeRoi Jones "Black Music"

Nesta semana do Día do Libro, e con outra entrega das Black Grooves na nosa cabina, ven perfecta a recomendación deste volume, saído a comezos deste 2014. "Black Music. Free Jazz y conciencia negra 1959-1967" do músico e intelectual LeRoi Jones, máis coñecido como Amiri Baraka, é un auténtico compendio do xénero máis comprometido por un dos seus protagonistas.

LeRoi Jones "Black Music. Free Jazz y conciencia negra. 1959-1967"
(Caja Negra Editora,2014)


Así o presentan directamente na web de Caja Negra editora:

“La mayoría de los críticos de jazz han sido hasta ahora americanos blancos, mientras que los músicos más importantes no.” Con esta frase comienza la compilación que el lector tiene en sus manos, en la que se documenta uno de los ejercicios de crítica musical más radicales y salvajes que alguna vez se haya puesto en práctica. En estos ensayos, reseñas, entrevistas, notas para discos, crónicas e impresiones personales publicados entre 1959 y 1967, Amiri Baraka retrata la floreciente escena del free jazz, un movimiento que implicó una profundización de las innovaciones sonoras del bebop y la recuperación del jazz como expresión autentica de la cultura afroamericana en un momento en el que su éxito comercial lo había vuelto un género estandarizado y digerible para la América blanca. 

Figura central y aglutinante del movimiento beatnik en los años 50 y del Black Power en décadas posteriores, Amiri Baraka hace uso de un lenguaje eléctrico y furioso que refleja la libertad de improvisación del free jazz para dejar en claro que esta música solo puede ser comprendida como parte de un cuerpo de experiencias que a lo largo del siglo XX dieron forma a una nueva conciencia sobre lo que significaba ser negro en los Estados Unidos. Y que por ello sus intérpretes, entre quienes destaca a John Coltrane (“su música es una de las razones por las que el suicidio parece una cosa tan aburrida”), Ornette Coleman, Archie Shepp, Sun Ra, Thelonious Monk, Albert Ayler, Pharoah Sanders, Sonny Rollins, Don Cherry, Wayne Shorter y Cecil Taylor, deben ser considerados, además de grandes músicos, como “intelectuales o místicos, o ambas cosas”.

Amiri Baraka, de nacimiento LeRoi Jones (Newark, Nueva Yersey, 1934), es poeta, novelista, ensayista, dramaturgo y músico, además de un destacado activista político. Fundó y dirigió la revista underground de poesía Yugen y la editorial Totem Press, en la que fueron publicados por primera vez textos de Jack Kerouac y Allen Ginsberg. Publicó numerosos ensayos sobre colonialismo, opresión nacional, racismo y música afroamericana, entre los que se destaca el seminal Blues People. Música negra en la América blanca.


jueves, 24 de abril de 2014

descarga sesión de Marinocha!

Imos despedindo abril e aínda non vos deixamos ningunha das sesións deste mes para descargar. Aquí tedes a sesión de Marinocha coa que comezamos o mes, en plan Marilyn...

MARINOCHA ÜBER ALLES "SesiónMarilyn"
(sesión Rif-Rock 5 abril 2014)


Breakin' Bones!!

xa hai ganas de volver a velos non??


miércoles, 23 de abril de 2014

sesión de Jaleo!!

Aquí tedes unha hora que nos envía Dj Jaleo da sesión do sábado pasado vía mixcloud. Nos próximos días xa vo-la deixaremos para descargar. 
Mentres dádelle ó play ao máximo volume!!

Día do Libro

Feliz día do libro a todos!!! sería terrible que hoxe non saiades a mercar libros, pero tamén é unha boa ocasión para repasar as ducias de libros que vos temos recomendado no blog dos RifRocKerZ: todos nesta etiqueta.


martes, 22 de abril de 2014

Brand New Sinclairs "Healing Souls"

Non sei como non ceñeciamos a estre grupo de antes, e si algunha vez o escoitamos se nos pasou por completo. Brand New Sinclairs con un cuarteto de Barakaldo, como eles mesmos se definen, unha banda ye-yé con alma negra. O certo é que son unha combinación perfecta entre as melodías elegantes e a rítmica contundente. 
Hoxe nos regalaron este "Healing Souls" na tenda A Reixa, que é o seu segundo largo. Levo un par de horas sen parar de escoitalos. Discazo!! 

BRAND NEW SINCLAIRS 
"Healing Souls"
(Flor y Nata Records, 2011)



lunes, 21 de abril de 2014

SraSrSra "Magia de Muerte"

Xa están de volta o dúo SraSrSra. O seu novo traballo se chama "Magia de Muerte", e son 13 novos temas de punk acelerado e letras delirantes, que nos traen da man de Discos Humeantes. Mentras o leedes xa o podedes escoitar todo dunha atacada en moito menos de un cuarto de hora.

SRASRSRA "Magia de Muerte"
(Discos Humeantes, 2014)



este venres... Black Grooves!!


domingo, 20 de abril de 2014

sábado, 19 de abril de 2014

JALEO VS. RUFO!! (2º asalto)

Para rematar esta longa semana no Rif-Rock, o sábado teremos o 2º Asalto deste combate a morte na nosa cabina: JALEO VS. RUFO!! Non vo-lo perdades!!


viernes, 18 de abril de 2014

Record Store Day!!

Mañán é un dos días máis bonitos do ano. O Record Store Day que se celebra en Galicia no terceiro sábado de abril e que cada ano se vai consolidando no calendario como unha data moi especial. Neste Día das Tendas de Discos participan en Santiago M!randa, A Reixa Tenda, Fans e Disco Precio; en Vigo, Elepé e Honky Tonk; en Ourense, Peggy Records, e na Coruña Discos Noni's. nas que atopaderedes actuacións en directo, sesións de dj e sobre todo moitas edicións especiais e descontos. Achegádevos a algunha!!


jueves, 17 de abril de 2014

Dead Kennedys "Original Singles Collection" box

Ante a avalancha de lanzamentos conincidindo co Record Store Day desta semana, unha das edicións máis suxerentes é este box set coa reedición de tódo-los 7'' dos míticos Dead Kennedys de Jello Biafra, un total de sete publicados orixinalmente entre 1979 e 1982, e que levan descatalogados neste formato máis de 20 anos. Este Original Singles Collection inclúe os 7" de 'California Uber Alles', 'Holiday In Cambodia', 'Kill The Poor', 'Too Drunk To Fuck', 'Nazi Punks Fuck Off', 'Bleed For Me', e 'Halloween'.

DEAD KENNEDYS "Original Singles Collection"
(Manifesto, 2014)



miércoles, 16 de abril de 2014

Quén matou a Brian Jones? RifRocKerZ Experience.

Despois de varios retrasos, por fin estreamos a música en directo no Rif-Rock neste 2014. 

Como protagonistas, ninguén mellor que a banda da casa, a RIFROCKERZ EXPERIENCE, co seu show Quén matou a Brian Jones? e formada nesta ocasión polos habituais Isidro Dozo, Karlos Abal, Kevi Aragunde e Piti González, e con Kike Barreiro que  ó fin debutaba como frontman no Rif-Rock, nunha noite para homenaxear ós primeiros Rolling Stones, através da figura do malogrado Brian Jones.
Ademáis contamos para a ocasión coa colaboración de Super Bock, para redondear unha noite que se converteu nunha auténtica festa. Gracias a todos por vir, e sobre todo a este pedazo de músicos que sempre se prestan para estas liadas, menuda sorte que temos de poder contar con eles!! gracias cracks!!

Ó final seguron que non vos aclaramos nada do que lle pasou a Brian Jones, pero a estas altura xa é o de menos.

Este foi o tracklist:
· Mother's Little Helper
· Baby, you're out of time
· Time is on my side
· Under my Thumb
· Paint it Black
· Ruby Tuesday
· Jumpin' Jack Flash
. Sumpathy for the Devil
· Gimme Shelter
· Love in Vain
· Honky Tonk Woman
· You can't alway get what you wang
· All and Over Now
· Satisfaction (bonus)

Xa tedes todo o concerto subido (pt1 - pt2 - pt3repartido nas anteriores entradas ou todo seguido aquí en lista de reproducción:



Quén matou a Brian Jones? RifRocKerZ Exp (pt.1)


Quén matou a Brian Jones? RifRocKerZ Exp (pt.2)


Quén matou a Brian Jones? RifRocKerZ Exp (pt.3)


martes, 15 de abril de 2014

Thee Oh Sees "Drop"

Despois de que o seu álbum "Floating Coffin" do ano pasado fora aclamado como o mellor do ano en gran parte dos medios especializados, Thee Oh Sees anunciaban a súa separación, para unhas semanas despois anunciar o lanzamento do seu seguinte album... Tras varios anuncios cambiando o nome, e un par de videos de adianto, sairá este mesmo sábado (polo Record Store Day) e definitivamente se chama "Drop". Xa o podedes escoitar completo nos avances de Pitchfork, e tamén vai aparecendo polo sitios habituais...
"Drop" son 9 temas que van dende o cañonazo inicial con 'Penetration Eyes' ata o relax final de 'The Lens', con todo o discurso de psychodelia, garage, e pop habitual. Sen dúbida unha das bandas máis en forma do momento!!

THEE OH SEES "Drop"
(Castle Face Records, 2014)



Los Thyssen

O pasado xoves, o trío Los Thyssen ofrecían o seu último concerto, decían adeus no Chachán Clube de Compostela, e ademáis entregaban aos asistentes este ep de despedida con 4 temas. Aproveitade para repasar o seu bandcamp.

LOS THYSSEN "Los Thyssen"
(Los Thyssen, 2014)



domingo, 13 de abril de 2014

RifRocKerZ Experience!!

Espectacular onte a RifRocKerZ Experience!! todo un luxo contar con estes elementos na banda da casa: Karlos, Piti, Kevi, Isidro e Kike q debutaba como frontman... gracias cracks!! e a Super Bock polo soporte extra!!! e por suposto a todos por vir, seguro que non vos quedou moi claro quén liquidou a Brian Jones, pero eso onte era o de menos...


viernes, 11 de abril de 2014

mañán Sábado... RifRocKerZ EXPERIENCE en concerto!! Quén matou a Brian Jones?

Mañán é o día!! volve a música en directo ó Rif-Rock.

O show Quén matou a Brian Jones? é a nova proposta da banda ca casa, a RIFROCKERZ EXPERIENCE coa formación ampliada e con novo frontman.
Será un homenaxe ó malogrado Brian Jones, un artista tan esaxerado coma incomprendido, o xenio que sobraba nos Rolling Stones, unha noite para repasar tóda-las teorías conspiranoicas sobre a súa morte, e sobre todo unha boa colección dos seus temas.
E ademáis como podedes ver, cunha colaboración moi especial para este concerto: Super Bock!! coas cervexas toda a noite a 1.5€!! 

RifRocKerZ Experience
Quén matou a Brian Jones?
Sábado 12 de abril, en directo dende as 23:30h.
Non vo-lo perdades!



unha entrevista con Brian Jones


jueves, 10 de abril de 2014

"Who Killed Christopher Robin?" de Terry Rawlings

Quén matou a Brian Jones? Dende aquel mesmo día de xullo de 1969, a versión oficial é a dunha festa desbocada que rematou mal, e con Brian Jones, o fundador dos Rolling Stones, afogado na piscina, pero moitos curiosos, fans ou investigadores trataron o suceso da piscina como algo máis que un accidente. O silencio dos participantes, ninguén se lembra de nada, ninguén estaba na piscina, e ninguén tiña motivos. Pero o certo é que a morte de Brian Jones (Christopher Robin, como se chamaba realmente) se convirteu nunha obsesión para moitos seguidores. Deixando ó marxe ós conspiranoicos e amarillistas, sen dúbida o máis riguroso de todos é Terry Rawlings, xornalista e crítico musical autor de numerosas biografías e ensaios, especialmente dos diarios dos Rolling Stones, de Ron Wood, dos Small Faces, dos Buzzcocks, e de numerosos traballos e guías sobre o fenómeno Mod e as bandas británicas da época, pero sen dúbida os máis polémicos e populares de todos son os seus volumes adicados a esclarece-la morte de Brian Jones.

O primeiro dos seus ensaios veu a luz en 1994, polo 25 aniversario da morte de Brian Jones, titulado sinxelamente "Who Killed Christopher Robin?" (BoxTree Ltd.) que nas sucesivas edicións en poucos meses engadiu o subtítulo The Thruth behind the Murder of Brian Jones, por se o título orixinal parecía unha licencia literaria, xa engadía directamente o do asasinato. Dez anos despois, a editora Helter Skelter publicaba no 2004 unha nova revisión das investigacións de Rawlings, co mesmo título e subtitulado sinxelamente The Murder of Brian Jones. un traballo que se tomou como partida para un filme sobre o suceso: Stoned (dirixida por Stephen Woolley) e estreada no 2005. 

Pero Terry Rawlings non deixa o tema e o ano pasado presentou unha nova revisión do seu traballo, á que engade directamente o título "The Final Truth" (RockBookShop, 2013), e desta vez coa colaboración de Paul Spendel, e para o que decía contar con novos testemuños e documentos non publicados, coma que aquela mesma noite houbo quén confesou o crime... pero xa non vos desvelamos máis, teredes que lelo vós mesmos...

TERRY RAWLINGS & Paul Spendel "Who Killed Christopher Robin? 
Brian Jones, The Murder of a Rolling Stone. The Final Truth"
(RockBookShop, 2013)


Portadas das anteriores edicións dos ensaios de Terry Rawlings sobre a morte de Brian Jones e artigo de prensa no que ía presentando o tema por entregas:


E aquí tedes ó propio Rawlings introducindo o seu novo libro na TV:


"Stoned" o filme sobre Brian Jones

Co misterio que rodea a morte de Brian Jones, estaba claro que era carne de película, pero non foi ata o 2005 cando chegou esta "Stoned", dirixida por Stephen Woolley e con Leo Gregory no papel protagonista. Un repaso pola súa vida de excesos e a súa extraña morte, que se inspiraba no traballo de Terry Rawlings "Who killed Christopher Robin?". Psychodelia a dolor, rock'n'roll e un montaxe frenético, recomendada 100%.



Stoned.
UK, 2005. Screen Media Films
Dir: Stephen Woolley.




RifRocKerZ & Super Bock

Xa imos quentando motores para o concerto deste sábado (12 de abril) da RifRocKerZ BluesBand co seu novo show Quén matou a Brian Jones? e por si aínda queda algún despistado vos lembramos que para esa noite contaremos coa colaboración de Super Bock, e teredes toda a noite as cervexas a 1.5€
Lembrade, este sábado dende as 23:30h. Non vo-lo perdades!!


Chain & The Gang "Minimum Rock N Rock"

Ian Svenonius levaba moito tempo calado, e cos tempos que corren xa nos parecía raro. Un dos grandes predicadores anticapitalistas da nosa era, e o seu discurso se crece en momentos coma este. Si non o seguides, seguro que coñecedes Nation of Ulyses, The Make-Up, Weird War (ou proxectos máis efímeros coma David Candy ou Cupid Car Club) e nos últimos anos a súa banda Chain & The Gang, e este mesmo mes publicou o seu cuatro lp "Minumum Rock N Roll" cheo de proclamas e denuncias, incendiarias pero tamén divertidas, e sempre coa súa rítmica explosiva para que non poidas parar de menearte!! 
Grande Svenonius, que gañas tiña deste disco.

CHAIN & THE GANG "Minimum Rock N Roll"
(Dischord Records, 2014)



miércoles, 9 de abril de 2014

Simon Reynolds "PostPunk"

Esta semana aínda vos imos recomendar outro libro máis, sobre todo porque é un deses que levamos tempo tras del e sempre nos quedou atrás. 
Trátase do último traballo publicado en castelán do crítico británico Simon Reynolds, e aínda que con moitos anos de retraso, hai que agradacer o traballo da editora arxentina Caja Negra e o seu empeño en sacalo. A finais do 2013 publicaron este "PostPunk. Romper todo y empezar de nuevo", que foi publicado orixinalmente no 2005 "Rip it Up and Start Again, PostPunk 1978-1984" pon a súa atención na explosión do punk que se opoñía á sofisticación dos 70s, e da efervescencia dun momento irrepetible, cunha contextualización exquisita, como sempre fai Reynolds, e sen aforrar detalles ó longo das máis de 500 páxinas do volume. Outro imprescindible para a colección. 
SIMON REYNOLDS "PostPunk: Romper todo y empezar de nuevo"
(Caja Negra editora, 2013)


Aquí tedes a presentación que nos fan na web de Caja Negra Editora:

Si bien existen cientos de libros que documentan aquellos años en los que el punk desafió al status quo de la música con su nihilismo de tres acordes y la ética do it yourself, Postpunk. Romper todo y volver empezar de nuevo es el primero en recuperar a aquellas bandas que supieron ver en las condiciones generadas por el punk la oportunidad para establecer una verdadera ruptura con la tradición y experimentar por fuera de los estrechos parámetros del rock. Entregados a la tarea de profundizar la revolución iniciada por el punk, grupos como PiL, Joy Division, The Fall, The Slits, Devo, The Residents, Throbbing Gristle o Liquid Liquid exploraron territorios previamente desconocidos al incorporar las técnicas de producción del dub y la música disco, las radicales estrategias compositivas del krautrock, la música contemporánea y el free jazz, y el groove y la economía sonora del funk. Pero no solo de música se alimentó el postpunk: Cabaret Voltaire tomó prestado su nombre de Dada; Pere Ubu adoptó el suyo de Alfred Jarry; Gang of Four, inspirado por Brecht y Godard, trató de deconstruir el rock; los letristas absorbieron la ciencia ficción radical de J.G. Ballard, Philip K. Dick y William S. Burroughs; y bandas como The Pop Group o Contortions se inspiraron en el teatro de la crueldad de Artaud para romper las barreras entre el público y el escenario. Al purismo estridente del punk, el postpunk le opuso eclecticismo e hibridez. Y a su tradicionalismo rockero, un imperativo de cambio constante.

Escrito seis años antes que Retromanía, en este libro el crítico británico Simon Reynolds le rinde homenaje a una de las últimas vanguardias que dio el rock, “más que un género musical, un espacio de posibilidades que engendró incontables géneros y escenas”. Si bien aquellos años del postpunk que van de 1978 a 1984 vieron nacer a muchos grupos que luego gozaron de una enorme fama –como New Order, Depeche Mode, The Cure o U2– su historia no fue escrita por los vencedores: muchos de ellos grabaron discos innovadores pero nunca alcanzaron más que el estatus de grupos de culto, teniendo que conformarse con haber influenciado a megabandas como Red Hot Chilli Peppers, Nine Inch Nails o Radiohead o alimentar la retromanía actual de bandas neopostpunk como The Rapture, LCD Soundsystem, Franz Ferdinard o Interpol.

Curtinaitis no Noise Off Unplugged

E máis anuncios, este xa para mañán e para ver un bo directo dende a casa, Curtinaitis participan nos Noise Off Unplugged, dentro do NOISE OFF FESTIVAL, no que ofrecerán un concerto acústico, como eles din, en plan folkihipster e ademáis cun cuarto membro Curtinaitis para a ocasión. Todo retransmitido en streaming dende este enlace. Lembrade Xoves 10 abril ás 14:00h.


martes, 8 de abril de 2014

The Sharknadoos, novas datas

The Sharknadoos anuncian datas de novos concertos neste mes de abril. 
Este sábado 12 no Kannion Surf Bar de Montalvo, e o venres 18 no Encontro de Barrantes. A ver si pronto os temos de volta polo Rif-Rock...



"Una Casa de Tierra" de Woody Guthrie

No 2012 vivimos unha auténtica avalancha (e ben merecido recoñecemento) de lanzamentos discográficos e publicacións sobre Woody Guthrie polo centenario do seu nacemento, e de seguro que aínda veremos como sae algún material inédito máis. Pero o que non ceñecíamos é que tamén escribiu unha novela: "Una Casa de Tierra" leva dende 1947 no caixón e foi recuperada pola editora Harper o ano pasado. Agora ve a luz en español da man de Anagrama. Nin Johnny Depp se puido resisitir a colaborar na edición.

WOODY GUTHRIE "Una casa de tierra"
(Anagrama, 2014)


Así o presentan na web de Anagrama:

Una casa de tierra, la única novela de Woody Guthrie, concluida en 1947 e inédita hasta el momento, es un crudo retrato del «Dust Bowl» norteamericano que, con sus tormentas de arena y su pertinaz sequía, agravó los devastadores efectos de la Gran Depresión de los años treinta. Con el lirismo y la autenticidad de las canciones del genial trovador folk, narra la historia de Tike y Ella May Hamlin, atrapados en unas condiciones económicas muy penosas, incapaces de pagar sus facturas o de ganar poco más que un dinero de subsistencia. Marido y esposa viven en una precaria chabola de madera en las áridas tierras de una granja de Texas y, como tantas otras parejas, sueñan con una vida mejor y buscan el amor y el sentido en un mundo corrupto. Tike anhela sobre todo una casa sólida que los proteja de los traicioneros elementos y, gracias a un folleto publicado por el Departamento de Agricultura del gobierno, aprende cómo construir una sencilla vivienda de adobe, edificada con sus propias manos y a prueba de fuego, de viento y de sequía. Una casa de tierra. Sin embargo, los campos en los que Tike y Ella May viven y trabajan no son suyos y debido a fuerzas que escapan por completo a su control, como los conglomerados de rancheros y los bancos, esa casa de adobe quedará dolorosamente lejos de su alcance.

Una casa de tierra, con su realismo rural y su activismo progresista, constituye en buena medida una pieza pareja a «This Land Is Your Land», el himno folk compuesto por Woody Guthrie. Es también una conmovedora evocación de Estados Unidos por uno de sus grandes artistas, un relato sobre la adversidad y la esperanza con el trasfondo de un paisaje natural y social devastado, en el que se aúnan la urgencia moral de John Steinbeck y la franqueza erótica de D. H. Lawrence.

«Woody Guthrie perdura como el alma de la cultura folk norteamericana del siglo XX. Su música es la tierra. Sus palabras –letras de canciones, memorias, ensayos y, ahora, narrativa– son los ladrillos de adobe. Es un hombre del pueblo, por el pueblo, para el pueblo» (Douglas Brinkley y Johnny Depp).

lunes, 7 de abril de 2014

Este sábado: Quén matou a Brian Jones? RifRocKerZ Experience en concerto!!


o que queda de abril...

Seguimos co programa de abril2014, e atentos a todo o que aínda nos queda por diante...

Este mesmo sábado, 12 de abril:
RIFROCKERZ EXPERIENCE en CONCERTO!!
co show Quén matou a Brian Jones?, a nova proposta da banda ca casa, a RifRocKerZ EXPerience coa formación ampliada e con novo frontman. Será un homenaxe ó malogrado Brian Jones, e ademáis coa colaboración de Super Bock!! coas cervexas toda a noite a 1.5€!! 

Logo xa comezarán as vacacións de Semana Santa, e ahí estaremos dende mércores ata sábado, catro días seguidos de Rif-Rock.

Para rematar esa dura semana, temos un combate de altura dende a nosa cabina. O Sábado 19: JALEO VS. RUFO, o 2º asalto, non vo-lo perdades!

E máis aló aínda quedara a entrega mensual de música negra, Ven.25: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!.

domingo, 6 de abril de 2014

Premio á Libraría Ramón Cabanillas

A Libraría Ramón Cabanillas foi galardoada onte co premio Irmandade do Libro á Mellor Libraría do 2013, nuns premios que entrega anualmente a Federación de Libreiros de Galicia. Ben merecido, parabéns!!



viernes, 4 de abril de 2014

mañán... MARINOCHA ÜBER ALLES!!


Al Lover "Elevated Transmissions Vol.1"

O dj e productor Al Lover leva anos publicando a serie de mix-tapes para o Austin Psych Fest que levan por título "Elevated Transmissions" cos mellores temas da psychodelia actual. Como estamos en medio da actividade do festival é unha boa escusa para recomendarvos estos volumes, e que coma sempre podedes descargala de balde via soundcloud ou na propia web do Austin Psych Fest., e por suposto tirade dos volumes que seguen a serie...


jueves, 3 de abril de 2014

Wilko Johnson & Roger Daltrey "Going Back Home"

Supoño que uns cantos coñeceredes a historia recente de Wilko Johnson, diagnosticado dun cancro terminal de páncreas hai máis de ano medio, decidiu que a mellor forma de despedirse era facer unha xira, e así foi. Pero ahí sigue para contalo, aínda que sabedor que o seu tempo remata. Coma se fora unha prórroga, o que fora salvaxe guitarrista dos Dr. Feelgood aínda ten folgos para preparar un novo epitafio, volver a grabar vellos temas xunto con Roger Daltrey (The Who), e aquí está este "Going Back Home" con 11 temas de rhythm'n'blues e a súa poderosa e inesquecible guitarra unha vez máis...

WILKO JOHNSON & ROGER DALTREY "Going Back Home"
(Chess Records, 2014)



'Xira de Despedida' de Carballo e Núñez

Juan Carballo e Ramón Núñez poñen fin a unha etapa con esta Xira de Despedida, abren un paréntese ata que xurdan novos proxectos xuntos, e polo momento o celebran con 10 datas entre os meses de abril de maio. 
Comezan hoxe mesmo en Compostela, e mañán Venres 4 de abril, estarán en Cambados, no Café Continental, en directo dende as 22:30h.
Podedes seguilos no seu facebook e na web de Juan Carballo.

miércoles, 2 de abril de 2014

Guerrera "Mauna Loa"

Novo traballo de Guerrera despois da descarga de "Under a Gypsy Sun" do ano pasado, agora chegan con "Mauna Loa", aínda máis centrado e con só dous temas de 18 minutos cada un, cara A e cara B, son 'Montaña y Fuego' e 'Magma y Trueno' pura liserxia volcánica. Tedes unha boa reseña na web de Desconcierto, pero mellor que pasedes polo seu bandcamp para escoitalo.
Ademáis dende esta mesma semana comezan a presentalo en directo, si tedes ocasión non vo-los perdades.

GUERRERA "Mauna Loa"
(Matapadre, 2014)




programación Abril 2014

E aquí tedes todo o programa de abril 2014 ben ordenado...

Sáb.5: Marinocha Über Alles!
Sáb.12: RIFROCKERZ EXPERIENCE en CONCERTO!!
co show Quén matou a Brian Jones?
Sáb.19: Jaleo Vs. Rufo (2º Asalto)
Ven.25: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!

Ademáis lembrade que durante as vacacións de Semana Santa abrimos dende o mércores 16 ata o sábado 19 de abril, catro días seguidos de RifRocKerZ!.


martes, 1 de abril de 2014

25 abr: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!

E para rematar o mes outra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


19 abril: JALEO VS RUFO (2º asalto)

E outra data que tampouco vos deberiades perder, apuntade: o 19 de abril, o Sábado de Semana Santa, é a data escollida para o Segundo Asalto do combate JALEO VS RUFO na cabina do Rif-Rock.
Vai a ser tremendo, non vo-lo perdades!!


12 abril: Quén matou a Brian Jones? RIFROCKERZ EXPERIENCE en concerto!!

Aquí tedes o prato forte do mes... 
O show Quén matou a Brian Jones? é a nova proposta da banda ca casa, a RifRocKerZ EXPerience coa formación ampliada e con novo frontman.
Será un homenaxe ó malogrado Brian Jones, un artista tan esaxerado coma incomprendido, o xenio que sobraba nos Rolling Stones, unha noite para repasar tóda-las teorías conspiranoicas sobre a súa morte, e sobre todo unha boa colección dos seus temas.
E ademáis como podedes ver, cunha colaboración moi especial para este concerto: Super Bock!! coas cervexas toda a noite a 1.5€!! 

RifRocKerZ Experience
Quén matou a Brian Jones?
Sábado 12 de abril, en directo dende as 23:30h.
Non vo-lo perdades!