jueves, 19 de enero de 2017

Sun God Replica "Grandular Fever"

O 2016 tamén nos deixou novo traballo dunha das nosas bandas australianas favoritas. Sun God Replica lanzaron este "Grandular Fever", o seu terceiro traballo (ademáis da edición deluxe que lanzou aquí Grabaciones de Impacto, ver neste blog), e posiblemente sexa o seu mellor álbum ata o de agora.
Hard rock psichodélico, con eses temas de estructuras complexas que resolven a guitarrazo limpo e cunha rítmica troglodita que se equilibran á perfección cunhas melodías de pop 60s que os fai únicos.
"Grandular Fever" son 12 novos temas, que arrancan coa alucinada 'Blow your Mind', segue coa setentera 'Judgement Day', 'Celestial Building block' en plan rock cósmico, o high energy de 'Watch and Destroy', o blues punk de 'Jesus Got Talent', e de remate a fantástica 'Evolution's Waiting'. Outra animalada deste power trio. Recomendadísimo!!

SUN GOD REPLICA "Grandular Fever"
(Spooky Records, 2016)



No hay comentarios: