Quén matou a Brian Jones? Dende aquel mesmo día de xullo de 1969, a versión oficial é a dunha festa desbocada que rematou mal, e con Brian Jones, o fundador dos Rolling Stones, afogado na piscina, pero moitos curiosos, fans ou investigadores trataron o suceso da piscina como algo máis que un accidente. O silencio dos participantes, ninguén se lembra de nada, ninguén estaba na piscina, e ninguén tiña motivos. Pero o certo é que a morte de Brian Jones (Christopher Robin, como se chamaba realmente) se convirteu nunha obsesión para moitos seguidores. Deixando ó marxe ós conspiranoicos e amarillistas, sen dúbida o máis riguroso de todos é Terry Rawlings, xornalista e crítico musical autor de numerosas biografías e ensaios, especialmente dos diarios dos Rolling Stones, de Ron Wood, dos Small Faces, dos Buzzcocks, e de numerosos traballos e guías sobre o fenómeno Mod e as bandas británicas da época, pero sen dúbida os máis polémicos e populares de todos son os seus volumes adicados a esclarece-la morte de Brian Jones.
O primeiro dos seus ensaios veu a luz en 1994, polo 25 aniversario da morte de Brian Jones, titulado sinxelamente "Who Killed Christopher Robin?" (BoxTree Ltd.) que nas sucesivas edicións en poucos meses engadiu o subtítulo The Thruth behind the Murder of Brian Jones, por se o título orixinal parecía unha licencia literaria, xa engadía directamente o do asasinato. Dez anos despois, a editora Helter Skelter publicaba no 2004 unha nova revisión das investigacións de Rawlings, co mesmo título e subtitulado sinxelamente The Murder of Brian Jones. un traballo que se tomou como partida para un filme sobre o suceso: Stoned (dirixida por Stephen Woolley) e estreada no 2005.
Pero Terry Rawlings non deixa o tema e o ano pasado presentou unha nova revisión do seu traballo, á que engade directamente o título "The Final Truth" (RockBookShop, 2013), e desta vez coa colaboración de Paul Spendel, e para o que decía contar con novos testemuños e documentos non publicados, coma que aquela mesma noite houbo quén confesou o crime... pero xa non vos desvelamos máis, teredes que lelo vós mesmos...
TERRY RAWLINGS & Paul Spendel "Who Killed Christopher Robin?
Brian Jones, The Murder of a Rolling Stone. The Final Truth"
(RockBookShop, 2013)
Portadas das anteriores edicións dos ensaios de Terry Rawlings sobre a morte de Brian Jones e artigo de prensa no que ía presentando o tema por entregas:
E aquí tedes ó propio Rawlings introducindo o seu novo libro na TV:
No hay comentarios:
Publicar un comentario