En xullo do 2017 o Rif-Rock cumpre 18 anos. Dezaoito!!!
Este ano, por problemas de axenda, teremos un programa máis reducido ca noutras ocasións, pero tentaremos meter as demáis propostas nos próximos meses.
Aquí tedes o que vos temos preparado para a os días 7 e 8 de xullo:
Venres 7 de Xullo:
PTOOFF & Bimba POP! Sesión Cumpreanos Total!! Con cous dos habituais da nosa cabina que tamén estarán ese fin de semana de celebracións. Un man a man que seguro será tremendo.
Sábado 8 de Xullo:
LOS KING KONGS en directo dende as 23:45h.
Non podía faltar a música en directo, e como cada ano presentámosvos un show único. Los King Kongs son outra posta en escea dos irmáns Lorre (Dead Wood, Wavy Gravies, Family Folks...) que atacan de novo acompañados polo contrabaixo psychobilly de Koko (Breakin' Bones, Pegas Negras), para ofrecernos un concerto de repertorio exclusivo con clásicos do rock máis primitivo e moitos temas propios. Espectáculo garantizado!! E para rematar a noite o noso gurú MICHI CALAMBRES tomará os mandos da cabina, para outra das súas inesquecibles sesións.
Hai un par de meses anunciouse a retirada dunha das bandas máis interesantes dos últimos anos. Matthew Melton, o frontman dos Warm Soda anunciaban a disolución da banda, para adicarse a outros proxectos, pero entregando un último traballo de despedida: "I don't wanna grow up". Outra xoia de power pop garagero, desenfadado e sen ningún tipo de complexos. Coma sempre, temas divertidos de dous minutos escasos, baixo, batería e moitas guitarras sempre ao servicio das melodías.
Unha mágoa este final, pero xa lles gustaría a moitos poder despedirse desta maneira. 'Don't Stop Now', 'Tell me your story' ou 'This changes everything' que xa quedan para a historia. De paso xa recomendamos que vos fagades cos seus catro álbumes e o puñado de singles que deixan.
A carreira dos CAN foi tan bestial coma irregular. Foron seguramente o maior referente do kraut rock xermano dos 70s, cambiaron para sempre moitos parámetros da psychodelia, do avantgarde e da experimentación, e foron fundamentais na transición aos post-todo dos 80s e adiantados de moitas propostas dos 90s. Deixaron unha inmensa colección de temas pero sobre todo foron transgresores no conceptos musicais, como banda e como colectivo, no musical adaptando as propostas de Stockhausen, e no político coma exemplo de comuna política expresada a través da música (nunca está de máis lembrar que o nome da banda ven do acrónimo Communism-Anarchism-Nihilism). Viviron cambios trascendentais na súa formación, tiveron intentos fallidos de rexenerarse, e en medio deixaron un dos mellores álbumes da historia: o "Tago Mago" de 1971 que os levou a eternidade.
Cunha carreira tan longa e prolífica é lóxico que xeneraran ducias de recopilatorios. As únicas que mereceron o meu interés foron as que recollían temas inéditos, sobre todo a monumental colección dos "Lost Tapes" de 2012.
A mediados de mes lanzouse unha nova colección plantexada coma nunca antes os viramos: "CAN, The Singles" recolle os temas de tódo-los seus 7'', todas esas pezas dispersas en edicións de pequeno formato que habitualmente non asociamos con esta banda. Comeza con 'Soul Desert' e 'She brings the Rain', o que fora o seu primeiro 7'' en 1969, con mostras de toda a súa polivalencia sonora. A selección discurre cronolóxicamente ata rematar coa súa época menos afortunada con 'Can Can' publicado en 1980, e aínda inclúen o seu último lanzamento 'Hoolah Hoolah' de 1990 que foi a súa incursión na música electrónica nun momento no que a continuidade da banda realmente non tiña demasiado sentido. Un dos principais atractivos é precisamente atopar moitos deses temas menores aos que habitualmente non se lles presta a misma atención durante a súa primeira etapa. Por exemplo 'Turtles Have Short Legs' que aparecía coma single en 1971 e nunca foi incluído na súa versión de estudio en ningún álbum. Na cara B dalquel single se incluía unha versión editada de 3 minutos e medio da inmensa 'Halleluwah' (que no album son 18 minutos) igual que ocurre con 'Dizzy Dizzy' ou 'Future Days', pero iso é o que teñen os singles, un tempo moi limitado. Ahí están tamén temas imprescindibles coma 'Mushroom' ou 'Moonshake'. Un traballo perfecto para os que queiran comezar a adentrarse no universo dos CAN, e útil para os que queremos completar ocos das nosas coleccións.
Hoxe recomendámosvos o novo lanzamento de editora Errata Naturae, sempre acertados na súa atención aos fenómenos máis actuais: "Wonder Woman. El fenimismo como Superpoder". A autora é Elisa McCausland, xornalista especializada en cultura popular, que ademáis tamén inclúe artigos de Joanne Edgar, ensaios de Jill Lepore y Trina Robbins, guionistas , debuxantes e coa participación da neta do creados do persoaxe. A edición conta tamén coas ilustracións de Carla Berrocal e Natacha Bustos. Atoparedes un interesante reportaxe e entrevista coa autora no Tentaciones de El País de hoxe mesmo.
Wonder Woman, creada en 1941 por William Moulton Marston, es uno de los personajes de tebeo más célebres de todos los tiempos. Pero, además, representa como ningún otro los superpoderes de un feminismo que se alza desde el propio territorio de la cultura popular y sus códigos. Este libro hace justicia a estos dos aspectos de la amazona —que resultan indisociables— a través de un relato que nos lleva por sus sucesivas etapas, o vidas, como criatura de ficción, así como sus sinergias y entrecruzamientos con las mujeres activistas de los siglos XX y XXI. Todo ello sin olvidar la propia relevancia del personaje en la historia del cómic, la televisión y el cine, al igual que su condición de marca e icono cultural y político.
Desde que comenzara su publicación hace más de setenta y cinco años, Wonder Woman se ha convertido en reflejo de nuestras imperfecciones, de nuestros sueños y de nuestro propio potencial para subvertir los patrones sociales establecidos. Aquí se halla el núcleo y la fuerza de este libro, que cuenta además con ilustraciones de Carla Berrocal y Natacha Bustos, y con los testimonios exclusivos de figuras íntimamente ligadas al universo Wonder Woman, como la periodista y activista Joanne Edgar, las ensayistas Jill Lepore y Trina Robbins, los guionistas Greg Rucka y Phil Jimenez, la dibujante y también guionista Renae De Liz, y la nieta del creador del personaje, Christie Marston.
Recomendacións de álbumes para esta semana, e comezamos con producto da terra. Das cinzas dos tremendos Unicornibot naceron Diola. Xa vos recomendamos o seu ep de presentación no 2015 (ver entrada). Agora por fin lanzan o seu primeiro lp da man do mítico selo B-Core.
Manteñen moito da esencia dos Unicornibot, pero non é o mesmo. Math rock como base e moitas evolucións de post-hardcore en tóda-las direccións, distorsión e programacións electrónicas, e letras sinxelas e diversidas que se repiten coma mantras.
O seu debut en longo chámase sinxelamente "Diola", e son 10 temas con toda-las súas propostas e un auténtico tobogán e ritmos e cambios. 'Riñones' a explosividade de 'No lo sé', a progresión de 'Charo', os ritmos máis bailongos de 'Sábado' e 'New Wave' coas súas referencias afrokraut, o 'Math' de manual e para rematar 'La Gozadera'. Nin un segundo de aburrimento con esta xente.
O novo álbum dos Buttertones, dende Los Ángeles. Unha banda que actualiza o garage e o psychobilly con moitas influencias dos 80s e que están a ser unha das sensacións do que vai de ano.
Debutaron no 2013 co seu álbum homónimo, máis orientado o garage de baixa fidelidade, de psychodelia lenta e boas melodías. Tras varios 7''s volven ao formato longo co seu segundo álbum, no que manteñen todo o bó dos traballo previos, pero mudando moito a súa proposta, agora a súa referencia principal son The Cramps, e o seu son se achega ao psychobilly e o garage, con múltiples infuencias de revival post punk dos 80s (sobre todo nas melodías), a música surf máis terrorífica e o western. De mostra 'Sadie's a Sadist' ou a propia 'Gravedigging'.
Unha mestura explosiva que funciona ás mil marabillas!!
Este mes ven de publicarse esta biografía novelada de Lon Chaney pola editorial Notorious. Unha obra a cabalo entre o relato, a biografía e a ilustración, todo a cargo do debuxante José Ramón Sánchez, que fora recoñecido polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional de Ilustración no 2014 por toda a súa carreira. Aos seus 80 anos aínda lle queda corda para traballar, e aquí temos o seu último traballo, unha biografía en máis de 400 páxinas dun dos grandes outsiders do cinema Lon Chaney, o home das mil caras, xenio da transformación e figura fundamental dos inicios do cinema de terror dos anos 10s e 20s.
Hai moito tempo que deixamos de seguir a Josh Homme en calqueira do seus proxectos, incluso entro en pánico ante calquer disco baixo a súa produción. Pero esta semana picou a miña curiosidade escoitar o adianto do novo álbum dos Queens of the Stone Age, coa producción de Mark Ronson (!!???). Alguén debeu pensar... ¿Que podía sair mal de todo esto?. O tema é 'The Way You Used to Do', e pertence ao álbum "Villains" con saída o 25 de agosto. A ver que vos parece...
A semana pasada xa vos adiantamos o novo álbum dos Traveti Afgano, e dende entón levamos días dándolle voltas e non podemos soltalo. "Nos Vale Madre" é un discazo de post-punk garagero no que reventan tódo-lo parámetros do revival. Son 13 temas con letras que son un puto delirio, e nas que non deixan títere con cabeza, dende o himno foilanista, Guardiola, ou a historia d novo Nelson Maldela.
Se vos gustou o primeiro, preparádevos porque este é moito máis consistente no musical e ainda máis divertido que o seu debut. Aquel "Jefes de Julais" recollía pezas elaboradas durante máis tempo e coa formación en crecemento. Xa estabilizados como cuarteto este "Nos Vale Madre" é un auténtico discazo que non vos podedes perder. Está editado en colaboración de cinco selos: Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales, Producciones Esporádicas e a Droguería La Camelia de Portonovo. A cara A preséntase máis homoxénea, abren con 'Brillet', 'Bauhaus Tendencia Mundial' un post punk de manual cun órgano denso que lle da ese toque de revival sixtie tan fantástico, para unha historia delirante, atoparedes máis cousas nazis na versión dos Angry Samoans 'La Polla de Hitler' no final da mesma cara. Rompen ese equilibrio con 'Humberto Anido', unha desas xenialidades de idiomas inventados polo Sr. Anido, ou o festival de berridos e arranxos de 'Bolchevismo'.
Para a cara B nos deixan unha secuencia moito máis variada con continuos cambios de velocidade que son unha auténtica xenialidade. Comezan coa lánguida 'Golden Apples' (versión dos enormes Country Teasers) convertida na historia da banda máis cool do underground, 'Salto en la línea sucesoria' que xa se postula coma himno do froilanismo, 'Engendro del Mar', a autoafirmación de 'Non', e o surf terrorífico de 'Mars or Astromars' de influencia máis que evidente, os cambios de 'Nuevo Mandela' que me parece o auténtico pelotazo do disco, e que debería ser dende xa a canción do verán (a salvación virá dun Nelson Maldela nacido en Burela), e para rematar a futbolera 'Tiqui Traca'. Tremendas unha detrás de outra, se te despistas perdes a metade. Discazo recomendadísimo!
TRAVESTI AFGANO "Nos Vale Madre"
(Mama Vynila Records / Discos Anormales / Producciones Esporádicas /
Levábamos moitos anos sen novo material de Jason Loewenstein. Logo das idas e voltas dos Sebadoh e da súa incorporación aos Fiery Furnaces, dende aquel fantástico debut en solitario no 2002 con "At Sixes and Sevens" somentes lanzou unha colección dixital e diversas edicións con compilacións de grabacións caseiras a medio terminar.
Despois de 15 anos chega ao fin un álbum novo. "Spooky Action" son 13 novos temas, supoñemos que a maioría elaborados ao largos de moitos anos. Son temas de como Loewenstein entendía o rock alternativo nos 90s, e como segue a facelo, de como sempre debeu ser. 'The One', 'Navigate', 'Machinery' ou 'New Rocker' nos devolven directamente a aquel son dos Sebadoh máis elaborados, con rítmicas imposibles, melodías perfectas e guitarras de outra época. Un xenio que está de volta.
Xa temos aquí a cuarta referencia dos cracks de Pantera e Iribarne Producións. Trátase do 7'' de presentación dos LAMPREA EXPLOSIVA. Un dúo vigués que recrean a mellor tradicion do punk e do hardcore da vella escola.
"Brulio" é o seu primeiro traballo, temas en galego, con letras comprometidas e super divertidas, e además a toda hostia, como debe ser. Chegan a meter ata oito cortes no single incluído un intermedio antes do bonus track! Eu quédome con 'Kronstadt', 'Pemento', 'Ollomol' e 'Mayeusis', pero teredes que escoitalo todo con atención porque se te despistas xa te perdes a metade.
Atoparedes dúas edicións. Unha en vinilo vermello transparente de 250 copias numeradas, e coma sempre outra tirada especial de só 100 unidades en vinilo negro e cun (atención!!) ambientador para o coche incluído!! Tremendos!!
Dende a semana pasada xa os temos dispoñibles no Rif-Rock, así que apurade a facervos coa voa copia porque voan.
Para máis info, envíos etc... escribide a panteraeiribarne@gmail.com.
A comezos de ano os Moon Duo lanzaban a primeira entrega de 'Occult Architecture', un álbum máis escuro do habitual na súa liña e con moitas referencias as bandas da dark wave dos 80s.
O mes pasado lanzaron a continuación: "Occult Architecture, Vol.2" e nesta segunda entrega empregan tódo-los seus recursos para facer algo distinto, o primeiro presentouse como unha mazmorra, e este coma un palacio de cristal. Así a tormenta de kraut, shoegaze, space rock e psychodelia se emprega para facer un álbum optimista e luminoso, formando dous álbumes complementarios que deberían funcionar coma opostos perfectos.
'New Dawn' abre esta entrega con tódo-los elementos más recoñecibles da banda, densidade, melodías, capas, e dende aquí todo vai mudando. 'Mirror's Edge' un tema de base kraut, que se queda en bucle, e que parece incluso inspirada en moitas evolucións propias do Madchester máis festeiro.
'Sevens' e 'Lost in Light' son a propostas máis optimistas do álbum, con tódo-los elementos de sempre, pero con melodías máis amables e as harmonías moi fluídas, e uns coros para rematar o tema que son todo paz. Para rematar 'Crystal World', un instrumental de dez minutos que xoga coa rítmica e os sintes ambientais.
Sempre quedamos con gañas de máis. Un álbum extrañamente relaxante.
Ian Svenonius en directo no Liceo Mutante de Pontevedra.
Xa sabedes que Ian Svenonius é unha das nosas debilidades, coa súa longa traxectoria en bandas e proxectos coma Nation Of Ulysses, The Make-Up, Chain & The Gang, David Candy, Weird War ou Cupid Car Club, además da súa faceta de escritor que tamén vos recomendamos neste blog.
Escape-Ism é a súa última proposta en solitario, co que propón un achegamento diferente ao rock baseado na voz, guitarra, caixas de ritmos e fuzz, unha pureza de forma moi lonxe do concepto típico de banda.
Esta será a súa única data en Galicia.
Ademáis completan o programa Rita Braga e a Nova Orquesta Mollabao.
O seu segundo traballo é "Nos Vale Madre", e está publicado en colaboración de ata cinco selos: Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales, Producciones Esporádicas e a Droguería La Camelia de Portonovo. Sae oficialmente o próximo 23 de xuño, pero xa nos deixaron unha pequena remesa no Rif-Rock para que non quededes sen el, e a un precio de escándalo!! Nas próximas semanas xa vos faremos a reseña en condicións, pero podemos adiantarvos que toda a cara b é un auténtico espectaculo.
Mentres tanto, se podedes velos na xira de presentación, non vo-los perdades.
Alfonso Espiño é un clasico da escea compostelana, dende os anos 90s formando parte de Los Contrastes, os enormes Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales e recentemente con Los Linces, ou outros proxectos en formato acústico, agora lanza un proxecto máis persoal, que foi medrando dende a proposta en solitario ata conformar un banda estable.
O debut de ESPIÑO chámase sinxelamente "I", un mini álbum, con seis temas propios, todos en galego nos que desprega a súa paixón polo beat e a psychodelia 60s, con complexos arranxos de vento e corda que aportan ese toque barroco que moi poucos saben compaxinar coas melodías pop.
Arranca con 'Rebobina', pura melodía, coros e todos eses arranxos que comentamos para entrar directamente en materia e sen preámbulos no seu universo sonoro, 'Sen dúbida Florinda' o sarcasmo máis enérxico do álbum, logo chega o momento máis pausado e íntimo de 'O dourado danzar', e os lisérxicos sete minutazos da onírica 'Louro' que continúan coa divertida e inquedante 'Ovnis sobre o Val do Dubra' na que relata un feito real dos anos 80. Para rematar con 'Engaiolante Enfeitizante', e deixarnos con gañas de máis. O traballo é resultado do premio no certame do Galicia Creativa do ano pasado, coa producción de Alfonso e Espiño e Gerardo Amigo, acompañado por Alexandro González nos teclados, Brais Sánchez coas guitarra eléctricas, e Curro Marcos á batería, ademáis das colaboración de Álvaro Crego nos metais e Quim Fariña ós violíns. Polo momento só dispoñible nun fermoso digipak, pero sabemos que pronto sairá en vinilo con un tema extra moi especial. Recomendamos a entrevista en Mondosonoro publicada a semana pasada. Mentres tanto, buscádeo en directo! Esta mesma noite tedes a ocasión na Sala Riquela de Compostela.
Os King Gizzard & the Lizard Wizard prometeron cinco álbumes para este 2017, e a estas alturas de ano aínda agardamos polo segundo, pero sabemos do que son capaces... Xa temos o adianto do seguinte, que levará por título "Murder of the Universe" con data de saída o próximo 23 de xuño e será o seu décimo álbum de estudio. Trátase dun traballo conceptual con 21 temas divididos en tres capítulos, do que xa coñecemos o final, 'Chapter 3: Han-Tyumi & The Murder Of The Universe' con 13 minutos repartidos en 6 cortes. Faltan tres semanas...
Nestes días moito se ten escrito do Sgt. Pepper's dos Beatles, lóxico cando un álbum desta repercursión cumpre 50 anos, un auténtico superventas no seu tempo e que coninuou sendoo case por sempre. Pero estas cuestións non o convirten nun gran álbum no musical, nin como temos visto nestes días nalgúns medios calificándoo coma o 'mellor album de rock da historia'. En realidade non é nin o mellor álbum dos Beatles daquel ano. En novembro lanzaban o "Magical Mystety Tour", un dobre ep no seu formato orixinal, de menor repercusión comercial no momento (pero que tamén foi un auténtico pelotazo, coma tódo-los seus discos), e considerado ás veces como unha obra menor por tratarse da banda sonora da película do mesmo nome, aínda que con temas igual de exitosos e, alomenos máis arriscado no musical, con tema instrumental incluído.
O aniversario do Sgt. Peppers deu para moitas parrafadas nestes días, así que ahí van unhas cantas opinións do asunto: O pop barroco da propia 'Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band' e a súa versión repise cara o final, xunto coa despedida de 'A Day in the Life' (sen dúbida a mellor peza do álbum) son o realmente salientable no musical. Porque por moi coñecidas que sexan 'Lucy in the sky with diamonds' ou 'With a little help from my friends' non as convirten en grandes cancións. Efectivas por suposto, xa que quedaron para sempre no imaxinario popular, pero moi alonxadas da sofisticación musical e da efervescencia de ideas da época. E menos ainda cando o que habitualmente se reivindica é a proposta transgresora da banda nesta época. Se falamos de 'Lovely Rita', 'When I'm Sixty-Four' ou 'Fixing a Hole' o que temos é unha colección de ñoñadas simplonas con dous efectos de producción e nada máis, en definitiva, un álbum moi frouxo. Ahí queda iso. É o que acontece cando un fenómeno se sobredimensiona, e termina por confundirse o éxito comercial dun producto coa súa calidade, máis aínda no seu contexto de 1967. A súa gran difusión e aceptación popular está fora de toda dúbida, así como a súa contribución fundamental á expansión do fenómeno POP por todo o planeta, pero eso non o convierte, nin tan sequera, nun dos mellores álbumes da banda de Liverpool. Así de sinxelo.
O que sí foi icónico deste álbum foi a súa portada. Un collage obra de Peter Blake que dende entón se converteu en eterno. Como se trata dunha portada dos Beatles, o marketing e a propaganda tamén se empeña en decir que é a primeira portada da historia da música que non reproduce unha sinxela foto do grupo e nada máis, o cal tampouco é certo. Tanto en 1966 coma moitos dos grandes álbumes lanzados a comezos do 67 se adiantaron a esas propostas estéticas. Álbumes icónicos coma os da Velvet Underground, Beach Boys, The 13th Floor Elevators ou os Grateful Dead entre outros se lanzaron á propostas estéticas da cultura pop, o swinging london e á psychodelia antes que os Beatles, pero o marketing é así, cando funciona dura máis de 50 anos.
Pero eso non resta importancia ao traballo de Blake, recoñecido artista pop dende os anos 50s, polos seus collages e as súas dianas. Pero o éxito do seu traballo para os Beatles comeuse para sempre todo o seu traballo, convertíndose nunha das portadas máis famosas da historia, e porque non, nunha das obras do deseño máis recoñecibles para a eternidade. A portada é un collage feito con fotos a tamaño real, na que acompañan aos Beatles figuras insignes da cultura da época e figuras relevantes da sociedade británica dun pasado recente. Ahí aparecen escritores coma Edgar Allan Poe, Oscar Wilde ou Lewis Carroll, actrices coma Shirley Temple ou Marilyn Monroe, e iconos recentes coma Karl Marx ou Sigmund Freud, tamén aparece Bob Dylan, e Stuart Sutcliffe (que formara parte da banda nos inicios), ademáis de Sir Robert Peel (influínte ministro británico do século XIX) e personalidades relevantes da filosofía como Aldous Huxley, o mistico hindú Sri Yukteswar Giri, ou o influínte ocultista Aleister Crowley. Ademáis de algúns famosos da época que se negaron a aparecer retratados, ou foron retirados segundo avanzaban as sesións, e incluso a lenda di que finalmente tamén retiraron as figuras de Gandhi, Hitler ou Xesuscristo.
A portada foi tan icónica que foi versionada en numerosas ocasións, a primeira xa o ao ano seguinte para a portada do sarcástico "We're Only in It for the Money" de Frank Zappa & The Mothers of Invention lanzado en marzo do 68. Pero a miña favorita é a realizada en 1989 polos Thee Mighty Caesars de Billy Childish, que servía de portada para o "John Lennon's Corpse Revisited". Pero esa xa é outra historia...
Os míticos Wau y Los Arrrghs!!! separánronse hai cousa de un ano logo dunha xira americana. Pero unha banda coma esa merecía unha despedida de outro nivel, na súa casa e con tódo-los seus amigos e incondicionais. A cita escollida foi o Surforama de Valencia o pasado 18 de maio.
Os de Slovenly Recordings montaron un pequeno video desa actuación para o recordo con 'Rey de Tablistas' (ver entrada aquí). Non sabemos se volverán algún día, oxalá!, pero alomenos nos queda a súa discografía e os seus delirantes concertos da mellor banda de garage do estado.
E lembrade sempre, No se dice Adios, se dice a Link Wray...