Despois de varios retrasos, por fin estreamos a música en directo no Rif-Rock neste 2014.
Como protagonistas, ninguén mellor que a banda da casa, a RIFROCKERZ EXPERIENCE, co seu show Quén matou a Brian Jones? e formada nesta ocasión polos habituais Isidro Dozo, Karlos Abal, Kevi Aragunde e Piti González, e con Kike Barreiro que ó fin debutaba como frontman no Rif-Rock, nunha noite para homenaxear ós primeiros Rolling Stones, através da figura do malogrado Brian Jones.
Ademáis contamos para a ocasión coa colaboración de Super Bock, para redondear unha noite que se converteu nunha auténtica festa. Gracias a todos por vir, e sobre todo a este pedazo de músicos que sempre se prestan para estas liadas, menuda sorte que temos de poder contar con eles!! gracias cracks!!
Ó final seguron que non vos aclaramos nada do que lle pasou a Brian Jones, pero a estas altura xa é o de menos.
Este foi o tracklist:
· Mother's Little Helper
· Baby, you're out of time
· Time is on my side
· Under my Thumb
· Paint it Black
· Ruby Tuesday
· Jumpin' Jack Flash
. Sumpathy for the Devil
· Gimme Shelter
· Love in Vain
· Honky Tonk Woman
· You can't alway get what you wang
· All and Over Now
· Satisfaction (bonus)
No hay comentarios:
Publicar un comentario