Unha das gratas sorpresas que nos deixou o 2014 foi a continuación da mítica serie de recopilatorios "Back from the Grave" de Crypt Records, co seu volume 9. Supoño que non haberá ninguén que non os ceñeza, pero por si acaso...
"Back from the Grave" foi unha serie de recopilatorios que recollía o garage-punk máis crú da década dos 60s, creados e seleccionados por Tim Warren para o seu selo Crypt Records. Entre 1983 e 1992 publicaron 8 volumes desta serie, (sendo o 7º e 8º xa dobres vinilos) e dende 1994 comezaron coa reedición de todo o material en cd, aínda que reunindo os sete primeiros volumes en 4 cds, e deixando fora algúns temas deliberadamente. En todos estos anos se convertiron nunha desas series de recopilatorios de referencia, e agora máis de 20 anos despois, e cando xa ninguén o agardaba, retoman o traballo donde o deixaron, e publicaron o "Back from the Grave volume 9". Nesta ocasión recuperan 15 temas dos High Spirits, The Raevins, Lord Charles & The Prophets, Knoll Allen, The Emeralds, The Why-Nots... Fantástico!! e o mellor de todo é que para o próximo mes xa está anunciado a seguinte entrega...
V.A. "Back from the Grave. Volume 9"
(Crypt Records, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario