jueves, 8 de enero de 2015

5 discos do GZ Canibal 2014






Aquí están os nosos 5 favoritos do GZ Canibal do 2014:

5
TERBUTALINA
"A Muerte"
(Terbutalina, 2014)

E con esta xa van seis entregas dos Terbutalina.
"A Muerte" é outra colección de trallazos sen un segundo de concesión, con 10 temas en 15 minutos nos que non deixan títere con cabeza, nin a eles mesmos, sempre cumprindo co de hostias para todos. Compostela un auténtico himno deste ano (que bonita está...). 



4
PUMA PUMKU
"Is It in You?"
(Matapadre, 2014)

A finais de ano estreouse o lp de debut dos compostelanos Puma Pumku. "Is it in you?" ven sendo a continuidade perfecta do seu ep do ano pasado, do que inclúen tres dos seus catro temas neste Lp (deixan fora 'Outer Space is in us all'). Só con que lle metades unha escoita ó seis minutos de 'Twilight on the Mind' xa queredes facervos con el. 



3
NOVEDADES CARMINHA
"Juventud Infinita"
(Ernie, 2014)

Fíxose esperar varios meses pero en marzo ó fin chegou o novo álbum dos Novedades Carminha. Divertidos coma sempre e con moitos cambios no seu sonido, pero que con varias escoitas caes na conta de que no importante seguen soando coma sempre. Finalmente "Juventud Infinita" colouse entre os nosos favoritos do ano.



2
GUERRERA 
"Mauna Loa"
(Matapadre, 2014)

Segundo traballo de Guerrera despois da descarga do interesante "Under a Gypsy Sun" do ano pasado. Este ano presentáronnos "Mauna Loa", aínda máis centrado e con só dous temas de 18 minutos cada un, cara A e cara B. Son 'Montaña y Fuego' e 'Magma y Trueno'. Blues, stoner e psycodelia. Pura liserxia volcánica!!



1
THE LIMBOOS 
"Space Mambo"
(Penniman Records, 2014)

Un dos álbumes que máis agardábamos no ano pasado e superou con creces as nosas espectativas. Se pensabades que The Limboos eran un divertimento pasaxeiro, co lanzamento de "Space Mambo" xa teredes que tomalos moi en serio. Son 12 temas do seu rhythm'n'blues exótico, con aires a New Orleans pero sen deixar atrás guitarras crúas e algún momento máis garaxeiro.  Puro ritmo e factura impecable. Imposible deixar de bailar!!.



No hay comentarios: