miércoles, 30 de abril de 2014

John Coltrane "A Love Supreme"

Hoxe toca recomendarvos un par de álbumes de jazz. un clasicazo e un recente, así que empezamos co clásico.

Non sei se o "A Love Supreme" de John Coltrane precisa de moitas presentacións pero buscando polo blog atopei que nunca o recomendáramos. Non é só un dos álbumes imprescindibles para comprender o jazz moderno, senón que estamos ante un dos principais álbumes da historia da música. 
Tra-la revolución do be-bop anos antes, Coltrane lanzouse como lider en 1957 despois de acompañar a Thelonius Monk, Dizzy Guillespie ou Miles Davis, e metidos na década de 1960 todo debía cambiar de novo. Coltrane lanzouse á experimentación e adicou os últimos anos da súa vida a ir sempre un paso máis alá. Antes da súa morte en 1967, con só 40 anos, adicou os seus últimos anos a exploración da vangarda, ó free jazz e ó hard bop, e ás improbisacións do jazz modal. Sen embargo con "A Love Supreme" centrouse moito máis na composición, deixa as pretensións vangardistas nun segundo plano para transmitir unha fonda mensaxe espiritual máis alá das relixións. De improvisacións calculadas e influencias de todo tipo, é o resultado de anos de estudio. 
O disco é unha suite en catro partes: 'Acknowledgement' (que conten o mantra de a love supreme), 'Resolution', 'Pursuance' e 'Psalm' (que se corresponde coa letra do poema piadoso que inclúe a carpeta do álbum) coma unha peza clásica, pero absolutamente rupturista, nos que está máis centrado nas estructuras e na secuenciación que nos virtuosismos habituais de traballos anteriores. Sen dúbida a gran obra mestra dun dos máis grandes. Un imprescindible!!

JOHN COLTRANE "A Love Supreme"
(Impulse Records, 1965)



No hay comentarios: