miércoles, 30 de abril de 2014

Día Internacional do JAZZ!

30 de Abril, Dia Internacional do Jazz.

Pola tarde vos recomendaremos un par de discos, pero esta día nos serve ademáis para recuperar algunhas das últimas ocasións que tivemos jazz en directo no Rif-Rock, escollemos dúas:

Unha con figuras xa máis que consagradas, coma Paco Charlín e Juanma Barroso, que no 23 de xaneiro do 2010 se acompañaron polo italiano Rosolino Marinello para forma-la JUANMA BARROSO JAZZ CONCEPTION e probar novos temas do que sería o novo álbum do baterista madrileño, aquí tedes unha das pezas:


E por suposto, a outra ten que ser cos novos valores da nosa comarca: Rubén Iglesias e Manu Méndez, de TRIO PHILL JAZZ GROUP, que aquela noite contaron con Noli Torres á batería. Foi o 17 de decembro do 2011:


No hay comentarios: