Pois comezamos a resumi-lo 2014 cos mellores Momentos do Rif-Rock. Hai outros moitos momentos dos que non temos constancia gráfica ou que agora non lembramos, pero estos son os 7 que vos propoñemos. Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... como queirades. E por suposto si tedes outro, tamén. Tedes unha semana para facelo.
RIFROCKERZ EXPERIENCE Quén Matou a Brian Jones? (16 abril 2014)
Con algo de retraso arrancamos coa música en directo no Rif-Rock, e ademáis cunha cita moi especial. O retorno da RifRocKerZ Experience co seu show Quén matou a Brian Jones? Cos habituais Isidro Dozo, Karlos Abal, Kevi Aragunde e Piti González, e con Kike Barreiro que ó fin debutaba como frontman no Rif-Rock, nunha noite para homenaxear ós primeiros Rolling Stones, através da figura do malogrado Brian Jones.
Ó final non vos aclaramos nada do que lle pasou a Brian Jones, pero a estas altura xa é o de menos.THE SHARKNADOOS (21 xuño 2014)
A seguinte cita foi en xuño, xa para ir collendo ritmo para o programa do noso 15º Aniversario. Os protagonistas foron The Sharknadoos, no seu formato acústico, un trío cos xa habituais da casa David Falcón e Rubén Iglesias, que por fin nos presentaban o seu novo proxecto de forma oficial xunto coa impresionante voz de Andrea Area.
NORTHERN LIGHTS (concerto 15º Aniversario. 11 xullo 2014)
O Venres 11 de xullo arrancamos co programa do noso 15º Aniversario. Foi o turno de NORTHERN LIGHTS, un dúo que escolleu o Rif-Rock para o seu debut.
A Bruno e Mateo seguro que xa os ceñecíades de outras bandas, pero desta vez viñeron a presentarnos o seu novo proxecto en común: teclados, guitarra e voces. Ofreceronnos un par de versións, o 'Diamonds from the Inside' de Ben Harper, e o 'I'm Alive' de Tommy James & The Shondells en clave Don Fardon, e o resto do seu repertorio composto polos seus propios temas, e que por suposto tiveron que repetir uns cantos nos bises.
E imos co prato forte do noso 15º Aniversario.
Para o sábado 12 tiñamos ós BREAKIN' BONES!! Era a cuarta vez que visitaban o Rif-Rock, e neste 2014 tiñamos moi claro que queríamos o seu show para o noso aniversario, e unha vez máis nos puxeron tóda-las facilidades. Sempre lles damos as gracias por facer un oco na súa axenda para vir ao Rif-Rock, pero desta vez aínda con máis motivos.Dúas horas de puro espectáculo e enerxía, no seu formato acústico.
Xa vos dixen que son a miña banda favorita??.
6ª FESTA DO BIGOTE (3 agosto 2014)
Un ano máis puxemos a nota peluda para remata-la semana do Albariño. Todo un éxito de xente a 6ª Festa do Bigote, pero pouco aspirante serio este ano. Aquí tedes a cerimonia completa da entrega de premios. Aínda nos falta por subir o video cos mellores momentos da festa, pero vos prometemos que o faremos o antes posible.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE (27 de setembro e 22 de novembro).
Un dos titulares do 2014 no Rif-Rock sería sen dúbida o do retorno dos Even Flow Experience despois de moitos anos. E ademáis os tivemos por partida dobre. A primeira entrega o 27 de setembro, cando recuperaron moito do seu repertorio de anos atrás. A segunda foi o 22 de novembro, xa cun repertorio bastante renovado. Dous concertos para o recordo que nos levaron varios atrás, coma se o tempo non tivera pasado. No 2015 volverán...
NADAL SOUL (20 - 27 de decembro. Rif-Rock & Continental)
Unha programación conxunta entre o Rif-Rock e o Café Continental que resultou todo un éxito. Un par de datas con música en directo e outras tantas sesións adicadas á música negra.
No Rif-Rock tivemos o sábado 20 a The SHARKNADOOS en concerto, seguido da sesión de Michi Calambres dende a cabina.
No Rif-Rock tivemos o sábado 20 a The SHARKNADOOS en concerto, seguido da sesión de Michi Calambres dende a cabina.
Era o terceiro directo dos Sharknadoos no Rif-Rock, e a súa primeira ocasión como cuarteto, voz, guitarra, baixo e a incorporación de Jesus Caramés na percusión. No Continental o sábado 27 foi o turno de Nacho Pérez y Los Chacales. Dúas fins de semana estupendas, seguro que no 2015 repetimos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario