miércoles, 11 de enero de 2017

5 discos do Black Grooves 2016

Máis listas.
Aquí tedes os nosos cinco imprescindibles do Black Grooves do 2016:

5_SHIRLEY DAVIS & THE SILVERBACKS
"Black Rose"
(Tucxone Records, 2016)
No mesmo ano vimos a explosión de Shirley Davis, novas terribles, e o seu resurxir. Xunto con The Silverbacks firmaron este discazo para o selo madrileño Tucxone Records. "Black Rose" son 10 temas de r'n'b e soul de alto voltaxe, cunha rítmica impecable, sección de metais tremenda e a voz omnipresente de Shirley Davis. 'Black Rose', 'Two Worlds', 'My Universe' ou 'Vanity' son temas que non poderás deixar de poñer unha e outra vez. 




4_MARTHA HIGH 
"Singing for the Good Times"
(Blind Faith Records, 2016)
Outra boa nova é a segunda xuventude de Martha High. En abril deste ano volveu con "Singing for the Good Times" da man do selo italiano Blind Faith Records, e aínda que o título remita a nostalxia, é un discazo de soul e funk pensado para estes tempos, cunha factura impecable, e cun equilibrio perfecto entre o soul máis sentido de 'I Am a Woman', 'Learn on Me' ou 'Singing this Song', ou o máis luminoso de 'Always worth the pain' e 'I can't hold on', o r'n'b e funk de 'Lovelight' e 'The Hardest working woman', ou a enorme peza case blaxploitation 'Fire shut in my bones'. E de despedida 'For the Good Times' para rematar ben arriba. 



3_MICHAEL KIWANUKA 
"Love and Hate"
(Polydor, 2016)
O seu exitoso debut era unha pastelada no que realmente a expresión relixiosa estaba por encima da musica. Pero "Love and Hate" é outra cousa, dez temas entre os que atoparedes referencias a moitos xéneros, centrado no funk, no soul e no jazz vocal, pero tamén con curiosas evolucións do rock. Comeza co enorme increscendo de 'Cold Little Heart', e segue 'Black Man in a White', 'Falling', 'Rule the World' ou 'The Final Frame' son outros dos temas que non vos podedes perder, pero sobre todo 'Love and Hate' e 'One more Night' nos que atoparedes moitas referencias a Curtis Mayfield ou Stevie Wonder. Brillante.



2_MARTA REN & THE GROOVELVETS 
"Stop Look Listen"
(Record Kicks, 2016)
Marta Ren & The Groovelvets son unha espectacular banda funk de Oporto, e logo de tres 7'' nos últimos anos, lanzaron este impresionante debut "Stop Look Listen". Soul intenso, moita base r'n'b e sobre todo funk explosivo, que inclúen as caras As dos anteriores, e engaden outros oito pelotazos, dende a inicial 'Don't Look', 'Release Me', 'I'm Not your Regular Woman', 'It's Today', o blues de 'I'm Coming Home', ou 'Let's Talk about the kids'... Auténtico pelotazo dende Portugal!!.



1_CHARLES BRADLEY 
"Changes"
(Dunham / Daptone Records, 2016)
Era un dos discos máis agardados da tempada, e aínda superou as espectativas. O novo traballo de Charles Bradley para Daptone Records leva por título "Changes" e inclúe o 7'' que lanzara xa no 2013 polo Record Store Day, que contiña o propio tema 'Changes', unha versión dos mesmísimos Black Sabbath en clave soul, con The Budos Band como banda de acompañamento, e con aquela portada que emulaba ó propio single dos de Osbourne e compañía, e na cara b aparecía a tremenda 'Ain't It a Sin' desta vez xunto con The Bullets, que tamén aparece no álbum. Ademáis destes dous temazos xa coñecidos, cousas moi espirituais como a inicial 'God Bless America', a intensidade habitual en 'Good to be Back Home', 'Ain't Gonna Give it Up' ou 'Crazy for your Love', e a contundencia política en 'Change for the World'. Insuperable!.



No hay comentarios: