Aquí tedes a lista de álbumes do 2016 según Munstaphá.
Seguro que vós tedes outros, así que comentade!!
Estes son os seus 10 do 2016:
Estes son os seus 10 do 2016:
10_THE MURLOCS
"Young Blindness"
(Flightless, 2016)
Os australianos The Murlocs, con membros dos King Gizzard & The Lizard Wizard e dos Frowning Clouds, lanzaron o seu segundo lp "Young Blindness" e seguen a mesma fórmula entre o garage, o rhythm'n'blues e a psychodelia máis divertida. 'Happy Face', 'Adolescence', 'Compensation' (co seu video perfecto para coller dor de cabeza, senón probade...), e a tremenda 'Wolf Creep', ou 'Reassurance'. Para ser unha banda paralela apuntan moi alto.
9_SWANS
"The Glowing Man"
(Young God Records/Mute, 2016)
"Young Blindness"
(Flightless, 2016)
Os australianos The Murlocs, con membros dos King Gizzard & The Lizard Wizard e dos Frowning Clouds, lanzaron o seu segundo lp "Young Blindness" e seguen a mesma fórmula entre o garage, o rhythm'n'blues e a psychodelia máis divertida. 'Happy Face', 'Adolescence', 'Compensation' (co seu video perfecto para coller dor de cabeza, senón probade...), e a tremenda 'Wolf Creep', ou 'Reassurance'. Para ser unha banda paralela apuntan moi alto.
"The Glowing Man"
(Young God Records/Mute, 2016)
Os Swans están a romper tódo-los moldes nesta segunda xuventude. "The Glowing Man" é outra obra xigantesca de post-rock, art-rock, no-wave e industrial, pero máis repousado que as anteriores entregas, con temas longos que van crecendo lentamente, densos e agónicos, outros de puro rítmo, e desta vez, non sempre explotan con violencia. Case dúas horas nas que hai de todo, e tan elaborado coma sempre, aínda que só apto para iniciados.
8_DAVID BOWIE
"Blackstar"
(Sony/Columbia, 2016)
Foi o primeiro álbum que vos comentamos no 2016, a despedida do mestre Bowie. Son sete temas de art-rock, jazz avant-garde e pop, coa descomunal 'Blackstar' como apertura, da que xa nos adiantara en videoclip en novembro, 'Lazarus' que foi tamén o videoclp escollido para o lanzamento o día antes da saída, 'Sue (or in a season of Crime)', que xa publicara coma single a finais do 2014, ou a divertidísima 'Tis a Pity She Was a Whore'. Unha despedida a altura do xenio.
"Nonagon Infinity"
(Flightless Records, 2016)
Os australianos KG&LW son unha das bandas máis en forma dos últimos anos, cun ritmo de publicacións envexable, e sempre facendo o que lles peta. Con "Nonagon Infinity", volveron ó garage psychodélico e descontrolado dos comezos. Temas densos con pistas e pistas de guitarras, menos distorsionados que nos anteriores traballos deste tipo, e máis melódicos, pero cunha velocidade, cambios de ritmo, e mesturas que aturden igual. Agora a esperar polo seguinte...
6_PARQUET COURTS
"Human Performance"
(Rough Trade, 2016)
Despois dos dous álbumes que publicaron no 2014, o único ep que lanzaron no 2015 soubo a moi pouco, por iso en abril volvimos a emocionarnos con este "Human Performances", o seu quinto LP, aínda que xa nos foron quentando con catro singles previos. Un álbum case bipolar, cunha cara A brillante atacando case tódo-los xéneros con descaro, e unha cara B aparentemente máis cohesionada. De seguir a este ritmo van a ser moi grandes.
5_NIGHT BEATS
"Who Sold my Generation"
(Heavenly Recordings, 2016)
Co seu terceiro lp "Who Sold my Generation", os Night Beats, confírmanse coma un dos referentes do garage psychodélico do momento. A pesar do cambio de baixista superan as dúbidas e amplían rexistros. Soan por suposto a The Seeds, a The 13th Floor Elevators, pero tamén a The Cramps, a The Stooges, e momentos freakbeat, e unha guitarra por veces incluso tex-mex. Imposible deixar de escoitalo, Contundentes e hipnóticos.
"Who Sold my Generation"
(Heavenly Recordings, 2016)
Co seu terceiro lp "Who Sold my Generation", os Night Beats, confírmanse coma un dos referentes do garage psychodélico do momento. A pesar do cambio de baixista superan as dúbidas e amplían rexistros. Soan por suposto a The Seeds, a The 13th Floor Elevators, pero tamén a The Cramps, a The Stooges, e momentos freakbeat, e unha guitarra por veces incluso tex-mex. Imposible deixar de escoitalo, Contundentes e hipnóticos.
4_THE MYSTERY LIGHTS
"The Mystery Lights"
(Wick Records / Daptone, 2016)
The Mystery Lights convertéronse nunha das sensacións do ano. Son un quinteto de New York, e lanzaron o seu debut a través de Wick Records, subselo de Daptone. A súa única referencia anterior é un 7'' de finais do ano pasado con 'Too Many Girls' e 'Too tought to Bear', que se inclúen agora no álbum. Garage psychodélico, moi melódico, moi lo-fi, e moi cheo de matices por todas partes. Desta vez con 'Follow me Home' como single de presentación, atacan por case tódo-los paus, con 'Without Me', 'Melt' ou '21 and Counting' ata pechar coa fantástica 'What Happens...'. O debut do ano!!
3_CHARLES BRADLEY
"Changes"
(Daptone Records, 2016)
"Changes" tiña que estar en todas partes. O novo traballo de Charles Bradley para Daptone Records, foi un dos pelotazos do ano. Inclúe o 7'' que lanzara xa no 2013 co propio tema 'Changes' (unha versión dos mesmísimos Black Sabbath en clave soul) con The Budos Band como banda de acompañamento, e con aquela portada que emulaba ó propio single dos de Osbourne e compañía, e na cara b aparecía a tremenda 'Ain't It a Sin' desta vez xunto con The Bullets, que tamén aparece no álbum, e ademáis é do mellor que lle teño escoitado. Ademáis destes dous temazos xa coñecidos, cousas moi espirituais como a inicial 'God Bless America', a intensidade habitual en 'Good to be Back Home', 'Ain't Gonna Give it Up' ou 'Crazy for your Love', e a contundencia política en 'Change for the World'. Discazo!
2_PJ HARVEY
"The Hope Six Demolition Project"
(Island Records, 2016)
Con cada novo traballo de PJ Harvey párase o mundo. "The Hope Six Demolition Project" e outro álbum moi comprometido socialmente, e que tamén continúa a estela de "Let England Shake" no musical. Está inspirado en viaxes por Afganistán, Kosovo e tamén polos USA acompañando ó fotografo irlandés Seamus Murphy, e as letras máis punzantes se adican a Washington DC, tras visitas nun dos seus distritos máis desfavorecidos. Pop intenso coma nos seus últimos traballos, moi folk, con toques de psychodelia e bases de jazz, no que os coros e as voces dobradas teñen un protagonismo especial, en once temas que non teñen desperdicio. Un álbum para escoitar de tirón unha e outra vez, e darlle voltas e máis voltas. Let's Wade in the Water!.
1_NICK WATERHOUSE
"Never Twice"
(Innovative Leisure, 2016)
Outro disco perfecto de Nick Waterhouse!. "Never Twice", é o seu terceiro álbum, máis potente, máis completo, e aínda que non o creades, máis divertido ca nunca!.
Dez novos temas de rhythm'n'blues cada vez máis ricos en matices. 'It's Time', e 'I Had some Money (but I spent it)' continúan a liña dos anteriores, pero aínda con máis pegada. Con 'Straight Love Affaire' 'L.A. Turnaround' e 'Tracy' lévanos directamente ao pasado con melodías que identificaredes con ducias de cousas diferentes en cada un deles, a divertidísima 'The old Place' co seu ritmo de latin fever, e impresionante 'Katchi' na que conta coa colaboración de Leon Bridges. O mellor que escoitamos este ano. Imprescindible!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario