E aínda nos quedaba unha lista máis do noso repaso do 2014.
Uns cantos nos pediron durante o NadalSoul que fixeramos unha selección de música negra do pasado 2014, en plan o mellor do ano para as Black Grooves. De primeiras nos fixemos os remolóns, pero finalmente fumos pensando en discos e discos e decidimos deixalo en 5.
Aínda que claro, había moitos máis, sobre todo jazz, pero nos teríamos perdido en reedicións e reedicións, así que desta vez pasamos do jazz.
Aquí tedes o noso top5 do universo Black Grooves 2014:
5
TONY ALLEN
"Film of Life"
(Jazz Village, 2014)
O incansable baterista de Fela Kuti segue a producir a un ritmo frenético. Neste último "Film of Life" fai algo así como unha adaptación do afrobeat ós novos tempos, influenciado polas súas últimas colaboracións, e moitos deles participan neste álbum. Abre con dous temas que canta el mesmo, en 'Movin On' por debaixo dos coros, contando a súa vida e dando gracias por todos etos anos, os cambios funk de 'Ewa', pero sobre todo me quedo con 'African Man' un estándar de afrobeat hipnótico. Xa lle gustaría a moitos facer discos así con mási de 70 anos.
4
LEE FIELDS
"Emma Jean"
(Truth and Soul Records, 20104)
Outro desos mitos na súa segunda xuventude. Dende o seu debut a finais dos 60's nunca parou, pero a súa carreira nunca estivo moi reoñecida. Artista incansable lanzando incontables 7'', estivo dende 1979 ata 1995 sen conseguir publicar ningún álbum, pero dende entón xa non parou, sobre todo na última década xunto con The Expressións, na que está a publicar os seus mellores traballos, desta vez sí, có recoñecemento de público e crítica. Este "Emma Jean" é un auténtico tobogán de sentimentos, dende a intensidade e o dramatismo do inicio ata as cotas máis funk, de ritmo e ata blues, que suben e baixan nuna secuencia perfecta. Discazo!!
WILLIAM ONYEABOR
"Box Set"
(Luaka Bop 2014)
Volvemos a Africa. William Onyeabor é un dos grandes mitos da música nixeriana, pola súa misteriosa historia, e polo adiantado da súa proposta musical, pero eso xa vo-lo contaremos outro día. Nestes últimos anos estase a recuperar a súa obra, coma o mini documental "Fantastic Man. A Film about William Onyeabor", dirixido por Jake Sumner para Noisey (ver documental aquí) ou recopilatorio "Who is William Onyeabor" (tamén de Luaka Bop, 2014 producido por David Byrne). Este "Box Set" reúne tódo-los seus álbumes que autoeditou entre 1977 e 1985, momento no que se convertíu ó cristianismo e abandonou a vida pública. Horas e horas de música, como diría un que eu me sei, menuda animalada!!!
2
THE BUTTSHAKERS
"Night Shift"
(Copasetic Disques, 2014)
Dos grandes triunfadores do ano nas nosas sesións das Black Grooves foron sen dúbida os franceses The Buttshakers. Despois do xa lonxano "Headaches and Heartaches" do 2010, e do ep do 2013 "Wicked Woman", a comezos do 2014 lanzaron o seu esperado segundo LP "Night Shift". 12 temazos de raw soul, rhythm'n'blues e funk de factura impecable, descaro groove e a potente voz de Ciara Thompson. Un imprescindible.
NAOMI SHELTON & The Gospel Queens
"Cold World"
(Daptone Records, 2014)
Cando falamos de Daptone Records, a maioría pensa inmediatamente en Charles Bradley e Sharon Jones, e esta última sería a candidata de moitos ó número#1 nunha lista coma esta, pero non! ese disco non nos parece para tanto, e non é por leva-la contraria, senón por que este "Cold World" nos parece infinitamente superior. Naomi Shelton é outra desas figuras veteranas recuperadas por Daptone na última década, media vida como Naomi Davis, non publicou ata a súa fichaxe con Daptone, xunto con The Gospel Queens, e tras media ducia de 7'' e o seu debut en longo no 2009, en 2014 chegou o seu segundo lp "Cold World" de alto compromiso social e maior fondo espiritual, dende a inicial 'Sinner' ata o final con 'Thank You, Lord' e 'Everybody Knows'. Un camiño dende o pecado ata a redención. Brillante!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario