jueves, 8 de enero de 2015

10 álbumes do 2014






E aquí vai a lista de álbumes do 2014 de Munstaphá
Os que máis me gustaron, por que foron os que máis pinchamos no Rif-Rock, por que me parecen os mellores, ou algún por que si!!. 
Seguro que vós tedes outros, así que comentade!!
Na última quenda se quedaron fora un puñado de álbumes que tamén nos encantan coma o de Thurston Moore ("The Best Day"), o "Shattered" dos Reigning Sound, o "To be Kind" dos Swans, o "Drop" de Thee Oh Sees, ou os de Parquet Courts, Temples, Allah-Las, White Lung... e seguiríamos con moitos máis, pero propuxémonos deixalo en 10, así que ahí van, a nosa lista definitiva dos 10 álbumes do 2014: 
(que en realidade son 11)

10
THE FUTURE PRIMITIVES 
"Into the Primitive"
(Voodoo Rhythm Records / Groovie Records, 2014)

Para comezar un pouco de brasa e a nota exótica que ten que aparecer en cada lista. The Future Primitives son un power trio sudafricano de Cidade do Cabo, que nos ten fascinados dende o seu primeiro álbum "This Here's The Future Primitives" cando foi relanzado para Europa da man dos portugueses Groovie Records, e case de inmediato chegou o seu segundo álbum "Into the Primitive" continuando coa súa fórmula de garage, psychodelia e surf con esa envoltura lo-fi que tanto nos gusta!!! e entre os seus 13 temas covers dos Human Expression e dos Milkshakes. Trallazo de álbum!!



9
THE BUDOS BAND 
"Burnt Offering"
(Daptone Records, 2014)

Unha referencia que se cola na nosa lista da factoría Daptone Records, pero que nada ten que ver coa súa liña de revival soul. O novo traballo dos neoiorquinos The Budos Band, que non publicaban nada novo dende o "Budos Band III" do 2010. Desta volta o título do álbum xa non vai numerado, e dende logo a estética da portada non ten nada que ver con todo o anterior, pero seguen a ser un grupazo intrumental coa súa potente mestura afrobeat, funk, soul e rock no que cabe de todo, dende Fela Kuti, ata Black Sabbath, e este "Burnt Offering" é unha boa mostra, se cadra aínda máis contundente da súa proposta. 



8
PONTIAK 
"Innocence"
(Thill Jockey Records, 2014)

Despois de moitas entregas, Pontiak se colan entre os nosos favoritos do ano. Son unha banda de Washington DC, formada por tres irmáns (os Carney) etiquetados xenéricamente nesta onda de neo-psych, pero con moitos pasaxes de hardcore e sobre todo stoner, e noutros moito máis pausados, case ambient. Sempre din que os seus referentes son MC5 e The Stooges, ó que eu vos apuntaría tamén ós Slint. Este ano publicaron "Innocence" que xa é o seu séptimo LP de estudio, ademáis de un puñado de EPs. Coma en anteriores entregas, deberían secuancialo todo de outro xeito e sería case perfecto, aínda que nesta ocasión estiveron moito máis centrados para facer unha sucesión de temazos de todo tipo. Uns auténticos todoterreo.



7
GUIDED BY VOICES
"Motivational Jumpsuite" & "Cool Planet"
(GbV / Fire Records, 2014)

Dificil decisión entre os dous álbumes que publicaron os Guided by Voices no 2014, así que en vez de mollarnos metemos os dous xuntos e listo!!
Con Robert Pollard nun estado de forma envexable, na primeira metade do ano publicaron estes dous álbumes, de 20 e 18 temas sempre en torno ós 40 minutos de tope, coas súas melodías impecables, imaxinación desbordante, e independencia por riba de todo, e nestas ocasión con moito músculo, temas a medio rematar, e a urxencia de publicar cando eres unha fonte inesgotable de cancións. En realidade estivemos a punto de poñer "Motivational Jumpsiute" e "Cool Planet" por separado, pero aproveitamos para deixarlle sitio a outro. Xa sabedes que son das miñas maiores debilidades...



6
CURTIS HARDING
"Soul Power"
(Burger Records, 2014)

Un dos debuts que se colan na nosa lista deste ano, o debut en solitario de Curtis Harding "Soul Power", un álbum de r'n'b e soul publicado por Burger Records. Nos seus referentes atoparedes moito gospel, ou elementos máis recentes como incorporación de corista dos CeeLo-Green, e membro da banda de Night Sun xunto con Cole Alexander dos Black Lips. E a todo iso sona este Soul Power, dende impecable rhythm'n'blues vintage, ata pezas de delicioso soul, e algo tamén de lo-fi que se ve que lle tira bastante. Seguro que este Curtis vai a dar moito que falar nos próximos anos.



5
GOAT
"Damage"
(Rocket Recordings / Sub Pop, 2014)

Unha das bandas que máis nos deixou alucinados alá polo 2012 foron os suecos Goat. O seu debut "World Music" foise convertendo pouco a pouco nun dos álbumes que escoitábamos con máis insistencia, e unha vez que nos fixemos co vinilo nin vos conto... despois dos numerosos lanzamentos de remixes e do directo "Live Ballroom Ritual", no 2014 chegou "Commune" que continúa coa súa fórmula única de psychodelia, worldbeat, kraut... puro rítmo vudú con temas coma 'Goatslaves', 'Hide from the Sun', 'Bondye' ou 'Gathering of ancient tribes'. Para seguir alucinando.



4
HOLY WAVE
"Relax"
(Reverberation Appreciation Society, 2014)

O segundo LP dos Holy Wave publicouse a comezos do 2014, e aínda que o tivemos ahí aparcado durante meses, sempre volviamos a él, e cada vez soando máis dende a cabina do Rif-Rock. Holly Wave son outro enxendro lanzado polo selo do Austin Psych Fest, The Reverberation Appreciation Society, e este "Relax" está cheo de ese garage-surf-pychodélico que tanto nos gusta, dende esas melodías e riffs preguiceiros que vos levantarán o ánimo en calqueira momento coma as de 'Star Stamp', 'Do you feel it?', ou temas máis retro como 'Mouth Mountain' e 'Psychological thriller'. Xa temos gañas do seguinte!



3
NICK WATERHOUSE 
"Holly"
(Innovative Leisure Recs/V2 , 2014)

"Holly" é o seu segundo álbum, despois do "Time's All Gone" do 2012 que xa nos deixara alucinados e se colara na nosa lista do mellor daquel ano.
Desta vez nos deixa outra colección de rhythm'n'blues e soul brillante. Cunha rítmica impecable, ventos e coros, e con Waterhouse á voz e guitarra en estado de gracia. 10 temazos nun só álbum! e si no "Time's All Gone" despregaba unha variedade de recursos tremenda, neste aínda se supera trascendendo tempo e estilos. Imprescindible!!



2
BENJAMIN BOOKER
"Benjamin Booker"

(ATO/Rough Trade, 2014)


O debut de Benjamin Booker foi unha das sensacións do ano. A cada escoita gañando presencia, co seu potente blues, que tanto tira cara o punk e ó lo-fi, como cara o soul máis doce. Seguro que xa estades fartos de tanto escoita-lo seu single 'Violent Shiver', pero todo o álbum está cheo de temas na mesma liña coma 'Have you seen my son?' ou 'Old Hearts', pura cacharrada de baile como 'Wicked Waters', e preciosos momentos de soul que rematan en outra cousa moi distinta. O bailaredes aínda que non queirades.



1
TY SEGALL
"Manipulator"
(Drag City, 2014)

E aquí está! ¿¿alguén o dubidaba??? 
Ty Segall de cabeza ó número un dos nosos favoritos do ano unha vez máis. Fíxose esperar comparado co seu ritmo de publicacións dos últimos anos, pero "Manipulator" conquistounos dende o primeiro momento. Dobre vinilo con 17 temas nos que retoma tódo-los espectros dos seus últimos traballos, moita guitarra acústica, distonsión, rítmica potente e melodías perfectas que non poderás olvidar en moito tempo. Xa vou a escoitalo outra vez dun tirón. Insuperable!!!



1 comentario:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.