jueves, 19 de enero de 2017

Myles Sanko "Just Being Me"

Myles Sanko é unha das grandes referencias do neo-soul británico. 
Orixinario de Ghana, pero afincado no Reino Unido case toda a súa vida. Seguro que xa o coñecedes polo éxito de crítica dos seus anteriores traballos ou polas súas aparicións na prensa durante a súa xira do ano pasado pola peninsula ibérica, ou acompañando a Gregory Porter en moitas das súas datas europeas.
"Just Being Me" é o seu terceiro traballo (logo do EP "Born in Black and White" do 2013, e "Forever Dreaming" do 2014) e son once novos temas groovie soul, a maioría estrucutrados coma se fosen pezas de jazz, aínda que sen fuxir dunha cadencia do rap das bandas dos seus inicios, e incluso achegándose ao pop.
As súas principais influencias son Otis Redding, Marvin Gaye e Bill Whiters, pero sempre se manifesta contrario ao revivalismo practicado polas bandas da escudería Daptone por exemplo. 
Arranca coa intro de 'Freedom', 'Just Being Me' que da título ao álbum e  o meu favorito 'Promises', o máis funk, máis rhythm'n'blues, o máis dinámico do disco. En só tres pezas desprega unha versatilidade tremenda, trascendendo o jazz, o funk e o pop sen barreiras entre eles. Dende ahí máis voltas do mesmo, subindo de intensidade e incorporando máis elementos, coma no jazz coral de 'Land of Paradise', ou desnudándose no 'I belong to you' moito máis sinxelo, para volver a subir en 'Forget me Not'. Un álbum de amor, esperanza e política que remata de xeito coral co 'Empty Road'. Álbum recomendadísimo para os que vos guste o neo-soul británico, e o resto seguro que lle sacades moito partido, antes de volver a escoitar falar moito de Myles Sanko na suas próximas visitas. Avisados quedades.

Myles Sanko web.
MYLES SANKO "Just Being Me"
(Légére Recordings, 2016)



No hay comentarios: